Do pasado e do futuro (Encrucillada)

Artigo aparecido na revita Encrucillada no nº 161 correspondente a xaneiro-febreiro do 2009 que desenvolve a situación actual da lingua galega dende diferentes aspectos tantos os legais como os persoais ou sociais.

Do pasado e do futuro

UNHAS PRECISIÓNS INICIAIS

De verdade precisamos unha achega máis á situación social da lin- gua galega? Comprendo ben o escepticismo da persoa que comece a ler este texto, pois durante estes últimos anos foron moitos os traballos publicados, tanto xerais como sectoriais, arredor da realidade sociolin- güística de Galicia, dos problemas que suscita e das vías emprendidas para solucionalos1. Neste sentido, o galego debe de ser unha das lin- guas máis radiografadas e analizadas.

E, non obstante, velaquí outra ollada sobre a lingua, necesariamente breve. Unha lingua cunha historia inzada de problemas e que, malia todos os atrancos (os históricos e os actuais), aínda segue a ser a empre- gada maioritariamente polas persoas que habitamos este país. Preten- do que sexa unha ollada distinta (e subxectiva, xaora, iso é inevitable), que fale do presente e tamén do que deron de si os anos transcorridos desde a aprobación da Lei de Normalización Lingüística en 1983. Des- tes vinte e cinco anos dos que son testemuña, pois a miña actividade como docente desenvolveuse ao longo de todo este período.

Como creo que a realidade sociolingüística da Galicia do 2009 é moi complexa, con facetas abertamente positivas e con outras que xulgo negativas, tentarei reflectir só algunhas desas múltiples facetas, coma se fosen pezas dun puzzle incompleto. Faltarán outras, xaora, pois unha análise completa precisaría de ben máis espazo. Aínda así, ensaio este xeito fragmentario coa confianza de que a unión destas poucas pezas permita albiscar a fotografía do conxunto e sexa unha achega axeitada do que ocorreu nestes últimos vinte e cinco anos, así como das liñas de futuro que se debuxan na actualidade.

[…]

Descargar o ensaio completo: do-pasado-e-do-futuro