Fernández Paz, proposto para Doutor honoris causa

O pasado día 20 de xuño, o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo acordou por unanimidade aprobar a proposta de nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor honoris causa en Filoloxía Galega por dita universidade.

Esta proposta tivo a súa orixe nun pedimento expreso da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), por medio dunha carta asinada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Mercedes Queixas Zas solicitando este título honorífico para o autor de textos como Non hai noite tan longa ou O único que queda é o amor.