{"id":7920,"date":"2012-12-07T12:35:38","date_gmt":"2012-12-07T10:35:38","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/ardalen-excepcional-e-inesgotable-2\/"},"modified":"2013-03-29T14:49:48","modified_gmt":"2013-03-29T12:49:48","slug":"ardalen-excepcional-e-inesgotable","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/ardalen-excepcional-e-inesgotable\/","title":{"rendered":"\u00abArdal\u00e9n\u00bb: excepcional e inesgotable"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"color: #800080;\"><strong><em>Ardal\u00e9n<\/em><\/strong><em>, de Miguelanxo Prado (2012)<\/em><\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 60px;\">\u00ab\u00c9 este vento, o Ardal\u00e9n, que v\u00e9n do outro lado do oc\u00e9ano, chega cargado de recordos doutras vidas\u2026 doutras mortes. Hai quen, coma ti, se enchoupa como esponxa deses recordos alleos.\u00bb<\/p>\n<p>Pido desculpas, porque vou incumprir unha das regras que me impuxen na primeira entrada deste blog (<a title=\"Intenci\u00f3ns \" href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/intencions\/\" target=\"_blank\">Intenci\u00f3ns<\/a>). Al\u00ed promet\u00edn non falar de obras actuais, sen\u00f3n das que me foron marcando ao longo da vida. Mais hoxe fago unha excepci\u00f3n. E f\u00e1goa porque son moi escasas as ocasi\u00f3ns en que un se atopa ante unha obra de arte absoluta, como \u00e9 o <em>Ardal\u00e9n<\/em> que <a title=\"P\u00e1xina web de Miguelanxo Prado\" href=\"http:\/\/www.miguelanxoprado.com\/index.php?idIdi=2\" target=\"_blank\">Miguelanxo Prado<\/a> v\u00e9n de publicar, <a title=\"Edici\u00f3n galega de Ardal\u00e9n\" href=\"http:\/\/www.elpatitoeditorial.com\/gl\/ardalen\" target=\"_blank\">no orixinal galego <\/a>e na <a title=\"Edici\u00f3n castel\u00e1 de Ardal\u00e9n\" href=\"http:\/\/www.normaeditorial.com\/ficha.asp?0\/0\/012059015\/0\/ardalen\" target=\"_blank\">traduci\u00f3n ao castel\u00e1n<\/a>.<\/p>\n<p>Co\u00f1ezo bastante ben a historia dos c\u00f3mics e sei que, xa desde os primeiros anos apareceron obras senlleiras (chega con dicir que <a title=\"Little Nemo\" href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Little_Nemo_in_Slumberland\" target=\"_blank\"><em>Little Nemo in Slumberland<\/em><\/a>, de Winsor McCay, que <a title=\"Doodle dedicado a Little Nemo\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=aWQV_w6AcJE\" target=\"_blank\">Google v\u00e9n de homenaxear<\/a> hai pouco, \u00e9 de 1905). E sei que nestas \u00faltimas d\u00e9cadas apareceron obras extraordinarias, cada unha no seu estilo: desde <a title=\"Sobre Maus\" href=\"http:\/\/www.guiadelcomic.com\/comics\/maus.htm\" target=\"_blank\"><em>Maus<\/em><\/a> (1991) de Art Spiegelman ata <a title=\"Artigo de an\u00e1lise sobre Watchmen\" href=\"http:\/\/www.yeray-muaddib.com\/watchmen\/\" target=\"_blank\"><em>Watchmen<\/em><\/a> (1987) de Alan Moore e Dave Gibbons, pasando por <a title=\"MAP fala de Trazo de Xiz\" href=\"http:\/\/praza.com\/cultura\/924\/ltrazo-de-xiz-foi-un-libro-desequilibrante-hoxe-entraria-na-normalidade-do-comic-pero-daquela-furaba-en-cuestions-que-estaban-en-cueirosr\/\" target=\"_blank\"><em>Trazo de xiz<\/em> <\/a>(1992) de Miguelanxo Prado.<\/p>\n<p>Mais <em>Ardal\u00e9n<\/em> \u00e9 outra cousa, representa un salto cualitativo que sit\u00faa a linguaxe da banda dese\u00f1ada nunha nova dimensi\u00f3n. No mesmo xeito que hai novelas e pel\u00edculas que marcan un antes e un despois na historia da literatura ou do cine (e penso n\u2019<em>O Proceso<\/em> de Kafka ou no <em>Cidad\u00e1n Kane<\/em> de Welles) tam\u00e9n <em>Ardal\u00e9n<\/em> o fai no \u00e1mbito da novela gr\u00e1fica.