{"id":5706,"date":"2012-09-13T10:27:48","date_gmt":"2012-09-13T08:27:48","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/desde-outra-mirada-2\/"},"modified":"2013-04-22T19:07:25","modified_gmt":"2013-04-22T17:07:25","slug":"desde-outra-mirada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/desde-outra-mirada\/","title":{"rendered":"Desde outra mirada"},"content":{"rendered":"<p><strong><em>Ensaio publicado na revista <\/em>\u00c1lbum de mulleres<em>, na web do Consello da Cultura Galega (2-4-2010).<\/em><\/strong><\/p>\n<h4>Desde outra mirada<\/h4>\n<p>Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz<\/p>\n<p><strong>1. Na procura dos f\u00edos da vida\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda que se exprese con imaxes e met\u00e1foras diversas, a idea de que a escrita se constr\u00fae cos f\u00edos da vida aparece de xeito reiterado nas reflexi\u00f3ns de moitos autores. Tam\u00e9n no meu caso, xaora1. As\u00ed que, se quero explicar por que moitos dos meus libros est\u00e1n protagonizados por mulleres ou rapazas e por que adoito crear voces narradoras femininas cando emprego a narraci\u00f3n en primeira persoa, debo indagar nas mi\u00f1as experiencias e atopar os f\u00edos que axuden a entendelo.<\/p>\n<p>Non saber\u00eda dicir ben en que momento da mi\u00f1a vida comecei a interesarme polo papel das mulleres na sociedade, as\u00ed como sobre a inxusta situaci\u00f3n que soportaban. Rebuscando na memoria para a elaboraci\u00f3n deste texto, o primeiro que lembro \u00e9 o impacto que me produciu a lectura do libro La mujer en Espa\u00f1a2. Impresion\u00e1rame tanto que, cos escasos cartos dos que daquela dispu\u00f1a, mercara dous exemplares m\u00e1is para llelos agasallar a d\u00faas persoas que daquela eran moi boas amigas mi\u00f1as. A ra\u00edz desta lectura escribira un artigo na revista quincenal La Torre, que se publicaba na Universidade Laboral de Xix\u00f3n, onde eu estaba daquela, facendo a carreira de Peritaxe<\/p>\n<p>Industrial. Sei que gardo unha copia dese artigo por algures, mais non fun quen de atopala.<\/p>\n<p>A partir de 1967, como moitas outras persoas da mi\u00f1a xeraci\u00f3n, comecei a ler de xeito sistem\u00e1tico Triunfo e Cuadernos para el di\u00e1logo. Estas d\u00faas revistas, de acordo co seu enfoque democr\u00e1tico e progresista, ocup\u00e1banse con certa frecuencia de cuesti\u00f3ns relacionadas coa situaci\u00f3n social das mulleres e do incipiente movemento feminista que daquela hab\u00eda en Espa\u00f1a. Lembro especialmente un n\u00famero extraordinario de Cuadernos para el di\u00e1logo, \u201cLa mujer\u201d3, que a\u00ednda conservo profusamente subli\u00f1ado. E tam\u00e9n alg\u00fans n\u00fameros de Triunfo, como o monogr\u00e1fico \u201cEl matrimonio\u201d4, que fora secuestrado e motivara o peche da revista durante medio ano5. En Triunfo publicaba habitualmente Nuria Pompeia, con vi\u00f1etas semanais de moito interese, referidas \u00e1 loita das mulleres por se emanciparen.<\/p>\n<p>Estes datos poden servir para rastrexar o meu interese inicial, que se veu acrecentado nos anos inmediatamente anteriores e posteriores \u00e1 morte de Franco. Foron moi numerosas as revistas (Cuadernos de Pedagog\u00eda, Reforma de la Escuela, El Viejo Topo, Teima, Por Favor&#8230;) e peri\u00f3dicos (EL PAIS, A Nosa Terra&#8230;) que viron a luz nesa etapa de intensa confrontaci\u00f3n de ideas. De entre elas, para a historia que tento contar, destacarei Vindicaci\u00f3n Feminista, que se publicou mensualmente entre xullo de 1976 e o mesmo mes de 1979.<\/p>\n<p>En 1974, despois de estudar Maxisterio n\u2019A Coru\u00f1a, comecei a dar clase. Era un tempo onde a\u00ednda rex\u00eda a separaci\u00f3n escolar entre nenos e nenas, que tardar\u00eda varios anos en desaparecer. E foron tam\u00e9n os anos en que se publicaron numerosos libros6 que abordaban desde m\u00faltiples perspectivas os problemas que a muller ti\u00f1a nunha sociedade que a\u00ednda lle negaba os dereitos m\u00e1is b\u00e1sicos7.<\/p>\n<p>Cando sa\u00edu Vindicaci\u00f3n Feminista, a mi\u00f1a dona e mais eu dabamos clase no colexio p\u00fablico de Gernika. Lembro ben o moito que nos interesou e a atenci\u00f3n con que a seguiamos mes e mes, sobre todo polos artigos que ti\u00f1an que ver co oficio de ensinar (entre eles, alg\u00fan sobre os roles masculinos e femininos nos contos tradicionais e na literatura infantil).<\/p>\n<p>[&#8230;]<\/p>\n<p><strong>Descargar o ensaio completo:<\/strong> \u00a0<a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/desde-outra-mirada.pdf\">desde-outra-mirada<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ensaio publicado na revista \u00c1lbum de mulleres, na web do Consello da Cultura Galega (2-4-2010). Desde outra mirada Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz 1. Na procura dos f\u00edos da vida\u00a0 A\u00ednda que se exprese con imaxes e met\u00e1foras diversas, a idea de que a escrita se constr\u00fae cos f\u00edos da vida aparece de xeito reiterado nas reflexi\u00f3ns [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[40],"tags":[],"class_list":["post-5706","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-ensayos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5706","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5706"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5706\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5706"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5706"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5706"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}