Ser nena no Senegal
Moolaadé (Ousmane Sembene, 2004)
Como cheguei a Moolaadé.
No ano 2009 publiquei a miña novela Lúa do Senegal. Foi un dos libros sobre os que máis, e durante máis tempo, me documentei. Non lembro cando iniciei o proceso, para o caso tanto ten, mais si direi que era imprescindible. Se ía contar unha historia que, en boa medida, se desenvolvía no Senegal, tiña que enchouparme da súa realidade.
Recorrín a canto recurso puiden: conversas con persoas que estiveran aló, libros descritivos e sociolóxicos (que bo, Senegaleses en España!) e tamén libros de ficción. E, xaora, diversas web, moita música, documentais e películas. Películas que me achegasen á realidade senegalesa, a ese ambiente e eses detalles que só o cine nos pode dar.
Martin Pawley foi quen me facilitou un bo lote de películas, a maioría de moito interese. Mais a que me deixou impresionado, con diferenza, foi Moolaadé, a película que Ousmane Sembene realizou no ano 2004. Un director senegalés ao que pertencen estas palabras:
«O meu público é África; Occidente e o resto son mercados. Ademais, quero manter a miña estética o máis achegada posible á narrativa oral tradicional dos nosos países, razón pola que non uso nunca métodos tomados de Hollywood ou do cine europeo. A miña meta, e espero lograla, é crear unha linguaxe fílmica africana.»
O cine de Ousmane Sembene.
Cando me puxen a saber máis sobre este director, considerado o pai do cine africano, sentín que as pezas comezaban a encaixar. Porque este home nacera na cidade de Ziguinchor, a maior da Casamance; e Ziguinchor era, precisamente, o lugar onde eu decidira situar a Khoedi, a miña protagonista. O de ambientala na Casamance non era azaroso: trátase de parte sur do Senegal, moi diferente do resto do Estado, con idioma propio e onde aínda están presentes as crenzas animistas. Pero esta historia queda para outra ocasión.
Hoxe quero falar de Moolaadé, unha película das grandes, malia a escaseza de medios de que dispuña Ousmane Sembene. Cine comprometido, cine didáctico, cine sinxelo e profundo a un tempo. Cine enraizado na sociedade senegalesa e, por iso, abertamente universal. E cine valente, pois trata un tema central en toda a África subsahariana: o bárbaro costume da mutilación xenital que aínda se lle segue a practicar a milleiros de nenas.
Esta película é a ideal para achegarse ao cine de Ousmane Sembene, autor doutras películas de grande interese e, tamén, dunha obra literaria da que en galego temos unha mostra, O xiro postal. O prólogo deste libro, “Dickens en Senegal: a vida e a obra de Ousmane Sèmbene”, escrito por Martin Pawley, magnífico coñecedor da obra do senegalés, achéganos con eficacia á biografía e á obra deste home comprometido con África.
Un filme inesquecible
 O argumento da película é sinxelo e directo, as cargas de profundidade irán aparecendo ao longo dela. Sucede nunha vila pequena do interior do Senegal, a película está falada en bambara, a lingua falada na zona. Alí vive unha muller, Collé Ardo, que no seu día non permitiu que a súa filla fose sometida á ablación. Cando chega o tempo en que, como cada ano, se inicia un ritual coas nenas que van sufrir a mutilación, catro delas foxen e piden amparo na casa de Collé Ardo. E ela váillelo dar, 
invocando un costume ancestral: o respecto ao moolaadé, que garante o dereito a dar esa protección.
Collé Ardo sabe ao que se arrisca, pois coa súa actitude vaise opoñer ás autoridades da vila, ás encargadas do sanguento ritual, ás outras mulleres… A partir de aquí, contar máis sería estragarlle a película a quen aínda non a viu. Un filme admirable, exemplar e divertido.
A película está distribuída en España por Golem e Cameo Media. E pode verse on line en Filmin. Se de min dependese, non quedaría centro educativo onde non se pasase, sobre todo agora que se achega o 8 de marzo. A súa vertente didáctica é riquísima. Como escribiu Lisa Schwarzbaum, a propósito de Moolaadé (premiada en Cannes no ano 2004), «unha obra mestra así ten potencial suficiente para cambiar o mundo».
Aquí pode verse a película enteira, na versión orixinal en bambara, unha das linguas do Senegal:




No ano 1977, a miña dona e mais eu viviamos en Gernika, onde dabamos clase no Colexio Público “Allende Salazar” e, pola noite, iamos á ikastola a aprender os rudimentos do eusquera. Aquel ano apareceu un disco extraordinario, que mercamos decontado. O malo foi que, como alí non tiñamos tocadiscos, en vez do LP mercamos unha daquelas antigas cintas de casete, que escoitabamos no sinxelo reprodutor que tiñamos e que, inevitablemente, acabou estragándose co transcorrer dos anos.
Non pretendo comentar aquí a importancia que 
Para rematar: hai poucos meses, editouse o disco 
Lin este libro no 
Lin Sombra do aire na herba na edición que Galaxia publicara en 1959, da que reproduzo aquí a portada. E lino coa sensación de descubrir un tesouro agochado, un froito clandestino, un deses libros ao alcance só duns poucos iniciados.
Logo botábaos
Rosa Parks tiña corenta e dous anos en 1955 e residía en Montgomery (Alabama), onde traballaba de costureira. O día 1 de decembro dese ano, esta muller negouse a lle ceder o seu asento a un home branco que ía de pé no mesmo autobús ca ela, o que motivou que fose encarcerada baixo a acusación de “perturbar a orde”. Eran os anos en que as vergoñentas leis de segregación racial, das que tanto sabemos a través de libros e películas, estaban plenamente vixentes nunha boa parte dos EE. UU.
É moita a documentación que podemos atopar na Rede, tanto 
Sobre este acto de dignidade e rebeldía de Rosa Parks, Martin Luther King, rememorando o sucedido aqueles días, escribiu:
Este álbum, publicado por Barbara Fiore Editora en 2011 é obra dos italianos Fabrizio Silei e Maurizio A. C. Quarello. O meu exemplar merqueino en decembro dese ano, na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México), e lino no meu cuarto do hotel aquela mesma noite. Trátase dun álbum exemplar que, coma tantos outros, perderán aquelas persoas que aínda minusvaloran os libros dirixidos á infancia e á adolescencia. Por certo, no blog 
Esta foto foi utilizada en moitas ocasións para exemplificar a idea da non violencia activa, para afirmar que na vida de calquera persoa a dignidade está por riba das leis inxustas e que é necesario contribuír a cambialas mediante unha resistencia non violenta. Nun dos meus últimos libros, 