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-7918\" title=\"(Patito)_Ardalen\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Patito_Ardalen2.jpg\" alt=\"\" width=\"217\" height=\"296\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Patito_Ardalen2.jpg 217w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Patito_Ardalen2-110x150.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 217px) 100vw, 217px\" \/>Non afirmo isto pola calidade pl\u00e1stica das imaxes, dunha beleza fascinante, tanto que nos seguir\u00edan abraiando se os textos estivesen en fin\u00e9s ou en suahili. Co\u00f1ecendo a mestr\u00eda de MAP e os \u00e1lbums anteriores da s\u00faa traxectoria, un xa agarda subir un chanzo m\u00e1is en cada nova obra.<\/p>\n<p>Ademais do anterior, onde creo que MAP consegue un resultado excepcional \u00e9 na estrutura da historia que nos conta e no manexo do material narrativo. En <a title=\"P\u00e1xina de Ardal\u00e9n, en Norma Editorial\" href=\"http:\/\/www.normaeditorial.com\/Ardalen\/index.html\" target=\"_blank\"><em>Ardal\u00e9n<\/em><\/a> v\u00e1nsenos presentando retallos da historia dunhas vidas, de xeito que cada un nos ofrece un anaco que nos permite ir configurando o marco dun relato complexo onde a fantas\u00eda e a realidade cami\u00f1an \u00e1 par e se enguedellan dun xeito progresivo, a medida que imos descubrindo as m\u00faltiples capas e reviravoltas que a historia encerra.<\/p>\n<p>Como na Comala de <a title=\"Sobre Pedro P\u00e1ramo\" href=\"http:\/\/literatura.about.com\/od\/obras\/fr\/Pedro-Paramo.htm\" target=\"_blank\"><em>Pedro P\u00e1ramo<\/em><\/a>, coa que ten m\u00e1is dun punto de contacto, tampouco aqu\u00ed nada \u00e9 o que parece. Os breves e iluminadores flash backs, as\u00ed como os variados documentos \u201cobxectivos\u201d que se ofrecen (entrevistas, expedientes de depuraci\u00f3n, sentenzas xudiciais, pasaxes de barco, informaci\u00f3ns meteorol\u00f3xicas, curiosidades cient\u00edficas\u2026), perm\u00edtennos ir configurando o cadro completo, se \u00e9 que iso \u00e9 posible nunha obra que descobre m\u00e1is e m\u00e1is detalles en cada nova lectura.<\/p>\n<p>Ser\u00eda certo dicir que <em>Ardal\u00e9n<\/em> \u00e9 <a title=\"Entrevista con MAP sobre Ardal\u00e9n\" href=\"http:\/\/www.normaeditorial.com\/Ardalen\/entrevista.html\" target=\"_blank\">unha indagaci\u00f3n sobre a memoria<\/a>, sobre a certeza de que ela \u00e9 quen nos configura, sobre as lembranzas e os esquecementos\u2026 Mais ser\u00eda incompleto, porque esta novela gr\u00e1fica cont\u00e9n personaxes inesquecibles (Sabela, Fidel, Celia, Rosal\u00eda\u2026), cada un coa s\u00faa historia e coa s\u00faa visi\u00f3n do mundo, cada un coma un r\u00edo que acaba conflu\u00edndo no r\u00edo principal. Non \u00e9 un ensaio, \u00e9 unha narraci\u00f3n encarnada nesas vidas.<\/p>\n<p>A historia transcorre nunha aldea, nas monta\u00f1as do sur de Lugo, o lugar a onde chega Sabela, unha muller de cidade, na procura dalg\u00fan rastro do seu av\u00f3 materno. Nada contarei aqu\u00ed desta narraci\u00f3n que, desde ese centro do mundo, se vai expandindo no tempo ata abranguer todo o s\u00e9culo XX e no espazo, coa presenza dos pa\u00edses da emigraci\u00f3n galega, como Cuba ou Venezuela. Quen desexe saber m\u00e1is, <a title=\"Ardal\u00e9n, na web de MAP\" href=\"http:\/\/www.miguelanxoprado.com\/index.php?s=33&amp;cat=su&amp;PHPSESSID=be5b842665977f0e8161cb84a4a6af95&amp;su=63\" target=\"_blank\">ten lugares dabondo<\/a> para se <a title=\"Informaci\u00f3n en Norma\" href=\"http:\/\/www.normaeditorial.com\/Ardalen\/\" target=\"_blank\">informar<\/a>.