Entries by administrador

Intencións

Si, comezarei coas intencións, a semellanza da travesía que Manuel Antonio inicia en De catro a catro. Estreo hoxe este blog, tan a destempo, cando a febre dos blogs xa remitiu hai ben meses e moitos dos que eu seguía foron pechando os seus espazos. Hainos que se manteñen vizosos, e tamén eu continúo a […]

Os filmes de Agustín

No ano 2008, Martin Pawley gravou este vídeo no domicilio de AFP para incluílo nunha serie “Os filmes de…” que estaba a realizar no seu blog Dias Estranhos. No vídeo, Fernández Paz explica brevemente o porqué da elección das súas cinco películas preferidas. Unha relación máis completa pode verse no texto “Vinte filmes (1): Agustín […]

Videoteca AELG: Lectura de “O único que queda é o amor”.

Este vídeo encádrase na ampla videoteca que a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) vén formando desde hai anos, co propósito de recoller a voz e a imaxe dos seus membros. Nesta gravación, Fernández Paz le un fragmento do relato “Esta estraña lucidez”, pertencente ao libro O único que queda é o amor.

Videoteca AELG: Lectura de “Corredores de sombra”

Este vídeo encádrase na ampla videoteca que a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) vén formando desde hai anos, co propósito de recoller a voz e a imaxe dos seus membros. Nesta gravación, Fernández Paz le un breve fragmento da súa novela Corredores de sombra.