{"id":9534,"date":"2013-10-01T21:35:16","date_gmt":"2013-10-01T19:35:16","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/por-fucinos-por-cacheiras-2\/"},"modified":"2013-10-03T12:29:21","modified_gmt":"2013-10-03T10:29:21","slug":"por-fucinos-por-cacheiras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/por-fucinos-por-cacheiras\/","title":{"rendered":"Por fuci\u00f1os! Por cacheiras!"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\">(A ilustraci\u00f3n \u00e9 de Miguelanxo Prado, e est\u00e1 tomada da web da TVG)<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>\u00abXABAR\u00cdN 18\u00bb<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Hai varios meses, as mestras da <a title=\"http:\/\/montedaguia.blogspot.com.es\/\" href=\"Blog da EEI Monte da Gu\u00eda\" target=\"_blank\">Escola de Educaci\u00f3n Infantil \u00abMonte da Gu\u00eda\u00bb <\/a>de Vigo pux\u00e9ronse en contacto comigo, como antes fixeran con outras persoas que nos dedicamos \u00e1 escrita ou \u00e1 ilustraci\u00f3n. Os membros do\u00a0 ENL do centro, en uni\u00f3n dos do <a title=\"CEP de Sequelo-Mar\u00edn\" href=\"http:\/\/www.edu.xunta.es\/centros\/ceipsequelomarin\/\" target=\"_blank\">CEP de Sequelo-Mar\u00edn<\/a>, decidiron homenaxear ao Xabar\u00edn, con motivo do seu 18\u00ba aniversario. O Xabar\u00edn da TVG, si: o heroe do programa inesquecible de varias xeraci\u00f3ns de nenas e nenos de Galicia, o personaxe ao que lle deu forma o noso <a title=\"P\u00e1xina web de Miguelanxo Prado\" href=\"http:\/\/www.miguelanxoprado.com\/\" target=\"_blank\">Miguelanxo Prado<\/a>. O programa que tanto fixo pola normalizaci\u00f3n da lingua entre a poboaci\u00f3n infantil.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-9527\" title=\"OINK_CUBERTA\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-224x300.jpg\" alt=\"\" width=\"224\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-224x300.jpg 224w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-527x705.jpg 527w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-450x602.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-530x709.jpg 530w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-110x147.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA.jpg 550w\" sizes=\"auto, (max-width: 224px) 100vw, 224px\" \/><\/a>Eses nenos e esas nenas que seguiron o Xabar\u00edn desde o seu comezo en 1994, todos <a title=\"V\u00eddeo dos socios do Xabar\u00edn\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=61DdtG4Z8Jw\" target=\"_blank\">eses milleiros que se fixeron socios<\/a> e conseguiron o seu carn\u00e9, son agora mozos e mozas e te\u00f1en o seu aquel de nostalxia por un programa en que, ademais das series de debuxos animados, puideron ver e escoitar os mellores grupos galegos cantando as canci\u00f3ns que, case sempre, estaban feitas para seren emitidas no programa.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Esas canci\u00f3n andan agora en v\u00eddeo polo Youtube (<a title=\"Os Diplom\u00e1ticos\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=zt5i7VwZOhY\" target=\"_blank\">coma tal, esta<\/a>) e tam\u00e9n est\u00e1n recollidas en varios CDs que non sei se seguen \u00e1 venda. E non \u00e9 casualidade que <a title=\"Web da revista OINK!\" href=\"http:\/\/revistaoink.com\/\" target=\"_blank\">unha revista infantil que acaba de sa\u00edr, OINK!<\/a>, tome o seu nome do popular Xabar\u00edn.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Un programa que (\u00eda po\u00f1er inexplicablemente, mais supo\u00f1o que se explica con facilidade) a TVG decidiu suprimir cando maior era a s\u00faa popularidade. Haber\u00eda medo a que acabase contaxi\u00e1ndolle a lingua \u00e1 xente m\u00e1is nova?<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/FVFzdEzC6Rw\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-medium wp-image-9529\" title=\"Xabar\u00edn 18-2\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2-237x300.jpg\" alt=\"\" width=\"237\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2-237x300.jpg 237w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2-110x139.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2.jpg 350w\" sizes=\"auto, (max-width: 237px) 100vw, 237px\" \/><\/a>Foron moitas as actividades e exposici\u00f3ns que levaron a cabo este magn\u00edfico grupo de docentes. O proxecto enteiro <a title=\"http:\/\/eeimontedaguia.wix.com\/xabarin18\" href=\"O proxecto Xabar\u00edn 18\" target=\"_blank\">pode verse aqu\u00ed<\/a>. Para po\u00f1erlle o ramo a todo o seu traballo, pensaron nunha publicaci\u00f3n, <em>Xabar\u00edn 18<\/em>, onde se recollen os textos e as ilustraci\u00f3ns que fixemos as persoas \u00e1s que nolo pediron.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Un exemplar deste pequeno libro chegou hai uns d\u00edas \u00e1s mi\u00f1as mans. Nun \u00abAnexo\u00bb ao final da publicaci\u00f3n, as persoas que coordinaron o proxecto explican polo mi\u00fado a x\u00e9nese e a ampl\u00edsima variedade de actividades que realizaron, nas clases e coa comunidade educativa, arredor do Xabar\u00edn.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Como a edici\u00f3n \u00e9 non venal (supo\u00f1o que se pode pedir escrib\u00edndolle a alg\u00fan dos dous centros), apet\u00e9ceme reproducir no blog o texto da mi\u00f1a colaboraci\u00f3n. Tr\u00e1tase dun conto breve, cunha chiscadela final ao amigo Miguelanxo:<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><!--[if gte mso 9]><xml>\n<w:WordDocument>\n<w:View>Normal<\/w:View>\n<w:Zoom>0<\/w:Zoom>\n<w:HyphenationZone>21<\/w:HyphenationZone>\n<w:PunctuationKerning\/>\n<w:ValidateAgainstSchemas\/>\n<w:SaveIfXMLInvalid>false<\/w:SaveIfXMLInvalid>\n<w:IgnoreMixedContent>false<\/w:IgnoreMixedContent>\n<w:AlwaysShowPlaceholderText>false<\/w:AlwaysShowPlaceholderText>\n<w:Compatibility>\n<w:BreakWrappedTables\/>\n<w:SnapToGridInCell\/>\n<w:WrapTextWithPunct\/>\n<w:UseAsianBreakRules\/>\n<w:DontGrowAutofit\/>\n<\/w:Compatibility>\n<w:BrowserLevel>MicrosoftInternetExplorer4<\/w:BrowserLevel>\n<\/w:WordDocument>\n<\/xml><![endif]--><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><!--[if gte mso 9]><xml>\n<w:LatentStyles DefLockedState=\"false\" LatentStyleCount=\"156\">\n<\/w:LatentStyles>\n<\/xml><![endif]--><!--[if gte mso 10]>\n\n\n\n<style>\n\/* Style Definitions *\/\ntable.MsoNormalTable\n{mso-style-name:\"T\u00e1boa normal\";\nmso-tstyle-rowband-size:0;\nmso-tstyle-colband-size:0;\nmso-style-noshow:yes;\nmso-style-parent:\"\";\nmso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;\nmso-para-margin:0cm;\nmso-para-margin-bottom:.0001pt;\nmso-pagination:widow-orphan;\nfont-size:10.0pt;\nfont-family:\"Times New Roman\";\nmso-ansi-language:#0400;\nmso-fareast-language:#0400;\nmso-bidi-language:#0400;}\n<\/style>\n\n<![endif]--><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: center; mso-outline-level: 1;\" align=\"center\"><span style=\"color: #000080;\"><strong><span lang=\"GL\">DE COMO O XABAR\u00cdN ACABOU CONVERTIDO<\/span><\/strong><\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: center; mso-outline-level: 1;\" align=\"center\"><span style=\"color: #000080;\"><strong><span lang=\"GL\">NUNHA ESTRELA DA TELEVISI\u00d3N<\/span><\/strong><\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">Para noites fr\u00edas, as da Terra Ch\u00e1. Nos meses de inverno as xeadas son tan intensas que a terra amence dura coma se alg\u00fan feiticeiro a transformase en pedra, e as herbas, branquexadas polo fr\u00edo, semellan delicadas figuras de cristal que van rompendo conforme algu\u00e9n as pisa.