Presentación do portal de AFP na Biblioteca Cervantes

O pasado 6 de setembro, dentro do IX Curso de Formación Continua, dirixido por Blanca-Ana Roig Rechou e dedicado este ano a “Narrativas Xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes”, Ramón Llorens, profesor da Universitat d’Alacant, presentou os novos portais da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes de autores de LIX: o do galego Agustín Fernández Paz e o da escritora arxentina Ema Wolf.