{"id":5767,"date":"2012-09-13T15:43:47","date_gmt":"2012-09-13T13:43:47","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/manifesto-dia-da-biblioteca-2\/"},"modified":"2013-10-21T16:03:39","modified_gmt":"2013-10-21T14:03:39","slug":"manifesto-dia-da-biblioteca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/manifesto-dia-da-biblioteca\/","title":{"rendered":"Onde hai unha biblioteca hai unha luz"},"content":{"rendered":"<p><strong><em>Manifesto escrito con motivo da celebraci\u00f3n do D\u00eda da Biblioteca no ano 2008. Este texto publicouse en forma de cartel, ilustrado por Xos\u00e9 Cobas.<\/em><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4 style=\"text-align: center;\"><strong>Onde hai unha biblioteca hai unha luz<\/strong><\/h4>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>ABRE AS PORTAS e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste \u00e1mbito onde cada palabra \u00e9 un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, d\u00e9ixate levar polo r\u00edo de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca.<\/p>\n<p>Estamos nun lugar especial, ser\u00eda imposible confundilo. Desde o ceo debe de verse como un punto de luz brillando coa intensidade maior, como un aleph que cont\u00e9n a memoria e os so\u00f1os da humanidade. Unha luz, si. Unha luz que escintila coma un faro entre as tebras, co r\u00edtmico latexar dun coraz\u00f3n inmenso que expande ondas de liberdade e de esperanza polo territorio que a circunda.<\/p>\n<p>Quizais poderiamos seguir vivindo se nos faltase este aire que fai vibrar todas as c\u00e9lulas do noso corpo, se cadra as persoas continuariamos coa nosa existencia rutineira se non existise a biblioteca, mais alg\u00fan lugar decisivo ficar\u00eda baleiro no noso coraz\u00f3n.<\/p>\n<p>Faltar\u00edanos a enerx\u00eda que nos fai desexar unha vida mellor, unha cidadan\u00eda m\u00e1is libre, unha sociedade m\u00e1is xusta. Doer\u00edanos non escoitar a voz das persoas que sufriron a historia e a das que a sofren agora mesmo; ser\u00eda insoportable o\u00edr s\u00f3 as palabras dos que tentan dirixir e controlar as nosas vidas.<\/p>\n<p>Para que isto non suceda, abre as portas e entra. \u00c1breas sempre, todas as portas, pois cada vez que o fas incorp\u00f3raste ao r\u00edo subterr\u00e1neo que alimenta a biblioteca, ao torrente de liberdade que a fai vivir e lle d\u00e1 azos renovados.<\/p>\n<p>ABRE OS LIBROS e merg\u00fallate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as s\u00faas p\u00e1xinas. D\u00e9ixate arrastrar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes. Non esquezas nunca o abraio que experimentamos nos anos da infancia, cando se nos revela a dimensi\u00f3n m\u00e1xica que te\u00f1en as palabras e descubrimos que as p\u00e1xinas dos libros poden conter o mundo enteiro.<\/p>\n<p>Como as labregas que se afanan na rebusca de espigas entre os regos despois da ceifa, tam\u00e9n os escritores recollen as palabras unha a unha e elaboran con elas o humilde pan dos seus textos. Deste xeito fan que cheguen ata n\u00f3s, sempre novas e sempre sorprendentes, pois os libros pos\u00faen a ins\u00f3lita capacidade de revivir e reinventarse en cada nova lectura.<\/p>\n<p>Todas as persoas necesitamos as historias, os so\u00f1os, as palabras, talvez sexa unha caracter\u00edstica inscrita no ADN da humanidade. Necesit\u00e1molas coma o comer, como beber auga, xaora que si. Para entendermos o mundo e para entendernos a n\u00f3s mesmos, para so\u00f1ar outros destinos, para loar os dons que a vida nos d\u00e1. Sabemos que non poderiamos vivir sen o alento da imaxinaci\u00f3n e da creatividade, sen as palabras que expresan a variedade e a beleza dos nosos desexos e dos nosos sentimentos.<\/p>\n<p>Por todo iso, abramos os libros. Eles conte\u00f1en os so\u00f1os, as paix\u00f3ns, os medos, os amores, as risas. Nas<\/p>\n<p>s\u00faas paxinas habita a inmensa variedade de sentimentos e experiencias da humanidade, das persoas que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. Os libros: r\u00edos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implic\u00e1rmonos na transformaci\u00f3n do mundo.<\/p>\n<p>ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai m\u00e1is intensa cando medran as persoas que a incorporan \u00e1s s\u00faas vidas. As mesmas persoas que logo, ao sa\u00edren por r\u00faas e prazas, levar\u00e1n canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que alg\u00fan d\u00eda faremos agromar. Un mundo m\u00e1is solidario, m\u00e1is plural, m\u00e1is culto, m\u00e1is xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, sen\u00f3n as palabras m\u00faltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa com\u00fan que \u00e9 o noso planeta.<\/p>\n<p><em>Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>ARQUIVOS PARA DESCARGA:<\/strong><br \/>\n<a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/cartel_dia_biblioteca.pdf\">cartel_dia_biblioteca<\/a><br \/>\n<a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/dia-da-biblioteca-galego.pdf\">dia-da-biblioteca-galego<\/a><br \/>\n<a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/dia-da-biblioteca-castellano.pdf\">dia-da-biblioteca-castellano<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Manifesto escrito con motivo da celebraci\u00f3n do D\u00eda da Biblioteca no ano 2008. Este texto publicouse en forma de cartel, ilustrado por Xos\u00e9 Cobas. &nbsp; Onde hai unha biblioteca hai unha luz ABRE AS PORTAS e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste \u00e1mbito onde cada palabra \u00e9 un don que recibimos como [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[40],"tags":[],"class_list":["post-5767","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-ensayos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5767","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5767"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5767\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5767"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5767"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5767"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}