{"id":8515,"date":"2013-03-10T16:15:03","date_gmt":"2013-03-10T14:15:03","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/era-inverno-cruel-de-chumbo-e-morte-2\/"},"modified":"2013-03-10T17:23:21","modified_gmt":"2013-03-10T15:23:21","slug":"era-inverno-cruel-de-chumbo-e-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/era-inverno-cruel-de-chumbo-e-morte\/","title":{"rendered":"Era inverno cruel de chumbo e morte"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"color: #800080;\"><strong><em>O latexo da vida e da conciencia. Memorias colectivas de Rafael Pillado<\/em> (Asociaci\u00f3n Cultural Fuco Bux\u00e1n, 2012)<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Hoxe \u00e9 o d\u00eda 10 de marzo. O <a title=\"Entrada na Wikipedia (galego)\" href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/D%C3%ADa_da_Clase_Obreira_Galega\" target=\"_blank\">D\u00eda da Clase Obreira Galega<\/a>. Unha conmemoraci\u00f3n que nos lembra a data do <a title=\"Artigo de Rafael Pillado sobre o 10 de marzo do 72\" href=\"http:\/\/rosanei.lacoctelera.net\/post\/2009\/03\/11\/10-marzo-do-1972-o-dia-chorou-ferrol\" target=\"_blank\">10 de marzo de 1972<\/a>, cando en Ferrol os obreiros de Baz\u00e1n e de Astano <a title=\"Artigo en Rebeli\u00f3n.org\" href=\"http:\/\/www.rebelion.org\/noticias\/2006\/3\/28034.pdf\" target=\"_blank\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-8510\" title=\"Imaxe do 10 de Marzo (fonte EL PAIS)\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Imaxe-do-10-de-Marzo-fonte-EL-PAIS-300x206.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"206\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Imaxe-do-10-de-Marzo-fonte-EL-PAIS-300x206.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Imaxe-do-10-de-Marzo-fonte-EL-PAIS-450x310.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Imaxe-do-10-de-Marzo-fonte-EL-PAIS-530x365.jpg 530w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Imaxe-do-10-de-Marzo-fonte-EL-PAIS-110x75.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Imaxe-do-10-de-Marzo-fonte-EL-PAIS.jpg 560w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>foron ametrallados pola polic\u00eda<\/a> durante unha manifestaci\u00f3n pac\u00edfica, co resultado de numeros\u00edsimos feridos e d\u00faas persoas mortas, sindicalistas das daquela clandestinas Comisi\u00f3ns Obreiras: Amador Rey e Daniel Niebla. Unha data que todos os sindicatos entenden como un d\u00eda para a lembranza do sucedido, pero tam\u00e9n para manifestar as <a title=\"Artigo de Manuel Mera\" href=\"http:\/\/manuelmera.blogaliza.org\/2011\/03\/10\/dez-de-marzo-reconversion-e-celebracions\/\" target=\"_blank\">reivindicaci\u00f3ns laborais e sociais<\/a>, tan necesarias.<\/p>\n<p>\u00abEra un inverno cruel de chumbo e morte\u00bb, o t\u00edtulo desta entrada, \u00e9 o primeiro verso dun <a title=\"P\u00e1xina con poemas a Amador e Daniel\" href=\"http:\/\/www.f10m.org\/10demarzo\/pagina90.htm\" target=\"_blank\">emotivo poema<\/a> que escribiu Dar\u00edo Xoh\u00e1n Cabana en lembranza daquel d\u00eda de 1972.<\/p>\n<p>Pareceume que esta era <a title=\"Artigo de Daniel Salgado, en EL PAIS\" href=\"http:\/\/ccaa.elpais.com\/ccaa\/2012\/03\/09\/galicia\/1331325535_222858.html\" target=\"_blank\">unha data axeitada<\/a> para reproducir aqu\u00ed, quit\u00e1ndolle alg\u00fans anacos coxunturais, o texto que escrib\u00edn para a presentaci\u00f3n en Vigo, o 18 de setembro de 2012, do libro de Rafael Pillado: <em>O latexo da vida e da conciencia. Memorias colectivas de Rafael Pillado<\/em>, editado pola <a title=\"Web da AC Fuco Bux\u00e1n\" href=\"http:\/\/fucobuxan.net\/\" target=\"_blank\">Asociaci\u00f3n Cultural Fuco Bux\u00e1n<\/a>, de Ferrol. Como no texto xa detallo polo mi\u00fado o meu encontro co libro e a mi\u00f1a opini\u00f3n logo da s\u00faa lectura, non engadirei aqu\u00ed m\u00e1is nada.