{"id":8472,"date":"2013-03-02T19:10:38","date_gmt":"2013-03-02T17:10:38","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/se-estou-aqui-e-por-ela-2\/"},"modified":"2013-03-02T19:10:38","modified_gmt":"2013-03-02T17:10:38","slug":"se-estou-aqui-e-por-ela","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/se-estou-aqui-e-por-ela\/","title":{"rendered":"\u00abSe estou aqu\u00ed \u00e9 por ela\u00bb"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"color: #800080;\"><strong>A estatua de Rosa Parks xa est\u00e1 no Capitolio dos EE UU<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Hai uns d\u00edas, o pasado 27 de febreiro, Barack Obama <a title=\"A noticia do acto\" href=\"http:\/\/www.voanoticias.com\/content\/eeuu-obama-devela-estatua-rosa-parks-congreso\/1611968.html\" target=\"_blank\">descubr\u00eda a estatua<\/a> a tama\u00f1o natural de Rosa Parks (1913-2005), unha escultura instalada no Sal\u00f3n Nacional das Estatuas do Capitolio, a primeira dunha persoa negra que forma parte del. Malia estar decidida a construci\u00f3n da estatua desde o ano 2005, non foi <a title=\"A noticia en EL PAIS\" href=\"http:\/\/internacional.elpais.com\/internacional\/2013\/02\/27\/actualidad\/1361989987_636536.html\" target=\"_blank\">inaugurada ata agora<\/a>, aproveitando o centenario do nacemento da activista negra.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-medium wp-image-8467\" title=\"obama-bus\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/obama-bus-300x168.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/obama-bus-300x168.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/obama-bus-450x253.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/obama-bus-530x297.jpg 530w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/obama-bus-110x61.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/obama-bus.jpg 644w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>Xa falei <a title=\"O autob\u00fas de Rosa\" href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/o-autobus-de-rosa\/\" target=\"_blank\">nun post anterior<\/a> sobre Rosa Parks e sobre as raz\u00f3ns de que sexa un modelo de vida para todas as persoas que desexamos un mundo m\u00e1is xusto e m\u00e1is libre. S\u00f3 recollo aqu\u00ed algunhas das palabras que o presidente Obama pronunciou (na foto,\u00a0 aparece sentado no autob\u00fas onde Rosa Parks protagonizou o acto de dignidade):<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><em>Fixemos ben ao colocarmos esta estatua aqu\u00ed. Non podemos honrar mellor a s\u00faa memoria que situ\u00e1ndoa a car\u00f3n de quen forxaron a historia deste pa\u00eds. (&#8230;)\u00a0 Nun s\u00f3 instante, co m\u00e1is simple dos xestos, ela axudou a cambiar a historia dos Estados Unidos e do mundo. (&#8230;)\u00a0 Eu estou aqu\u00ed grazas a Rosa Parks.<\/em><\/p>\n<p>Aproveito esta ocasi\u00f3n para recuperar aqu\u00ed o artigo que publiquei no desaparecido <a title=\"Informaci\u00f3n sobre Xornal de Galicia\" href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xornal_de_Galicia\" target=\"_blank\"><em>Xornal de Galicia<\/em><\/a>, al\u00f3 por marzo do 2009, titulado \u00abLoanza de Rosa Parks\u00bb.\u00a0 Como os contidos do <em>Xornal de Galicia<\/em>, por decisi\u00f3n empresarial, foron <a title=\"A noticia do borrado en EL PA\u00cdS\" href=\"http:\/\/elpais.com\/diario\/2011\/10\/20\/galicia\/1319105898_850215.html\" target=\"_blank\">eliminados para sempre da Rede<\/a> e non se poden enlazar, reproduzo aqu\u00ed o texto que conservo no meu ordenador.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"color: #800080;\">LOANZA DE ROSA PARKS<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-8466\" title=\"Foto Rosa Parks no bus\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Foto-Rosa-Parks-no-bus.jpg\" alt=\"\" width=\"233\" height=\"216\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Foto-Rosa-Parks-no-bus.jpg 233w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/03\/Foto-Rosa-Parks-no-bus-110x101.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 233px) 100vw, 233px\" \/>A muller que aparece na fotograf\u00eda \u00e9 Rosa Parks, unha costureira de 42 anos que, en 1955, resid\u00eda en Montgomery (Alabama). O 1 de decembro dese ano esta muller negouse a cederlle o seu asento a un home branco que \u00eda de p\u00e9 no bus, o que motivou que fose encarcerada baixo a acusaci\u00f3n de \u201cperturbar a orde\u201d.<\/p>\n<p>O feito, un sinxelo acto de dignidade individual, tivo un papel moi relevante na eliminaci\u00f3n dunha lei inxusta e na consolidaci\u00f3n do Movemento polos Dereitos Civ\u00eds nos EE. UU., unha reivindicaci\u00f3n de longo alento sen a cal ser\u00eda impensable que Barack Obama fose hoxe presidente.<\/p>\n<p>\u201cEstaba farta de ceder e ceder\u201d, escribiu Rosa na s\u00faa autobiograf\u00eda. Non aceptaba, por dicilo con palabras de Rosal\u00eda de Castro, outra rebelde, \u201cser estranxeira na s\u00faa patria\u201d. Negouse a ser cidad\u00e1 de segunda: quer\u00eda ter os mesmos dereitos que os brancos e manter intacta a s\u00faa dignidade persoal. A de Rosa Parks foi unha lecci\u00f3n de vida imposible de esquecer.