{"id":8496,"date":"2013-03-04T14:11:33","date_gmt":"2013-03-04T12:11:33","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/o-sal-da-terra-e-a-caza-de-bruxas-2\/"},"modified":"2014-03-09T00:55:11","modified_gmt":"2014-03-08T22:55:11","slug":"o-sal-da-terra-e-a-caza-de-bruxas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/o-sal-da-terra-e-a-caza-de-bruxas\/","title":{"rendered":"\u00abO sal da terra\u00bb e a Caza de Bruxas"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"color: #800080;\"><strong><em>O sal da terra<\/em><\/strong><strong> (<em>Sal of the Earth<\/em>, de Herbert J. Biberman, 1954)<\/strong><\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Unha pel\u00edcula clandestina<\/strong>.<\/p>\n<p>Durante moitos anos, <a title=\"Informaci\u00f3n en &quot;Aula de Cine&quot; (U de Las Palmas)\" href=\"http:\/\/www.aulas.ulpgc.es\/cine\/historial\/Hoja%20No182_NEW-La%20Sal%20de%20la%20Tierra.pdf\" target=\"_blank\"><em>O sal da terra<\/em><\/a> foi para min unha desas pel\u00edculas que sempre se citaban nos libros de historia do cine, mais da que nunca atopara rastro ning\u00fan. Se, como souben <img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-8479\" title=\"Sal tierra (2)\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-tierra-2.jpg\" alt=\"\" width=\"168\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-tierra-2.jpg 168w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-tierra-2-110x196.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 168px) 100vw, 168px\" \/>despois, foi un filme <a title=\"Blog Reflexiones de guionista\" href=\"http:\/\/reflexionesdeguionista.blogspot.com.es\/2011\/05\/la-sal-de-la-tierra-la-pelicula-mas.html\" target=\"_blank\">boicoteado, censurado e perseguido <\/a>nos EE. UU., non \u00e9 nada raro que por Espa\u00f1a non aparecese unha copia ata despois da morte de Franco, que ademais debeu de ter unha circulaci\u00f3n m\u00ednima.<\/p>\n<p>Ata que, al\u00f3 polo 1984, as mulleres da AGM (Asociaci\u00f3n Galega da Muller) de Ferrol decidiron conmemorar o 8 de marzo proxectando esta pel\u00edcula m\u00edtica e maldita, unha das primeiras obras abertamente feministas de toda a historia do cine. Unha pel\u00edcula que, como lemos no blog <a title=\"Blog El cine de Solaris\" href=\"http:\/\/elcinedesolaris.blogspot.com.es\/2012\/11\/la-sal-de-la-tierra.html\" target=\"_blank\">\u201cEl cine de solaris\u201d<\/a>, \u00abrepresenta ese sal da terra que mant\u00e9n o berro revolucionario, o que se enfronta a todo abuso de poder e a toda opresi\u00f3n. E ademais de revulsiva, \u00e9 fermosa\u00bb.<\/p>\n<p>Aquel d\u00eda, por raz\u00f3ns que non ve\u00f1en ao caso, non puiden asistir; mais foi como se estivese, porque tiven quen ma contou plano a plano, aumentando o meu desexo de vela alg\u00fan d\u00eda.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Unha lecci\u00f3n de dignidade<\/strong><\/p>\n<p>Tiven que agardar ata hai poucos anos, cando por fin consegu\u00edn mercala a trav\u00e9s da Rede. Cando me chegou \u00e1 casa o DVD, puiden vela na versi\u00f3n orixinal subtitulada. A s\u00faa contemplaci\u00f3n a\u00ednda supuxo unha emoci\u00f3n maior da que agardaba. <a title=\"Web &quot;Descubre pelis&quot;\" href=\"http:\/\/descubrepelis.blogspot.com\/2012\/11\/la-sal-de-la-tierra.html\" target=\"_blank\">Unha pel\u00edcula de sinxela grandeza<\/a>, desas que dignifican a arte do cine. Rodada con moi poucos medios, case sen actores profesionais, sometida a m\u00faltiples presi\u00f3ns para que non fose adiante e estreada case en condici\u00f3nos clandestinas.<\/p>\n<p><a title=\"Web GuionistasVLC\" href=\"http:\/\/reflexionesdeguionista.blogspot.com.es\/2011\/05\/la-sal-de-la-tierra-la-pelicula-mas.html\" target=\"_blank\"><em>O sal da terra<\/em> ponnos fronte a ideas e actitudes<\/a> que, ben ao noso pesar, volven estar de actualidade neste comezo do s\u00e9culo XXI, cando a voracidade capitalista parece insaciable e hai que loitar polos dereitos m\u00e1is elementais. Iso que chamamos \u201ccrise\u201d para non pronunciar o que de verdade \u00e9: o espolio por parte do capital de todo o que chamamos estado do benestar, a destruci\u00f3n do que a clase obreira foi conseguindo ao longo dos \u00faltimos cen anos.