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong><span style=\"color: #800080;\">TEXTO DA PRESENTACI\u00d3N<\/span><br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-8508\" title=\"Portada libro Rafael Pillado\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado-200x300.jpg\" alt=\"\" width=\"200\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado-200x300.jpg 200w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado-201x300.jpg 201w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado-690x1030.jpg 690w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado-1005x1500.jpg 1005w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado-472x705.jpg 472w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado-450x672.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado-110x164.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado-685x1024.jpg 685w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Portada-libro-Rafael-Pillado.jpg 1601w\" sizes=\"auto, (max-width: 200px) 100vw, 200px\" \/>Boas tardes a todas as persoas que hoxe nos reunimos aqu\u00ed, neste museo que foi c\u00e1rcere ata hai poucos anos e que, xa que logo, a\u00ednda garda no seu espazo os sufrimentos, a dor e a rabia, e tam\u00e9n as alegr\u00edas ef\u00e9meras das persoas que padeceron prisi\u00f3n durante as d\u00e9cadas innobres do franquismo.<\/p>\n<p>Ter\u00eda que comezar preguntando primeiro qu\u00e9 fago eu aqu\u00ed, saudando a aparici\u00f3n deste libro de <a title=\"Excelente entrevista de Marcos P\u00e9rez Pena, en Praza\" href=\"http:\/\/praza.com\/movementos-sociais\/354\/unha-folga-xeral-non-vai-resolver-todo-pero-incorpora-sectores-novos-ensinalles-que-hai-que-estar-unidos\/\" target=\"_blank\">Rafael Pillado<\/a>. Porque ambos os dous non coincidimos nos cami\u00f1os da vida, a\u00ednda que eu si sab\u00eda del e da s\u00faa loita, o seu nome e a s\u00faa figura eran unha referencia para a xente concienciada da mi\u00f1a xeraci\u00f3n. Mais eu non son nin fun do PC, e tampouco das Comisi\u00f3ns Obreiras, nin ti\u00f1a relaci\u00f3n coa xente da Baz\u00e1n, m\u00e1is al\u00e1 dalgunhas amizades que fixen durante a mi\u00f1a estad\u00eda en Mugardos na d\u00e9cada dos oitenta.<\/p>\n<p>Entenderase ben, se relato o meu encontro con este libro. Periodicamente, recibo na mi\u00f1a caixa de correos informaci\u00f3n dos actos que organiza a Asociaci\u00f3n Cultural Fuco Bux\u00e1n, de Ferrol (o nome xa \u00e9 unha declaraci\u00f3n de principios:<em> Fuco Bux\u00e1n, compadre da miseria, \/ curm\u00e1n das inxusticias e os aldraxes. \/ Fuco Bux\u00e1n, \u00bfnon sintes que na Iberia \/ feden a podre os homes i as paisaxes?<\/em>) recib\u00edn a noticia de que se presentaba en Ferrol un libro de memorias que escribira Rafael Pillado.<\/p>\n<p>Andaba eu daquela embarcado na escritura da mi\u00f1a novela <a title=\"Ficha de Non hai noite tan longa\" href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/libros\/non-hai-noite-tan-longa\/\" target=\"_blank\"><em>Non hai noite tan longa<\/em><\/a> e levaba ben de tempo document\u00e1ndome sobre os anos do franquismo, unha documentaci\u00f3n imprescindible para darlle vida \u00e1 historia que quer\u00eda contar. Daquela, o libro de Pillado interes\u00e1bame por un dobre motivo: pola persoa en si, por saber como contaba unha vida tan chea de avatares, e tam\u00e9n porque as\u00ed poder\u00eda enchouparme algo m\u00e1is na vida coti\u00e1 durante os anos amargos do franquismo e, tam\u00e9n, no d\u00eda a d\u00eda das persoas que arriscaban a s\u00faa vida por mudar as cousas.