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">Desas noites de xeada soubo axi\u00f1a o noso Xabar\u00edn. Todo foi ben mentres era novi\u00f1o e se refuxiaba no c\u00e1lido agocho a car\u00f3n da s\u00faa nai e dos seus tres irm\u00e1ns. Mais o malo chegou cando, ao ir medrando, se viu na obriga de buscar alimento pola s\u00faa conta. A\u00ednda bo era que a pel dura a as espesas serdas que a cubr\u00edan mitigaban un algo as coiteladas do intenso fr\u00edo nocturno.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">O alimento non abundaba na extensa zona que percorr\u00edan os da s\u00faa manda. E os homes que os persegu\u00edan un d\u00eda si e outro tam\u00e9n ti\u00f1an armas poderosas que lles permit\u00edan matar desde a distancia. Unha ma\u00f1\u00e1 en que o fr\u00edo era tanto que se lle met\u00eda ata a cana dos \u00f3sos, tocoulle ver como a s\u00faa nai e os tres irm\u00e1ns ca\u00edan para non ergu\u00e9rense m\u00e1is. Eran tantos os humanos e estaban tan ben situados que a\u00ednda non se explicaba como conseguira fuxir daquela chuvia de disparos.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">Privado da s\u00faa familia, Xabar\u00edn comezou unha vida solitaria. Abandonou as terras fr\u00edas de Vilalba, que tantas lembranzas amargas lle tra\u00edan, e marchou lonxe, seguindo sempre o cami\u00f1o do sol. E as\u00ed foi dar a unhas terras non menos fr\u00edas, mais si menos poboadas e con fragas onde a vida era m\u00e1is doada. Por fortuna, non tardou en localizar un extenso clareiro onde a auga zumegaba da terra e formaba pozas nas que, sobre todo cando as morneaba o sol, daba gusto meterse e enzoufarse na lama.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">Un d\u00eda, cando acababa de se dar un daqueles ba\u00f1os de barro que tanto o confortaban, bateu cun home sentado enriba dun gran penedo situado nas beiras do claro. Aquel humano non ti\u00f1a ning\u00fan pau de lume nas mans, sen\u00f3n un pequeno caderno e un delgado carabullo que utilizaba para trazar li\u00f1as sobre o papel.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">O home non ti\u00f1a intenci\u00f3n de fuxir, como adoitaba suceder cando Xabar\u00edn se atopaba con outros humanos. Ao rev\u00e9s, fitaba atentamente o animal, cunha ollada que o desconcertaba. As\u00ed permaneceron os dous durante ben de tempo, coma se houbese unha rede de f\u00edos invisibles que os un\u00edan.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">No momento en que o sol deixou de iluminar o claro, Xabar\u00edn deu media volta e marchou en direcci\u00f3n ao interior da fraga, onde ti\u00f1a o seu agocho. Nunca chegou a saber que aquel home se chamaba Miguelanxo e que, cando baixou do penedo, levaba no caderno os bosquexos que, alg\u00fans d\u00edas despois, lle servir\u00edan para dar vida ao Xabar\u00edn que alegrou as tardes da infancia da mi\u00f1a filla e de tantos nenos e nenas de todos os lugares de Galicia.<\/span><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/0PNFyCGbdZE\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(A ilustraci\u00f3n \u00e9 de Miguelanxo Prado, e est\u00e1 tomada da web da TVG) \u00abXABAR\u00cdN 18\u00bb Hai varios meses, as mestras da Escola de Educaci\u00f3n Infantil \u00abMonte da Gu\u00eda\u00bb de Vigo pux\u00e9ronse en contacto comigo, como antes fixeran con outras persoas que nos dedicamos \u00e1 escrita ou \u00e1 ilustraci\u00f3n. Os membros do\u00a0 ENL do centro, en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":9525,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-9534","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9534","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9534"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9534\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9525"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9534"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9534"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9534"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}