{"id":8147,"date":"2013-01-13T21:22:07","date_gmt":"2013-01-13T19:22:07","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/?p=8147"},"modified":"2013-01-14T10:06:06","modified_gmt":"2013-01-14T08:06:06","slug":"os-tempos-estan-a-cambiar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/os-tempos-estan-a-cambiar\/","title":{"rendered":"Os tempos est\u00e1n a cambiar"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"color: #800080;\"><strong><em>The Times They Are A-Changin&#8217;<\/em> (1964), de Bob Dylan<\/strong><\/span><\/p>\n<p><strong><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-8145\" title=\"Dylan\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-300x300.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-300x300.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-80x80.jpg 80w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-36x36.jpg 36w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-180x180.jpg 180w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-120x120.jpg 120w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-450x450.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-320x320.jpg 320w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-222x222.jpg 222w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-240x240.jpg 240w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-110x110.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1-150x150.jpg 150w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan1.jpg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>Hai case 50 anos<\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda que <em>The Times They Are A-Changin&#8217;<\/em>, o terceiro LP de <a title=\"Web oficial de Bob Dylan\" href=\"http:\/\/www.bobdylan.com\/us\/home\" target=\"_blank\">Bob Dylan<\/a>, apareceu en 1964 (supo\u00f1o que a Espa\u00f1a chegar\u00eda un ano ou dous despois, non o sei), eu non souben del ata ben m\u00e1is tarde. Escoitara algunha vez pola radio a canci\u00f3n que lle d\u00e1 t\u00edtulo ao \u00e1lbum, pero non tiven este disco nas mi\u00f1as mans ata o ver\u00e1n de 1969, se a memoria non me falla.<br \/>\nTelo nas mans non quere dicir que fose meu. O LP era de Fernando Mart\u00ednez (o Fernando da Barrosa), que ti\u00f1a unha situaci\u00f3n econ\u00f3mica que lle permit\u00eda mercar todos cantos libros e discos lle interesasen. Daquela, Fernando estudaba Econ\u00f3micas en Santiago e afili\u00e1rase hab\u00eda pouco ao PSG.<br \/>\nPor aquel tempo, en Vilalba fixeramos moita amizade un grupo de mozos e mozas que ti\u00f1amos intereses culturais e simpatizabamos coas ideas nacionalistas. Un dos lugares habituais de reuni\u00f3n era a casa do Fernando, que ti\u00f1a a bufarda enteira para el s\u00f3. Cunha xenerosidade que non esquezo, po\u00f1\u00eda \u00e1 nosa disposici\u00f3n todo canto libro e disco ti\u00f1a. As\u00ed foi como cheguei a este LP de Bob Dylan e ao seu extraordinario tema inicial:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/player.vimeo.com\/video\/11205275\" frameborder=\"0\" width=\"95%\" height=\"320\"><\/iframe><\/p>\n<p><strong>The Times They Are A-Changin&#8217;<\/strong><br \/>\nTr\u00e1tase dun disco magn\u00edfico e dunha canci\u00f3n extraordinaria. Pasou a ser unha desas canci\u00f3ns que forman parte permanente da banda sonora da mi\u00f1a vida. Posu\u00eda unha forza, unha enerx\u00eda e unha letra que incendiaban o coraz\u00f3n de calquera mozo con ganas de cambiar o mundo.<\/p>\n<p>Agora sei m\u00e1is, moito m\u00e1is, desta canci\u00f3n e do seu contexto, algo que na Espa\u00f1a daquel tempo non era nada doado. Dylan comp\u00faxoa en outubro de 1963, poucos meses despois de participaren el e Joan Baez na <a title=\"Programa sobre segregaci\u00f3n racial. La 2 de TVE\" href=\"http:\/\/www.rtve.es\/m\/alacarta\/videos\/para-todos-la-2\/para-todos-2-segregacion-racial-eeuu\/1059640\/?media=tve\" target=\"_blank\">marcha polos dereitos civ\u00eds <\/a>de Washington, o 28 de agosto de 1963, onde Martin Luther King pronunciou o seu c\u00e9lebre discurso, o do \u201cI have a dream\u201d.\u00a0 A primeira gran concentraci\u00f3n dun longo proceso que comezara Rosa Parks coa s\u00faa valente negativa a ceder o asento a un branco nun bus municipal.