<\/p>\n<p>Ped\u00edn o libro, solicitando que me indicasen o xeito de pagalo. A mi\u00f1a sorpresa veu d\u00edas despois, cando non s\u00f3 me chegou o libro, sen\u00f3n que vi\u00f1a acompa\u00f1ado dunha dedicatoria moi fermosa de Rafael Pillado.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-medium wp-image-8511\" title=\"Rafael Pillado (foto Jos\u00e9 Torregrosa)\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-foto-Jos\u00e9-Torregrosa-300x199.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-foto-Jos\u00e9-Torregrosa-300x199.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-foto-Jos\u00e9-Torregrosa-768x511.jpg 768w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-foto-Jos\u00e9-Torregrosa-705x470.jpg 705w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-foto-Jos\u00e9-Torregrosa-450x300.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-foto-Jos\u00e9-Torregrosa-530x352.jpg 530w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-foto-Jos\u00e9-Torregrosa-110x73.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-foto-Jos\u00e9-Torregrosa.jpg 1003w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>Comecei a lelo e axi\u00f1a me decatei de que sobordaba con moito as mi\u00f1as expectativas iniciais. O que anunciaba o t\u00edtulo, <em>O LATEXO DA VIDA E DA CONCIENCIA<\/em>, era unha realidade. As p\u00e1xinas do seu libro estaban enchoupadas de vida, nada de letras rutineiras ou funcionariais. Unha vida contada co coraz\u00f3n aberto, unha vida con moitas facetas, desde a m\u00e1is intimamente biogr\u00e1fica ata a vertente sindical e pol\u00edtica. Lino de xeito apaixonado e recomendeino a ben amigas e amigos.<\/p>\n<p>A trav\u00e9s dos correos electr\u00f3nicos, fun vendo que as presentaci\u00f3ns se suced\u00edan por diferentes lugares. E, finalmente, o inesperado: unha chamada de Rafael ped\u00edndome que eu falase aqu\u00ed, na presentaci\u00f3n do seu libro en Vigo, a cidade onde resido.<\/p>\n<p>A petici\u00f3n colleume de sorpresa. Como xa dixen, nin son de Comisi\u00f3ns, nin do PC, e no seu momento fun cr\u00edtico coas posici\u00f3ns defendidas por estas organizaci\u00f3ns. Mais iso tanto ti\u00f1a. Non me pod\u00eda negar, hoxe ti\u00f1a que estar aqu\u00ed.<\/p>\n<p><strong>Unhas memorias colectivas<\/strong><\/p>\n<p>Entenderedes agora por que falarei s\u00f3 deste libro, sen entrar na an\u00e1lise da intensa e apaixonada faceta militante de Rafael Pillado. Iso hai persoas que o saben facer ben mellor ca min, compa\u00f1eiros de loita e de ideais durante tantos anos. E falarei do que se conta neste volume non s\u00f3 polo que xa dixen, sen\u00f3n tam\u00e9n polo subt\u00edtulo que ten: \u201cMemorias colectivas de Rafael Pillado\u201d. Que gran acerto, o de memorias colectivas!<\/p>\n<p>Eu son cinco anos m\u00e1is novo que Rafael, que ven sendo da idade da mi\u00f1a irm\u00e1, e todo o que Pillado vai contando me fixo revivir momentos da mi\u00f1a vida, e da vida no meu barrio, na escola, na Universidade Laboral de Xix\u00f3n; momentos da vida comunal, cos amigos, coa xente do barrio; momentos da vida colectiva dos galegos e galegas, e tam\u00e9n do conxunto de Espa\u00f1a. Si: nestas p\u00e1xinas est\u00e1 tam\u00e9n a memoria dunha xeraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Memorias colectivas, e sen edulcorante. Non hai por parte de Rafael Pillado tentativas de adornar a vida dura da s\u00faa familia nas d\u00e9cadas dos 40 e 50, as necesidades e as condici\u00f3ns precarias en que viv\u00edan; o coraxe inmenso da nai e do pai; a importancia do aparello de radio, o espertar \u00e1 adolescencia, as insatisfacci\u00f3ns xuven\u00eds, o traballo nos talleres (como non sentirse reflectido, eu estiven na Laboral), o servizo militar, o noivado con Pilar&#8230; Anacos de vida tan, tan reais, contados con tanta sinceridade, que emociona lelos.