Seis lembranzas e unha narración
(Imaxe aérea do Campus de As Lagoas-Marcosende. Universidade de Vigo)
A través dun chío de Carta Xeométrica, souben hoxe que o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo subira á Rede o vídeo do meu discurso do pasado 28 de xaneiro, no acto de investidura como doutor honoris causa. Foi unha sorpresa moi agradable, pois non coñecía a existencia desta gravación; é un agasallo contar cun documento que me trae a lembranza dun día moi emotivo para min.
Ben sei que, segundo as normas que me autoimpuxen ao comezar o blog, que por algo se chama Un lector, non é este o lugar máis axeitado para acoller o vídeo da miña intervención. Mais as regras tamén están para, ás veces, non seguilas. É o que decidín facer neste caso.
Discurso Agustín Fernández Paz from FilGalPortVigo on Vimeo.