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/siTs-8zbaq8\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p>Os anos 1963 e 1964 (en realidade, toda a d\u00e9cada dos sesenta) foron de <a title=\"Os cambios en USA nos sesenta\" href=\"http:\/\/www.revistasociologica.com.mx\/pdf\/3802.pdf\" target=\"_blank\">cambios profundos <\/a>en EE UU. A loita da poboaci\u00f3n negra <a title=\"Historia movemento polo dereitos civ\u00eds\" href=\"http:\/\/www.nodo50.org\/tortuga\/El-Movimiento-por-los-Derechos\" target=\"_blank\">polos seus dereitos<\/a>, a posta en cuesti\u00f3n do apartheid que lideraba o Ku Klux Klan, a oposici\u00f3n \u00e1 guerra do Vietnam, a revoluci\u00f3n feminista, a revolta da mocidade contra un modelo de familia e de sociedade que <img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-full wp-image-8141\" title=\"Dylan e Joan Baez\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan-e-Joan-Baez.jpg\" alt=\"\" width=\"267\" height=\"189\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan-e-Joan-Baez.jpg 267w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan-e-Joan-Baez-260x185.jpg 260w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Dylan-e-Joan-Baez-110x77.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 267px) 100vw, 267px\" \/>rexeitaban\u2026 E a m\u00fasica, as canci\u00f3ns que anunciaban un distinto xeito de entender a vida.<\/p>\n<p>Isto significaba a clausura dun mundo ferozmente conservador (a sociedade norteamericana dos anos cincuenta, racista, machista e hom\u00f3foba, que tan ben retratada est\u00e1 en <a title=\"Lonxe do ceo\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=Z8f8s7EhWSo\" target=\"_blank\">moitas pel\u00edculas<\/a>). E disto, precisamente, fala a canci\u00f3n de Bob Dylan. Os tempos estaban a cambiar, e el anunci\u00e1bao.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em><strong>O centro do labirinto<\/strong><\/em><br \/>\nA mi\u00f1a novela <a title=\"O centro do labirinto\" href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/libros\/o-centro-de-labirinto\/\" target=\"_blank\"><em>O centro do labirinto<\/em><\/a> (1997) transcorre no ano 2054, e tam\u00e9n fala dun mundo que quere nacer e <img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-8173\" title=\"O centro do labirinto\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/O-centro-do-labirinto2.jpg\" alt=\"\" width=\"126\" height=\"200\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/O-centro-do-labirinto2.jpg 126w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/O-centro-do-labirinto2-110x174.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 126px) 100vw, 126px\" \/>doutro que se resiste a morrer. Sara, a muller protagonista, entra en contacto cun mozo, Daniel, que forma parte das ZNC, as redes de resistencia que traballan por conseguir un mundo novo. At\u00f3pao nas escaleiras da praza da Quintana, tocando unha canci\u00f3n coa s\u00faa guitarra. A canci\u00f3n \u00e9 \u00abThe Times They Are A-Changin'\u00bb, cuxa letra reproduzo no libro.<\/p>\n<p>Se fixen isto foi por estar convencido de que o seu contido se axeitaba \u00e1 perfecci\u00f3n \u00e1 encrucillada hist\u00f3rica que eu narraba. Que a canci\u00f3n ti\u00f1a vontade de futuro v\u00e9molo m\u00e1is claro agora, cando pasaron cincuenta anos da s\u00faa creaci\u00f3n, pois parece escrita xusto para esta d\u00e9cada e pico que levamos do s\u00e9culo XXI. Non \u00e9 casualidade que nun blog relacionado co movemento do 15-M se fale de \u201c<a title=\"Blog Hipers\u00f3nica\" href=\"http:\/\/www.hipersonica.com\/listas\/cinco-canciones-para-encender-la-democracia\" target=\"_blank\">Cinco canciones para encender la democracia<\/a>\u201d e a primeira delas sexa, precisamente, a de Bob Dylan.<\/p>\n<p>E tampouco non debe ser casualidade que nos t\u00edtulos de cr\u00e9dito de <a title=\"Ficha de Watchmen\" href=\"http:\/\/www.filmaffinity.com\/es\/film267002.html\" target=\"_blank\"><em>Watchmen<\/em><\/a>, a pel\u00edcula de Zack Snyder baseada no c\u00f3mic hom\u00f3nimo de Alan Moore e Dave Gibbons (non ha tardar en aparecer neste blog),\u00a0 que nos presenta un mundo paralelo alternativo ao noso, a canci\u00f3n que escoitamos sexa The Times They Are A-Changin&#8217;:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/tu.tv\/iframe\/755719\/\" frameborder=\"0\" scrolling=\"no\" width=\"100%\" height=\"377\"><\/iframe><\/p>\n<p>Este tema inesquecible de Dylan co\u00f1eceu moit\u00edsimas versi\u00f3ns. Aqu\u00ed podemos escoitar as de <a title=\"Versi\u00f3n de The Byrds\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=uq4pe0cKQc0\" target=\"_blank\">The Byrds<\/a> (que tanta relaci\u00f3n tiveron coa obra de Bob Dylan, eles popularizaron o <a title=\"Byrds canta Mr. Tambourine Man\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=uPqAvgN6Tyw\" target=\"_blank\">Mr. Tambourine Man<\/a>), <a title=\"Versi\u00f3n de B. S.