{"id":8014,"date":"2013-01-05T17:02:10","date_gmt":"2013-01-05T15:02:10","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/?p=8014"},"modified":"2013-01-11T13:11:31","modified_gmt":"2013-01-11T11:11:31","slug":"un-conto-de-nadal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/un-conto-de-nadal\/","title":{"rendered":"Un conto de Nadal"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"color: #800000;\">Al\u00f3 polo 20 de decembro, un xornalista de <em>La Voz de Galicia<\/em> pediume un conto de Nadal que, finalmente, apareceu publicado na contraportada do diario do d\u00eda 23, cunha ilustraci\u00f3n de Abraldes. Aceptar a encarga foi un atrevemento, porque prefiro sempre escribir o que me pida o corpo e porque nun conto deste tipo est\u00e1 sempre presente o perigo de caer en sentimentalismos baleiros. E por riba, xaora, a conciencia de que fican inalcanzables os modelos que un admira (os de Dickens ou <em>O conto de Nadal de Auggie Wren<\/em>, de Paul Auster). Transcribo agora aqu\u00ed, xusto cando remata este tempo de celebraci\u00f3n do solsticio, a versi\u00f3n que finalmente se publicou, tras recortar varias veces un texto m\u00e1is longo (a petici\u00f3n inclu\u00eda non pasar dos 4000 caracteres)<\/span>.<\/p>\n<p align=\"center\">UN CONTO DE NADAL<\/p>\n<p>Desde o alto, distinguiu unha aglomeraci\u00f3n de xente arredor dun edificio inundado de luces. Un lugar ideal para iniciar a investigaci\u00f3n que o tra\u00eda \u00e1 Terra. Seleccionou unha persoa que permanec\u00eda inm\u00f3bil e introduciuse nela.<\/p>\n<p>O home non notou nada, ag\u00e1s un lixeiro calafr\u00edo que atribu\u00edu ao aire x\u00e9lido daquela tarde. A translaci\u00f3n funcionara sen problemas, e Xhantl foi asimilando aos poucos a nova realidade. Estaba na Terra, no interior dun humano, e experimentaba por vez primeira a estra\u00f1a sensaci\u00f3n de ser el e, ao tempo, ser outro diferente.<\/p>\n<p>A persoa cham\u00e1base Moncho e levaba m\u00e1is de tres horas de p\u00e9, diante daquelas portas polas que entraba e sa\u00eda un r\u00edo de xente. Os que marchaban, cargados de bolsas e paquetes, pasaban ao seu car\u00f3n sen repararen nel. S\u00f3 algu\u00e9n, de cando en vez, depositaba unha moedas no bote que sosti\u00f1a na man dereita.<\/p>\n<p>Xhantl ficou abraiado coa fervenza de sensaci\u00f3ns e sentimentos que Moncho albergaba. Cansazo, fr\u00edo, dor nos p\u00e9s. Desexo de berrar, de rebelarse ante aquela exhibici\u00f3n de riqueza. Vergonza de se atopar al\u00ed. De sentir as olladas de desprezo, ou de noxo, ou de indiferenza, ou de m\u00e1goa, que de todo hab\u00eda. A amarga sensaci\u00f3n de invisibilidade, de non ser ningu\u00e9n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Comezaba a empardecer, e decidiu marchar. De cami\u00f1o, pasou por unha praza onde alg\u00fans adolescentes colocaran un gran cartel, \u00c1RBORE DOS DESEXOS, ao p\u00e9 dunha moreira que estend\u00eda xenerosa as s\u00faas p\u00f3las espidas. Invitaban a canta persoa pasaba a escribir un desexo nunha tarxeta e pendurala logo da \u00e1rbore.<\/p>\n<p>Tras uns momentos de d\u00fabida, Moncho achegouse ao banco onde unha rapaza sosti\u00f1a unha caixa con tarxetas de cores rechamantes. Colleu unha de cor verde e escribiu cun rotulador o seu maior desexo. E despois pendurouna nunha p\u00f3la da \u00a0moreira; cuberta de follas de cores, a \u00e1rbore experimentaba unha inesperada primavera.