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/4_ENl7zNZxM\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p><strong>A cerna do libro<\/strong><\/p>\n<p>Est\u00e1 logo un dos centros esenciais do libro: a loita sindical e a loita pol\u00edtica, nos tempos da ditadura, nos tempos da clandestinidade, nos tempos en que traballar pola xustiza e pola liberdade levaba aparellados moitos riscos, moitos perigos.<\/p>\n<p>Neste aspecto, o libro de Rafael Pillado \u00e9 un texto necesario, oportuno, imprescindible.<\/p>\n<p>\u00c9 necesario para desmontar esa idea de que o franquismo, nas d\u00e9cadas dos sesenta e dos setenta, foi un per\u00edodo pr\u00e1cido, unha etapa onde a ditadura afrouxou os lazos.<\/p>\n<p>E oportuno nestes tempos que vivimos, cando se suceden as agresi\u00f3ns ao mundo do traballo, coa perda de dereitos que tanto tempo e tanta dor levou conquistalos.<\/p>\n<p>\u00c9 imprescindible para insistir na necesidade\u00a0 de recuperar e reivindicar tanto sacrificio, tanta loita, tantos esforzos para acadar a liberdade e a democracia neste pa\u00eds. Cando se empe\u00f1an en facernos crer que as cousas foron doutro xeito, \u00e9 importante lembrarlle \u00e1 sociedade, tam\u00e9n \u00e1s xeraci\u00f3ns m\u00e1is novas, como sucederon as cousas.<\/p>\n<p>(&#8230;)<\/p>\n<p><strong>A vida intensa de Rafael Pillado<\/strong><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-8518\" title=\"Rafael Pillado (\u00e9 esquerda)\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-\u00e9-esquerda1-300x264.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"264\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-\u00e9-esquerda1-300x264.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-\u00e9-esquerda1-110x97.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-\u00e9-esquerda1.jpg 340w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>Non se entende moito do que lemos cada d\u00eda nos xornais se non se ten en conta esta realidade: Franco leva morto case tantos anos como os que oprimiu este pa\u00eds, mais o espectro da ditadura segue a roldarnos na vida coti\u00e1. E, se rastrexamos nas grandes fortunas familiares de hoxe, abraia a constataci\u00f3n de como moitas delas se fixeron ao abeiro da ditadura, por non falar dos comportamentos e ideas dun sector moi amplo da nosa sociedade, asentado con firmeza nos baseamentos do franquismo, malia a capa de verniz democr\u00e1tico que, se se rasca unha migui\u00f1a, desaparece con facilidade.<\/p>\n<p>As novas xeraci\u00f3ns desco\u00f1ecen en gran medida ese pasado, saben moito m\u00e1is do acontecido coa Alema\u00f1a nazi. Mais non \u00e9 s\u00f3 a mocidade actual. A xente da mi\u00f1a xeraci\u00f3n e das posteriores medramos e vivimos ignorando aspectos esenciais do noso pasado.<\/p>\n<p>Ler o libro de Rafael Pillado sup\u00f3n mergullarnos intensamente neses anos pasados. Nel est\u00e1 o esencial: a represi\u00f3n da posguerra, a fame, a inmensa inxustiza que o presid\u00eda todo. A ausencia de liberdades, o secuestro da cultura, as barreiras que atopabamos os fillos das clases traballadoras para acceder aos estudos. A explotaci\u00f3n inmensa da clase traballadora, os accidentes laborais, os primeiros pasos para organizarse sindical e politicamente. Os conflitos en Baz\u00e1n,\u00a0 en PYSBE, en Peninsular Maderera, en Megasa&#8230; As detenci\u00f3ns pola actividade sindical e pol\u00edtica, os interrogatorios, os golpes, o c\u00e1rcere. O papel represivo do TOP, os estados de excepci\u00f3n, o papel xogado polo Partido Comunista durante o franquismo, os cambios en Europa, a revoluci\u00f3n que supuxo a intervenci\u00f3n sovi\u00e9tica en Checoslovaquia&#8230;<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-medium wp-image-8509\" title=\"Rafael Pillado no c\u00e1rcere da Coru\u00f1a\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a-300x199.