{"id":7967,"date":"2012-12-14T15:41:51","date_gmt":"2012-12-14T13:41:51","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/ordet-un-milagre-cinematografico-2\/"},"modified":"2012-12-20T15:00:14","modified_gmt":"2012-12-20T13:00:14","slug":"ordet-un-milagre-cinematografico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/ordet-un-milagre-cinematografico\/","title":{"rendered":"\u00abOrdet\u00bb: un milagre cinematogr\u00e1fico"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"color: #800080;\"><em><strong>Ordet<\/strong><\/em> (1955), de Carl Theodor Dreyer<\/span><\/p>\n<p>Deb\u00eda de ser o ano 1964, non o sei con exactitude. Eu estaba interno na Universidade Laboral de Xix\u00f3n, que contaba cunha sala de cine magn\u00edfica e cunha pantalla de grandes dimensi\u00f3ns. Ti\u00f1amos proxecci\u00f3n todos os domingos; unha pel\u00edcula das do circu\u00edto comercial, era un dos mellores momentos da semana. Tam\u00e9n ti\u00f1amos cine os xoves pola tarde, pero ese d\u00eda adoitaban proxectar tres ou catro documentais sobre os temas m\u00e1is variados.<\/p>\n<p>Unha tarde sucedeu un feito extraordinario. Avis\u00e1ronnos de que \u00eda haber unha proxecci\u00f3n especial (unha pel\u00edcula \u201cdistinta\u201d, en versi\u00f3n orixinal) e que eramos libres de asistirmos ou non. Al\u00e1 fun, xaora: por rara que fose, era unha pel\u00edcula e pagar\u00eda a pena vela.<\/p>\n<p>Con todos acomodados nas butacas, un dos xesu\u00edtas (non lembro quen) informounos de que iamos ver unha pel\u00edcula danesa, que se chamaba <em>Ordet<\/em> (<em>A palabra<\/em>) e que estaba falada en dan\u00e9s. Era unha copia que ti\u00f1a subt\u00edtulos en franc\u00e9s e, para pod\u00e9rmola seguir, unha muller \u00eda estar, micr\u00f3fono en man, traduc\u00edndonos ao castel\u00e1n os subt\u00edtulos a medida que aparec\u00edan na pantalla.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-7952\" title=\"Ordet (4)\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Ordet-4.jpg\" alt=\"\" width=\"187\" height=\"269\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Ordet-4.jpg 187w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Ordet-4-110x158.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 187px) 100vw, 187px\" \/>E as\u00ed foi como vin por ver primeira a extraordinaria <em>Ordet<\/em>, de Carl Theodor Dreyer, un dos grandes directores europeos.<br \/>\nEu daquela non sab\u00eda nada del, tardar\u00eda anos en ver outras obras s\u00faas, como <em>Gertrud<\/em>, \u00a0a inesquecible <em>A paix\u00f3n de Xoana de Arco<\/em> ou <em>Vampyr<\/em>. E tampouco non sab\u00eda que <a title=\"Ficha t\u00e9cnica de Ordet\" href=\"http:\/\/www.filmaffinity.com\/es\/film489524.html\" target=\"_blank\"><em>Ordet<\/em> <\/a>acadara o Le\u00f3n de Ouro \u00e1 mellor pel\u00edcula no festival de Venecia de 1955. Tanto ti\u00f1a: malia ser a primeira vez que me enfrontaba a unha pel\u00edcula subtitulada, malia a voz daquela muller resoando na escuridade da sala, as imaxes caus\u00e1ronme unha conmoci\u00f3n interior, pois <a title=\"Cr\u00edtica en Off-Off-Cr\u00edtica\" href=\"http:\/\/www.laoffoffcritica.com\/criticas\/cr20050918.html\" target=\"_blank\">eran diferentes a todo canto vira <\/a>ata daquela e posu\u00edan unha forza que as fac\u00eda pr\u00f3ximas e verdadeiras.<br \/>\nSupo\u00f1o que quen organizou aquela proxecci\u00f3n (como conseguir\u00edan a copia?) o fixo en boa medida porque se trataba dunha pel\u00edcula que aborda un tema relixioso e que ten como secuencia central o milagre dunha resurrecci\u00f3n, unha marabilla. Como di o cr\u00edtico <a title=\"Cr\u00edtica de J.A. Souto\" href=\"http:\/\/www.miradas.net\/2005\/n40\/estudio\/ordet.html\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 Antonio Souto<\/a>, \u201cA s\u00faa harmon\u00eda art\u00edstica, a s\u00faa profunda carga po\u00e9tica, unidas \u00e1 s\u00faa capacidade de emocionar, el\u00e9vaa \u00e1 categor\u00eda de milagre cinematogr\u00e1fico. \u00c9 in\u00fatil expresar en palabras aquilo que a pel\u00edcula mostra coas s\u00faas fermosas imaxes.\u201d<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/E-f8xv2lzw4?rel=0\" frameborder=\"0\" width=\"420\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p>Mais o que quedou para sempre na mi\u00f1a cabeza non foi o argumento (cunha intensa historia de amor) nin as cuesti\u00f3ns teol\u00f3xicas que nel se dilucidaban. Non; o que a\u00ednda permanece dentro de min \u00e9 a imaxe da herba varrida polo vento ou unha voz a chamar polo protagonista: \u201cJohannes!, Johannes!\u201d, mentres a pantalla nos amosa as paisaxes esgrevias e venteadas do rural dan\u00e9s.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ordet (1955), de Carl Theodor Dreyer Deb\u00eda de ser o ano 1964, non o sei con exactitude. Eu estaba interno na Universidade Laboral de Xix\u00f3n, que contaba cunha sala de cine magn\u00edfica e cunha pantalla de grandes dimensi\u00f3ns. Ti\u00f1amos proxecci\u00f3n todos os domingos; unha pel\u00edcula das do circu\u00edto comercial, era un dos mellores momentos da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":7964,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-7967","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7967","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7967"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7967\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7964"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7967"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7967"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7967"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}