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/08AzRDHxW-A\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p><strong>A revoluci\u00f3n das mulleres<\/strong><\/p>\n<p>Sen \u00e1nimo de contar a pel\u00edcula, si que paga a pena sinalar alg\u00fans elementos. Os feitos que se relatan sucederan s\u00f3 dous anos antes de rodala: no estado de Novo M\u00e9xico houbera unha folga dos mineiros dunha importante explotaci\u00f3n de zinc. Promov\u00e9rona os de orixe latina, que cobraban moito menos ca os mineiros brancos.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-medium wp-image-8481\" title=\"Sal tieera (6)\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-tieera-61-300x228.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"228\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-tieera-61-300x228.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-tieera-61-110x83.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-tieera-61.jpg 380w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>A represi\u00f3n patronal chegou a tal grao de dureza que obrigou \u00e1s mulleres a continuar elas coa folga, abandonando os labores do fogar, o que provoca o malestar dos homes (\u201cSeica te sentes mellor se hai na casa algu\u00e9n inferior a ti?\u201d, dille a protagonista ao seu marido). O conflito de clase e o conflito de x\u00e9nero xuntos nunha mesma historia!<\/p>\n<p>A pel\u00edcula rodouse nos mesmos lugares da folga, e os mineiros fixeron de actores improvisados. Sen demagoxia, con tanta naturalidade coma se fose un documental, <em>O sal da terra<\/em> ofr\u00e9cenos un anaco de vida como poucas veces se viu no cine. Sen dubida, <a title=\"Comentario no blog &quot;Cincuenta y tres d\u00edas&quot;\" href=\"http:\/\/cincuentaytresdias.blogspot.com.es\/2010\/12\/comentario-de-la-sal-de-la-tierra.html\" target=\"_blank\">unha pel\u00edcula que todas e todos deberiamos co\u00f1ecer<\/a>.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/www.dailymotion.com\/embed\/video\/xhb4hb\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"360\"><\/iframe><br \/>\n<em><\/em><\/p>\n<p><strong>A \u00abcaza de bruxas\u00bb e a Lista Negra<\/strong><\/p>\n<p>Estes nomes l\u00e9vannos a <a title=\"Web DHistoria 4\u00ba ESO\" href=\"http:\/\/dhistoria-4eso.blogspot.com.es\/2012\/06\/los-diez-de-hollywood-y-el-macarthismo.html\" target=\"_blank\">un dos episodios m\u00e1is vergo\u00f1entos<\/a> da historia dos EE. UU. Despois da 2\u00aa Guerra Mundial, desatouse en todo o pa\u00eds unha histeria anticomunista que, en realidade, era un ataque en toda regra \u00e1 liberdade de expresi\u00f3n e \u00e1s ideas de esquerda.<\/p>\n<p>Froito disto, no ano 1947 cr\u00e9ase no Congreso o Comit\u00e9 de Actividades\u00a0 Antinorteamericanas, presidido polo senador Joseph McCarthy, un nome que merece pasar \u00e1 Historia Universal da Infamia. A este home, <a title=\"Peque\u00f1a letan\u00eda grotesca en la muerte del senador McCarthy\" href=\"http:\/\/sergiopinheirolopes.blogspot.com.es\/2011\/02\/pequena-letania-grotesca-en-la-muerte.html\" target=\"_blank\">Nicol\u00e1s Guill\u00e9n dedicoulle un poema<\/a> que paga a pena ler.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-medium wp-image-8482\" title=\"libro Gubern\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/libro-Gubern-195x300.jpg\" alt=\"\" width=\"195\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/libro-Gubern-195x300.jpg 195w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/libro-Gubern-110x169.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/libro-Gubern.jpg 220w\" sizes=\"auto, (max-width: 195px) 100vw, 195px\" \/>Na persecuci\u00f3n de todo o que soase a ideas \u201ccomunistas\u201d (cheg\u00e1ronse a prohibir 30.000 libros, entre eles <em>Robin Hood<\/em>!), o comit\u00e9 centrouse nas actividades do mundo do cine, por considerar que a\u00ed estaba o foco dos que transmit\u00edan ideas de esquerda a trav\u00e9s das pel\u00edculas.<\/p>\n<p>As\u00ed comezou o que logo se chamou a <a title=\"Web CINEFOREVER\" href=\"http:\/\/www.cineforever.com\/2011\/08\/04\/la-%E2%80%9Clista-negra%E2%80%9D-de-hollywood-por-patrick-brion\/\" target=\"_blank\">Caza de Bruxas<\/a>. Directores, actores, guionistas&#8230; foron interrogados, castigados se non declaraban ou non se avi\u00f1an a delatar outros compa\u00f1eiros e, finalmente, represaliados.<\/p>\n<p><a title=\"Informaci\u00f3n sobre &quot;Os dez de Hollywood&quot;\" href=\"http:\/\/suite101.net\/article\/los-10-de-hollywood-a13289#axzz2MQcjFMZY\" target=\"_blank\">Elaborouse unha Lista Negra <\/a>cos seus nomes, e deuse orde a todas as produtoras de Hollywood de que non lles pod\u00edan dar traballo ning\u00fan. Arrep\u00eda examinar os nomes desa lista, que serve para dar conta de enorme infamia que dominou o cine norteamericano na d\u00e9cada dos cincuenta e parte da dos sesenta.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>(o v\u00eddeo da pel\u00edcula)<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/DkLyRaMzc_8\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>As\u00ed naceu <em>O sal da terra<\/em><\/strong><\/p>\n<p>O director da pel\u00edcula, Herbert J. Biberman; o produtor, Paul Jarrico ; o guionista, Michel Wilson, as\u00ed como os t\u00e9cnicos que lles axudaron a facela, estaban todos <a title=\"Listado dos inclu\u00eddos na Lista Negra\" href=\"http:\/\/www.1984nwo.net\/1984\/index.php?topic=1058\" target=\"_blank\">inclu\u00eddos na Lista Negra<\/a>. Por iso, con poucos cartos, marcharon lonxe de Hollywood, a Novo M\u00e9xico, a facer esta pel\u00edcula. Bertrand Tavernier, na s\u00faa obra coescrita con Jean-Pierre Coursodon\u00a0<em>50 anos de cine norteamericano,<\/em>\u00a0dixo de <em>O sal da terra<\/em> que <em>\u00a0\u201c\u00e9 probablemente unha das \u00fanicas obras non criticables da Historia do Cine: o seu meirande m\u00e9rito \u00e9 o feito mesmo da s\u00faa existencia<\/em>\u201d.<\/p>\n<p><em>\u00abO sal da terra <\/em><em>\u00e9 todo un reto na historia do cine norteamericano. \u00c9 dif\u00edcil dar cunha pel\u00edcula que conserve tanta vixencia e que apunte tantos cami\u00f1os que a\u00ednda permanecen inexplorados, como o feito de que a narraci\u00f3n coa voz en off corra a cargo dunha muller, adquirindo a historia un punto de vista que sit\u00faa as reivindicaci\u00f3ns dom\u00e9sticas e sexuais en primeiro termo. A igualdade non \u00e9 un concepto et\u00e9reo, vennos dicir a pel\u00edcula, sen\u00f3n unha loita constante que hai que comezar e manter.\u00bb (<\/em>Manuel de la Fuente, blog \u201c<a title=\"Blog La p\u00e1gina definitiva\" href=\"http:\/\/www.lapaginadefinitiva.com\/2012\/04\/06\/la-sal-de-la-tierra-herbert-j-biberman-1954\/\" target=\"_blank\">La p\u00e1gina definitiva<\/a>\u201d).<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-8492\" title=\"Sal terra (final 2)\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-terra-final-21.jpg\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"338\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-terra-final-21.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-terra-final-21-300x225.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Sal-terra-final-21-110x82.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 450px) 100vw, 450px\" \/>De querermos afondar m\u00e1is na x\u00e9nese e an\u00e1lise d&#8217;<em>O sal da terra<\/em>, recomendo <a title=\"Del comunismo al feminismo: la recepci\u00f3n cr\u00edtica de La sal de la tierra.\" href=\"http:\/\/www.elojoquepiensa.net\/07\/index.php\/modules-menu\/del-comunismo-al-feminismo-la-recepcion-critica-de-la-sal-de-la-tierra-en-el-contexto-de-un-horizonte-de-expectativas-ampliado\" target=\"_blank\">este ensaio<\/a> publicado na web \u00abEl ojo que piensa. Revista de cine iberoamericano\u00bb<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O sal da terra (Sal of the Earth, de Herbert J. Biberman, 1954) &nbsp; Unha pel\u00edcula clandestina. Durante moitos anos, O sal da terra foi para min unha desas pel\u00edculas que sempre se citaban nos libros de historia do cine, mais da que nunca atopara rastro ning\u00fan. Se, como souben despois, foi un filme boicoteado, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8477,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-8496","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8496","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8496"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8496\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8477"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8496"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8496"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8496"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}