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a-300x199.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a-768x511.jpg 768w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a-1030x686.jpg 1030w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a-705x469.jpg 705w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a-450x300.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a-530x352.jpg 530w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a-110x73.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a-1024x681.jpg 1024w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Rafael-Pillado-no-c\u00e1rcere-da-Coru\u00f1a.jpg 1200w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p>O libro est\u00e1 estruturado en tres partes. A primeira l\u00e9vanos desde o nacemento ata o remate do servizo militar. Son os anos de infancia, de mocidade, de formaci\u00f3n, do comezo do compromiso da loita contra a ditadura.<\/p>\n<p>A segunda vai desde o ano 1965 a 1972. Os anos m\u00e1is intensos. Os da loita sindical continua, os anos do c\u00e1rcere, os anos da vida en com\u00fan con Pilar&#8230;<\/p>\n<p>E a terceira parte \u00e1brese en 1972, co cap\u00edtulo titulado \u201c10 de marzo: o crime foi en Ferrol\u201d, cr\u00f3nica detallad\u00edsma daqueles d\u00edas, da protesta e da represi\u00f3n: de lectura imprescindible para toda a cidadan\u00eda. E, logo, a longa tempada no c\u00e1rcere, o Proceso 1001 que tanta repercusi\u00f3n tivo, o proceso dos 23&#8230; O atentado contra Carrero Blanco, as \u00faltimas condenas a morte do franquismo, a morte do ditador. E, por fin, a liberdade persoal e o inicio dunha nova etapa na vida espa\u00f1ola.<\/p>\n<p>Un remata de lelo e sente o coraz\u00f3n a bater con forza, e os ollos brillan coma cando se asiste a un prodixio. Porque estas memorias est\u00e1n enchoupadas de verdade, de vida, de paix\u00f3n, de amor. Ten toda a raz\u00f3n Manolo Rivas, cando di no artigo que lle dedicou en EL PA\u00cdS:<\/p>\n<p><em>\u00c9 unha verdade que se le lixeira, que atrapa como unha mestura de memoria persoal, novela hist\u00f3rica, testemu\u00f1o pol\u00edtico, e intriga de serie negra (&#8230;) Loitaban polos seus dereitos, si. Loitaban por n\u00f3s. Polos dereitos humanos. Podemos falar de alta diplomacia e sut\u00eds xogos de xadrez na Transici\u00f3n. Mais o que de verdade abriu unha fenda e fixo abanar a ditadura foi a clase obreira, cun papel sobranceiro en Ferrolterra e Vigo, naquel 1972.<\/em><\/p>\n<p>Remato: \u00a1Que agasallo para o lector! A\u00ednda bo \u00e9 que queda a promesa de que haber\u00e1 unha segunda parte que chegar\u00e1 deica a actualidade. Xa devezo por lela!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O latexo da vida e da conciencia. Memorias colectivas de Rafael Pillado (Asociaci\u00f3n Cultural Fuco Bux\u00e1n, 2012) Hoxe \u00e9 o d\u00eda 10 de marzo. O D\u00eda da Clase Obreira Galega. Unha conmemoraci\u00f3n que nos lembra a data do 10 de marzo de 1972, cando en Ferrol os obreiros de Baz\u00e1n e de Astano foron ametrallados [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8507,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-8515","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8515","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8515"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8515\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8507"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8515"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8515"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8515"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}