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A mentira sobre as armas de destruci\u00f3n masiva en Irak e a referida \u00e1 <em>imposici\u00f3n del gallego<\/em> te\u00f1en moitos puntos en com\u00fan. Ben sei que a s\u00faa relevancia e dimensi\u00f3n son moi distintas; ao que me refiro aqu\u00ed \u00e9 s\u00f3 \u00e1 metodolox\u00eda utilizada, a ese obxectivo de establecer como socialmente verdadeira unha idea que de feito non o \u00e9.<\/p>\n<p>Lembremos o fraude xigantesco urdido polo goberno de Bush: cr\u00e9ase a mentira e pres\u00e9ntase unha morea de probas falsas (aquel pat\u00e9tico Colin Powell cos tubos de ensaio!). Os medios de comunicaci\u00f3n maioritarios difunden o bulo entre a cidadan\u00eda. Non se din nunca as raz\u00f3ns verdadeiras da invasi\u00f3n e empr\u00e9ganse grandes palabras para xustificala. D\u00e1 igual que despois, destru\u00eddo Irak, se vise que non hab\u00eda tales armas. Todo vale, que m\u00e1is ten!<\/p>\n<p>A estratexia para difundir a pretendida <em>imposici\u00f3n del gallego<\/em> segue exactamente os mesmos pasos: cr\u00e9ase a mentira a\u00ednda que contradiga os datos da realidade. Desde os medios trab\u00e1llase para estender a falsidade. Aparecen asociaci\u00f3ns que, ampar\u00e1ndose en nomes equ\u00edvocos, se declaran oprimidas por esa <em>imposici\u00f3n<\/em>. Ret\u00f3rcense palabras como <em>liberdade<\/em> ou <em>biling\u00fce<\/em> para facelas dicir o que non son&#8230; Todo vale, unha vez m\u00e1is!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>C\u00f3mpre non esquecer nunca esta evidencia: a lingua que naceu hai m\u00e1is de mil anos neste pa\u00eds non \u00e9 propiedade de ning\u00fan grupo pol\u00edtico ou social, sen\u00f3n que \u00e9 de todas as persoas que vivimos e so\u00f1amos nel, e tam\u00e9n da xente que tivo que marchar e anda espallada polo mundo adiante. Un ben colectivo cunha historia onde hai moitos tramos de amargura.<\/p>\n<p>Se non se quere que haxa cidad\u00e1ns de primeira e de segunda, te\u00f1en que crearse as condici\u00f3ns para que se poida vivir en galego coa mesma normalidade coa que se pode facer en castel\u00e1n. Entre outras cousas, \u00e9 preciso que a poboaci\u00f3n sexa competente nas d\u00faas lingua oficiais, para que logo cadaqu\u00e9n decida libremente se usa unha ou outra nos diferentes \u00e1mbitos e situaci\u00f3ns. A dobre competencia \u00e9 imprescindible para garantir a liberdade ling\u00fc\u00edstica.<\/p>\n<p>Esta dobre competencia xa a posu\u00edmos todos os cidad\u00e1ns que temos o galego como lingua habitual, mais o contrario non ocorre. A oposici\u00f3n entre castel\u00e1n falantes e galego falantes \u00e9, en boa medida, unha falsidade. En todo caso, a oposici\u00f3n ser\u00e1 entre os que temos competencia biling\u00fce e os que se obstinan no mantemento da competencia monoling\u00fce vivindo nun pa\u00eds con dous idiomas oficiais.<\/p>\n<p>De non ser as\u00ed, como poderei facer efectiva a mi\u00f1a liberdade individual para utilizar o galego na vida diaria? Se cadra, o que se me est\u00e1 a pedir dun xeito impl\u00edcito \u00e9 que sexa d\u00f3cil e cambie de lingua (nos despachos, nos comercios, nas consultas&#8230;) para evitar conflitos. O doado \u00e9 abaixar a cabeza, claudicar en \u00e1mbitos adversos, deixar o galego para cando esteamos na casa ou con persoas de confianza: unha lingua s\u00f3 para o <em>guetto<\/em>. Poder\u00eda facelo, xaora, mais a mi\u00f1a liberdade quedar\u00eda coutada de ra\u00edz.<\/p>\n<p>Neste punto, emerxe a figura de Rosa Parks. Un modelo de comportamento para todas as persoas que desexamos unha sociedade onde non haxa cidad\u00e1ns de primeira e de segunda. Moitos brancos fixeron seus os ideais de Rosa Parks, moitos castel\u00e1n falantes nos han acompa\u00f1ar neste cami\u00f1o de esperanza. Para que agromen por fin os significados verdadeiros das palabras <em>democracia<\/em> e <em>liberdade<\/em>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A estatua de Rosa Parks xa est\u00e1 no Capitolio dos EE UU Hai uns d\u00edas, o pasado 27 de febreiro, Barack Obama descubr\u00eda a estatua a tama\u00f1o natural de Rosa Parks (1913-2005), unha escultura instalada no Sal\u00f3n Nacional das Estatuas do Capitolio, a primeira dunha persoa negra que forma parte del. Malia estar decidida a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8462,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-8472","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8472","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8472"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8472\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8462"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8472"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8472"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8472"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}