<\/p>\n<p>Xhantl achegouse e leu alg\u00fans daqueles desexos: \u00abQue non haxa ningu\u00e9n sen casa\u00bb, \u00abQue os poderosos deixen de roubarnos\u00bb, \u00abQuero ter un can como Mil\u00fa\u00bb, \u00abTraballo digno para todos\u00bb&#8230;<\/p>\n<p>A rapaza do banco irradiaba alegr\u00eda, cun sorriso permanente nos ollos e nos labios. Xhantl non o dubidou: abandonou a Moncho e, nun instante fugaz, mudou para o interior de Sara. O entusiasmo e as ganas de vivir bul\u00edan no corpo daquela moza. Que ben, experimentar a calor que d\u00e1 a alegr\u00eda!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Alg\u00fan tempo despois, os mozos recolleron as cousas e acordaron marchar. Un reloxo luminoso marcaba as nove, e tam\u00e9n a data daquel d\u00eda: \u00ab24, decembro\u00bb. Cami\u00f1o da casa de Sara, coas r\u00faas cada vez m\u00e1is baleiras, Xhantl observou unha especial animaci\u00f3n nun baixo comercial onde os carteis de AL\u00daGASE case tapaban os vidros dos escaparates. Non o pensou m\u00e1is: o extraterrestre afastouse de Sara e introduciuse no corpo de Paulo, un home de pelo roxo que falaba con expresi\u00f3n animada.<\/p>\n<p>As seis persoas que al\u00ed se reuniran afan\u00e1banse en arranxar o sitio, estendendo cart\u00f3ns no chan e, por riba deles, uns colch\u00f3ns e os sacos de durmir. No centro, d\u00faas caixas da froita, sobre as que colocaran os alimentos e bebidas daquela noite.<\/p>\n<p>A luz dun c\u00e1mping gas iluminaba aqueles rostros, m\u00e1is animados conforme transcorr\u00edan os minutos. Cearon, beberon, riron; e cantaruxaron en voz baixa, non quer\u00edan que ning\u00fan polic\u00eda lles vi\u00f1ese estragar a noite.<\/p>\n<p>&#8211;Logo hoxe non queredes alg\u00fan conto? \u2013preguntou Paulo.<\/p>\n<p>Os outros xa deb\u00edan saber da s\u00faa arte, porque se meteron nos sacos de durmir e se acomodaron sobre os colch\u00f3ns. F\u00edxose o silencio e as palabras comezaron a agromar da boca de Paulo:<\/p>\n<p>&#8211;Isto pasou nun lugar preto de Fisterra. Viv\u00eda al\u00ed unha muller que&#8230;<\/p>\n<p>O relato flu\u00eda cada vez con maior lixeireza e iluminaba os ollos de todos. E Xhantl, fascinado ante aquela fervenza de palabras, comprendeu\u00a0 por fin por que os cient\u00edficos do seu planeta se interesaban tanto polos habitantes da Terra. Posu\u00edan o don marabilloso de imaxinar, de crear outros mundos e novas vidas por medio das palabras. Si, ficar\u00eda no corpo de Paulo, aprendendo aquela habilidade marabillosa: o engado das historias, a maxia das palabras que ani\u00f1a \u2013durmida, \u00e1s veces\u2014no interior de todas as persoas.<\/p>\n<p>A versi\u00f3n publicada en La Voz de Galicia pode <a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/conto_de_Nadal3.pdf\" title=\"Ler o conto\">lerse aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>(A fotograf\u00eda deste post \u00e9 de Petter Palander e publicouse na revista dixital <em>Materia<\/em>)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Al\u00f3 polo 20 de decembro, un xornalista de La Voz de Galicia pediume un conto de Nadal que, finalmente, apareceu publicado na contraportada do diario do d\u00eda 23, cunha ilustraci\u00f3n de Abraldes. Aceptar a encarga foi un atrevemento, porque prefiro sempre escribir o que me pida o corpo e porque nun conto deste tipo est\u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8001,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-8014","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8014","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8014"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8014\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8001"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8014"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8014"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8014"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}