Entrevista en Libro Aberto (TVG) sobre “Lúa do Senegal”
Entrevista con Agustín Fernández Paz sobre a novela Lúa do Senegal.
Na temporada 2009-10, o programa Libro Aberto, da Televisión de Galicia, iniciou unha nova xeira, con entrevistas realizadas en ambientes exteriores. O 15 de setembro dedicou o seu espazo a Agustín Fernández Paz e á súa novela Lúa do Senegal, publicada algúns meses antes. Ademais dunha breve reportaxe sobre Fernández Paz, Manolo Romón entrevista ao escritor no Mirador do Castro, na cidade de Vigo, coa ría e as illas Cíes ao fondo. A entrevista céntrase no tema da inmigración e tamén na importancia que teñen as historias na vida das persoas.