Solsticio de inverno
(A fotografía é da autoría de Inmaculada Reino. Aldea nos Ancares bercianos, arredor de 1980)
Hoxe, 21 de decembro, comeza oficialmente a estación do inverno. Adoita identificarse a primavera como a estación do amor. Mais, desmentindo a primavera, é bo lembrar que, para o amor, calquera tempo é o axeitado. Tamén o de inverno. Así que, neste solsticio tan cargado de simbolismo, será bo lembrar a cita de Orhan Pamuk, da súa novela Neve, que puxen como inicio do meu libro O único que queda é o amor:
“E cando me decato de como imos pasar por este mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único que queda é o amor.”
Conmemoremos logo este día 21 coa reprodución de catro poemas de amor. Poderían ser outros distintos, hai ben deles para elixir entre os que prefiro. Mais foron estes os que hoxe me viñeron á cabeza.
1. Un poema de Mª Xosé Queizán, do seu libro Despertar das amantes.
Materia de milagre a túa presencia é
O ardor que provocas e que templo
Nas pozas dos teus ollos
Igualmente ardentes
Cando os corpos deciden
Amarse deica as últimas labaradas.
2. “Latitud” é un dos intensos poemas de amor que nos deixou José Ángel Valente, o poeta da miña vida, sobre o que xa escribín noutra entrada deste blog. Este poema pertence ao seu libro Mandorla.
No quiero más que estar sobre tu cuerpo
como lagarto al sol los días de tristeza.
Se disuelve en el aire el llanto roto,
el pie de las estatuas
recupera la hiedra
y tu mano me busca
por la piel de tu vientre
donde duermo extendido.
3. “Abeiro nocturno” é un poema que Bertolt Brecht escribiu no ano 1931, uns versos que poderían estar escritos en calquera destes días do inverno de 2013, cambiando as rúas de New York polas de calquera cidade española.
Dixéronme que en Nova York,
no canto da Rúa Vinteseis con Broadway,
nos meses do inverno, hai un home todas as noites
que pregándolle aos transeúntes,
procura un refuxio para os desamparados que alí se xuntan.
Ao mundo así non se lle cambia,
as relacións entre os homes non melloran.
Non é esta a forma de acurtar a era da explotación.
Mais algúns homes teñen leito por unha noite,
durante unha noite están resgardados do vento
e a neve a eles destinada cae na rúa.
Non abandones o libro que cho di, home.
Algúns teñen leito por unha noite,
durante toda unha noite ao resgardo do vento
e a neve a eles destinada cae na rúa.
Mais ao mundo así non se lle cambia,
as relacións entre os homes non se tornan mellores.
Non é esta a forma de facer máis curta a era da explotación.
Deste poema de Bertolt Brecht, Negu Gorriak, o grupo que lideraba Fermín Muguruza, fixo unha versión musical, Gaberako aterbea, que despois gravou tamén Mikel Laboa.
4. “No llences les cartes d’amor” é un poema do libro Aiguaforts, do poeta catalán Joan Margarit. A que reproduzo aquí é a tradución ao castelán que fixo o propio Margarit, “No tires las cartas de amor”.
Ellas no te abandonarán.
El tiempo pasará, se borrará el deseo
–esta flecha de sombra—
y los sensuales rostros, bellos e inteligentes,
se ocultarán en ti, al fondo de un espejo.
Caerán los años. Te cansarán los libros.
Descenderás aún más
a, incluso, perderás la poesía.
El ruido de ciudad en los cristales
acabará por ser tu única música,
y las cartas de amor que habrás guardado
serán tu última literatura.
Negu Gorriak, con Xabier Muguruza, interpretan “Gaberako aterbean”, o poema de Bertolt Brecht: