Amizades secretas


Ficha Técnica
Editorial: Rodeira-EdebéPrimeira edición: 2015
ISBN: 978-84-8349-394-6
Páxinas: 72
Colección: Tucán
Ilustracións: Marta Altés
Sinopse
No interior dun tabique dunha casa deshabitada vive unha familia de ratos: o pai, a nai e os tres fillos, Rabilongo, Larpeiro e Ollos Grandes, a ratiña pequena, máis lista e valente ca os seus irmáns, á que lle encanta explorar todos os cuartos da casa.
Unha desas mañás de exploración, Ollos Grandes leva a gran sorpresa: ao entrar na cociña do piso, descobre que está habitada. A tarde anterior chegou unha familia para vivir nel. Trátase dun matrimonio novo, que ten unha filla chamada Beatriz.
Beatriz devece por ter unha mascota, mais os seus pais opóñense a ese desexo. Encantaríalle facerse amiga daquela ratiña que atravesa a cociña coma un foguete. Terá que esforzarse en convencela e, ao tempo, neutralizar as múltiples trampas para ratos que os pais teiman en poñer.
A fascinación dos nenos e nenas polos animais é o eixe desta narración, que ten a orixinalidade de estar contada desde unha dobre perspectiva: a da familia dos ratos e a das persoas. Dúas realidades moi diferentes, relacionadas só polo fío trenzado entre Beatriz e Ollos Grandes.

Castelán
ISBN: 978-84-683-1592-8Páxinas: 72
Editorial: Edebé, 2015
Ilustracións: Marta Altés
Tradución: Isabel Soto
Amistades secretas
Ojos Grandes es una pequeña ratoncita muy curiosa. Ella y su familia viven en una madriguera, entre dos viviendas de una casa de la ciudad vieja. Una de ellas está deshabitada… hasta que Beatriz y su familia ocupan el piso. Ojos Grandes se asusta en cuanto Beatriz la ve. Ahora los humanos ya saben que ¡los ratones están allí!