<\/p>\n<p>O que quero salientar \u00e9 unha verdade esencial. A idea de que s\u00f3 se \u00e9 universal desde a asunci\u00f3n decidida das propias ra\u00edces \u00e9 clave en <em>Ardal\u00e9n<\/em>. Unha narraci\u00f3n profundamente galega, que percorre a nosa historia, que fala mesmo da diglosia profunda que padeceu a lingua, conv\u00e9rtese nunha obra que ha chegar ao coraz\u00f3n de calquera persoa, por moi afastado que sexa o pa\u00eds onde viva. Porque fala da vida e dos sentimentos e paix\u00f3ns que todos compartimos, e cousas as\u00ed non saben de fronteiras.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-7911\" title=\"Ardalen (1) baixa\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Ardalen-1-baixa.jpg\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"486\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Ardalen-1-baixa.jpg 500w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Ardalen-1-baixa-300x291.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Ardalen-1-baixa-36x36.jpg 36w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Ardalen-1-baixa-450x437.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/12\/Ardalen-1-baixa-110x106.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/p>\n<p>Poderiamos seguir indefinidamente, d\u00e1 m\u00e1goa par\u00e1rmonos aqu\u00ed, cando queda todo por dicir desta<a title=\"Reflexi\u00f3ns de Rub\u00e9n Santamarta\" href=\"http:\/\/blogs.lavozdegalicia.es\/comic\/2012\/11\/19\/sobre-el-vaho-de-la-memoria\/\" target=\"_blank\"> obra inesgotable<\/a>. A importancia da paisaxe, deses montes outonizos de luz fr\u00eda, tan distinta da luz dos portos do Caribe. A soberbia planificaci\u00f3n das p\u00e1xinas e o uso admirable das elipses narrativas. As delicadas transici\u00f3ns entre a realidade e as lembranzas, ou entre o real e o fant\u00e1stico. E as baleas, esas baleas inmensas que cantan entre os eucaliptos e voan maxestosas cada vez que sopra o Ardal\u00e9n&#8230; Esas baleas!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>AMPLIACI\u00d3N (29-3-2013): En <em>Sermos Galiza<\/em> aparece <a title=\"Entevista en Sermos Galiza\" href=\"http:\/\/www.sermosgaliza.com\/artigo\/cultura\/-a-variedade-estilistica-e-tematica-fai-do-comic-galego-o-mais-rico-do-estado\/20130329103716013079.html\" target=\"_blank\">unha moi boa entrevista<\/a> con MAP, logo de que <em>Ardal\u00e9n<\/em> recibise o premio das librar\u00edas ao mellor \u00e1lbum editado en Espa\u00f1a no 2012.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ardal\u00e9n, de Miguelanxo Prado (2012) \u00ab\u00c9 este vento, o Ardal\u00e9n, que v\u00e9n do outro lado do oc\u00e9ano, chega cargado de recordos doutras vidas\u2026 doutras mortes. Hai quen, coma ti, se enchoupa como esponxa deses recordos alleos.\u00bb Pido desculpas, porque vou incumprir unha das regras que me impuxen na primeira entrada deste blog (Intenci\u00f3ns). Al\u00ed promet\u00edn [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":7903,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-7920","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7920","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7920"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7920\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7903"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7920"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7920"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7920"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}