{"id":5488,"date":"2012-10-09T06:30:12","date_gmt":"2012-10-09T04:30:12","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/a-illa-misteriosa-i-2\/"},"modified":"2014-03-24T01:11:17","modified_gmt":"2014-03-23T23:11:17","slug":"a-illa-misteriosa-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/a-illa-misteriosa-i\/","title":{"rendered":"A illa misteriosa (I)"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"color: #0000ff;\"><strong>A novela da mi\u00f1a infancia<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Supo\u00f1o que era inevitable comezar por <em>A illa misteriosa<\/em>, de <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jules_Verne\" target=\"_blank\">Jules Verne<\/a>, o meu libro esencial, do que nace o meu devezo de ler. Conteino xa hai tempo, nun <a href=\"http:\/\/es.paperblog.com\/hablemos-de-leer-varios-autores-10536\/\" target=\"_blank\">texto<\/a> do que reproduzo aqu\u00ed un fragmento:<\/p>\n<p><em>Unha noite calquera de inverno, nos grises e mediocres anos cincuenta. Unha casa dunha pequena vila galega, tan pobre coma as outras de arredor. A escuridade da longa noite de pedra da ditadura \u00e9 algo m\u00e1is que unha met\u00e1fora. Nesa casa hai un home sentado \u00e1 mesa da coci\u00f1a, que apoia un libro sobre o hule gastado. Estivo traballando todo o d\u00eda na carpintar\u00eda, quizais ocupado nas pezas dunha cama, ou dun armario, mobles feitos coa vontade de vencer o tempo. Agora ten o libro aberto e, mentres pasa as p\u00e1xinas, f\u00e1lalle ao seu fillo m\u00e1is pequeno das marabillas que encerra aquel volume. \u201cAxi\u00f1a o poder\u00e1s ler\u201d, dille, \u201ce ent\u00f3n ver\u00e1s como \u00e9 certo todo o que che contei\u201d. E o neno, contaxiado polo entusiasmo que desprenden os ollos e as palabras do seu pai, desexa que pasen veloces os meses, para poder entrar no espazo de<\/em> La isla misteriosa<em> de Jules Verne, pois ese \u00e9 o libro, un dos que forman a biblioteca paterna, se \u00e9 que se lle pode chamar as\u00ed aos dous andeis que gardan uns poucos volumes, un tesouro para aqueles tempos: Verne, Poe, Salgari, Dumas, Mark Twain, Puskhin, Fern\u00e1ndez Fl\u00f3rez&#8230; Todas edici\u00f3ns vellas e gastadas, a\u00ednda que algunhas aparezan protexidas polas novas cubertas que lles puxeron as mans coidadosas dun encadernador amigo. Libros que, nun proceso de seduci\u00f3n guiado s\u00f3 pola intuici\u00f3n e o entusiasmo, serviron para que aquel rapaz quedase contaxiado para sempre polo desexo de ler. Aquel neno era eu e aquel carpinteiro, que ademais tocaba a trompeta na Orquesta Mato, era o meu pai.<\/em><\/p>\n<p>Foi, con seguridade, a primeira novela longa que lin. A primeira \u201cs\u00f3 de letra\u201d, sen ilustraci\u00f3ns de ning\u00fan tipo. Se cadra foi iso o que favoreceu que me quedase tan gravada na memoria. Daquela eu non sab\u00eda que era a derradeira dunha trilox\u00eda (as outras son <em>Vinte mil leguas de viaxe submarina<\/em> e <em>Os fillos do Capit\u00e1n Grant<\/em>) e que os personaxes dun libro pod\u00edan acabar aparecendo tam\u00e9n noutro.<\/p>\n<p>Conservo ese exemplar de <em>La isla misteriosa<\/em>. Vello e gastado, as p\u00e1xinas ameazan con se desfaceren. A encadernaci\u00f3n feita polo se\u00f1or Crende (alg\u00fan d\u00eda tocar\u00e1 falar deste home), xa pouco m\u00e1is vai resistir. Est\u00e1 editado en Barcelona e non ten data ningunha, a\u00ednda que \u00e9 moi probable que sexa dos anos corenta. Cantas veces non o ler\u00eda ao longo da mi\u00f1a vida!<\/p>\n<p>Co decorrer dos anos, f\u00edxenme con outras traduci\u00f3ns. Ademais da moi boa versi\u00f3n en galego, obra de <a href=\"http:\/\/bvg.udc.es\/ficha_autor.jsp?id=%C1nxRodr%ED1&amp;alias=%C1nxela+Graci%E1n\" target=\"_blank\">\u00c1nxela Graci\u00e1n<\/a>, dispo\u00f1ible na web <a href=\"http:\/\/tradutoresgalegos.com\/bivir.html\" target=\"_blank\">Bivir<\/a>, salientarei a \u00faltima que adquir\u00edn, da Editorial Edhasa, que incl\u00fae as <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/La_isla_misteriosa\" target=\"_blank\">ilustraci\u00f3ns orixinais<\/a> de <a href=\"https:\/\/www.google.es\/search?q=Jules+F%C3%A9rat&amp;hl=gl&amp;rls=com.microsoft:es:IE-SearchBox&amp;prmd=imvns&amp;tbm=isch&amp;tbo=u&amp;source=univ&amp;sa=X&amp;ei=5XdQUNrlGsXa0QXuwYGIDQ&amp;ved=0CDAQsAQ&amp;biw=1263&amp;bih=585\" target=\"_blank\">Jules F\u00e9rat<\/a>, tan importantes, pois Verne participaba activamente no seu dese\u00f1o.<\/p>\n<p>Que ten <em>A illa misteriosa<\/em>, a\u00ednda hoxe, para fascinarme de tal xeito? Por que a prefiro a calquera outra novela de Verne, mesmo \u00e1s <em>Aventuras do Capit\u00e1n Hatteras<\/em>, que \u00e9 outra das mi\u00f1as preferidas? Supo\u00f1o que responder a isto ben merece outro post, pois este xa sa\u00edu longo de m\u00e1is. As\u00ed que, coma nos <em>tebeos<\/em> de aventuras da mi\u00f1a infancia, (continuar\u00e1).<\/p>\n\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A novela da mi\u00f1a infancia Supo\u00f1o que era inevitable comezar por A illa misteriosa, de Jules Verne, o meu libro esencial, do que nace o meu devezo de ler. Conteino xa hai tempo, nun texto do que reproduzo aqu\u00ed un fragmento: Unha noite calquera de inverno, nos grises e mediocres anos cincuenta. Unha casa dunha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5452,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-5488","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5488","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5488"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5488\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5452"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5488"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5488"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5488"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}