\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=tbGwGUARUi0\" target=\"_blank\">Bruce Springteen<\/a> ou <a title=\"Versi\u00f3n a capella de Joan Baez\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=Pgz_2X82Xbc\" target=\"_blank\">Joan Baez<\/a>, aqu\u00ed nunha versi\u00f3n <em>a capella<\/em>. Por certo, a letra da canci\u00f3n (con influencias claras de Bertolt Brecht), pode <a title=\"Letra da canci\u00f3n\" href=\"http:\/\/www.bobdylan.com\/us\/songs\/times-they-are-changin\" target=\"_blank\">lerse aqu<\/a>\u00ed.<\/p>\n<p>E esta \u00e9 a versi\u00f3n galega que inclu\u00edn n\u2019<em>O centro do labirinto<\/em>:<\/p>\n<p><strong>Os tempos est\u00e1n a cambiar<\/strong><\/p>\n<p>Vide, xente, onde queira que esteades<br \/>\nxunt\u00e1devos aqu\u00ed<br \/>\ne admitide que as augas<br \/>\nmedraron ao redor voso<br \/>\ne que axi\u00f1a estaredes<br \/>\nmollados ara os \u00f3sos.<br \/>\nSe queredes salvar a vosa \u00e9poca<br \/>\n\u00e9 mellor que comecedes a nadar<br \/>\nou afundiredes coma pedras<br \/>\nporque os tempos est\u00e1n a cambiar.<\/p>\n<p>Vide, escritores e cr\u00edticos<br \/>\nque profetizades coa vosa pluma,<br \/>\ntede os ollos ben abertos<br \/>\nnon haber\u00e1 outra oportunidade.<br \/>\nNon faledes antes de tempo<br \/>\nporque a\u00ednda xira a roda<br \/>\ne non di quen vai ga\u00f1ar,<br \/>\nporque quen agora perde<br \/>\nma\u00f1\u00e1 ser\u00e1 quen tri\u00fanfe<br \/>\nporque os tempos est\u00e1n a cambiar.<\/p>\n<p>Vide, senadores e deputados,<br \/>\npor favor, escoitade a chamada,<br \/>\nnon vos quededes nos corredores,<br \/>\nnon atranquedes a porta.<br \/>\nPorque resultar\u00e1 ferido<br \/>\naquel que se opo\u00f1a.<br \/>\nUnha batalla furiosa<br \/>\nest\u00e1 a chegar<br \/>\ne axi\u00f1a han tremer as vosas fiestras<br \/>\ne derrubarse os voso muros,<br \/>\nporque os tempos est\u00e1n a cambiar.<\/p>\n<p>Vide, pais e nais<br \/>\nde todo o pa\u00eds,<br \/>\nnon critiquedes<br \/>\no que non podedes entender.<br \/>\nOs vosos fillos e fillas<br \/>\nest\u00e1n lonxe do voso control,<br \/>\no voso vello cami\u00f1o<br \/>\nest\u00e1 acabado.<br \/>\nPor favor,<br \/>\ndeix\u00e1delle paso ao novo<br \/>\nse non podedes botar unha man,<br \/>\nporque os tempos est\u00e1n a cambiar.<\/p>\n<p>Est\u00e1 trazada a li\u00f1a<br \/>\nest\u00e1 marcado o destino,<br \/>\ne agora os lentos<br \/>\nvan correr coma as lebres.<br \/>\nO que agora \u00e9 presente<br \/>\nma\u00f1\u00e1 ha ser pasado,<br \/>\na orde<br \/>\nest\u00e1 acabada<br \/>\ne os primeiros de agora<br \/>\nser\u00e1n os derradeiros de ma\u00f1\u00e1,<br \/>\nporque os tempos est\u00e1n a cambiar.<\/p>\n<p>(A foto inicial deste post amosa un membro do Ku Klux Klan nunha das s\u00faas ceremonias. O KKK defende a supremac\u00eda branca e foi o m\u00e1is feroz opositor ao movemento polos dereitos civ\u00eds.)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>The Times They Are A-Changin&#8217; (1964), de Bob Dylan Hai case 50 anos A\u00ednda que The Times They Are A-Changin&#8217;, o terceiro LP de Bob Dylan, apareceu en 1964 (supo\u00f1o que a Espa\u00f1a chegar\u00eda un ano ou dous despois, non o sei), eu non souben del ata ben m\u00e1is tarde. Escoitara algunha vez pola radio [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8133,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-8147","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8147","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8147"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8147\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8133"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8147"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8147"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8147"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}