Entries by Agustín Fernández Paz

Contos mínimos (6)

(A foto, tomada da páxina www.kurier.at, reproduce un anaco dunha molécula de ADN) O conto mínimo que presento hoxe non é estritamente inédito, pois publiqueino na Rede nalgunha ocasión e tamén llelo pasei a varias persoas que mo pediron para publicalo nalgunha revista. Con todo, case sempre eran versióons distintas, mesmo con título diferente. A […]

Contos mínimos (5)

UN CONFLITO TEOLÓXICO Contemplei o corpo que durmía ao meu carón, tan fermoso e perfecto que nin as mellores metáforas de Valente ou de Neruda alcanzarían a describilo. Ollei logo a través da fiestra entreaberta: xa anoitecera, achegábase o momento de regresar á miña casa. As horas que viña de compartir con Ana, aínda máis […]

Contos mínimos (4)

           A VIXENCIA DOS PRESOCRÁTICOS Ninguén se baña dúas veces no mesmo río, deixou escrito Heráclito de Efeso nun dos seus célebres fragmentos, hai xa máis de dous mil anos. «Calquera sabe que circunstancias levaron ao filósofo a escribir tal aforismo, pero poucas veces lin palabras tan xuizosas. Neste río eu […]

Contos mínimos (3)

 (A fotografía deste post está tomada da web Poesía de Mujeres (http://www.poesiademujeres.com/) Aínda que formalmente está inédito, este relato xa o coñece moita xente, porque llelo cedín  a diversos institutos do país para que o publicasen na súa revista. E tamén porque llelo teño mandado a profesoras e profesores que se interesaron por el. De […]

Contos mínimos (2)

(A imaxe que encabeza a entrada tomeina desta web: http://visionahuesca.es/index.php/acciones/encuentro-uimp/) O relato mínimo de hoxe escribino hai xa ben anos. Daquela, non sabía que acabaría por se converter na semente dunha das novelas que prefiro: Corredores de sombra. Antes, esta mesma semente aínda fixera agromar un breve relato, tamén co título “Meditación ante o álbum…”, […]