{"id":5391,"date":"2012-09-12T07:29:40","date_gmt":"2012-09-12T07:29:40","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/entrevista-de-montse-dopico-2\/"},"modified":"2012-09-12T07:29:40","modified_gmt":"2012-09-12T07:29:40","slug":"entrevista-de-montse-dopico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/entrevista-de-montse-dopico\/","title":{"rendered":"Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz: \u00abTivemos unha infancia castradora: a represi\u00f3n \u00eda m\u00e1is al\u00e1 da pol\u00edtica, como en \u2018Non hai noite tan longa\u2019\u00bb. Entrevista de Montse Dopico"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/praza.com\/\" target=\"_blank\"><em>Praza P\u00fablica<\/em><\/a>\u00a0publicou\u00a0<a href=\"http:\/\/praza.com\/cultura\/474\/rhai-unha-vontade-explicita-de-baleirar-de-contido-o-autogoberno-e-a-culturar\/\" target=\"_blank\">unha entrevista<\/a>\u00a0de\u00a0<a href=\"http:\/\/xerais.blogaliza.org\/tag\/montse_dopico\/\" target=\"_blank\">Montse Dopico<\/a>\u00a0con\u00a0<a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/ficha_autor.pl?id_autor=200727&amp;id_sello_editorial_web=13&amp;id_funcion=44\">Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz<\/a>\u00a0na que fala dos seus libros:\u00a0<a href=\"http:\/\/blog.xerais.es\/2012\/19090\/openNewWindow('\/cgigeneral\/newFichaElige.pl?id_sello_editorial_web=13&amp;id_sello_VisualizarDatos=13&amp;codigo_comercial=1334507','obrasEspec','toolbar=no,location=no,directories=no,status=no,menubar=no,scrollbars=yes,resizable=no,copyhistory=no,width=803,height=1080,screenX=1,screenY=1');\" target=\"_blank\"><em>Non hai noite tan longa<\/em>,\u00a0<em>Fantasmas de luz<\/em>,<\/a><em><\/em><em><\/em><em><em><a href=\"http:\/\/blog.xerais.es\/2012\/19090\/openNewWindow('\/cgigeneral\/newFichaElige.pl?id_sello_editorial_web=13&amp;id_sello_VisualizarDatos=13&amp;codigo_comercial=1365064','obrasEspec','toolbar=no,location=no,directories=no,status=no,menubar=no,scrollbars=yes,resizable=no,copyhistory=no,width=803,height=1080,screenX=1,screenY=1');\" target=\"_blank\">Noite de voraces sombras<\/a><\/em><\/em>,\u00a0<a href=\"http:\/\/blog.xerais.es\/2012\/19090\/openNewWindow('\/cgigeneral\/newFichaElige.pl?id_sello_editorial_web=13&amp;id_sello_VisualizarDatos=13&amp;codigo_comercial=1365091','obrasEspec','toolbar=no,location=no,directories=no,status=no,menubar=no,scrollbars=yes,resizable=no,copyhistory=no,width=803,height=1080,screenX=1,screenY=1');\" target=\"_blank\"><em>Corredores de sombras<\/em><\/a>\u00a0entre outros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>\u00abHai unha vontade expl\u00edcita de baleirar de contido o autogoberno e a cultura\u00bb<\/h2>\n<p>&nbsp;<br \/>\n<a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4.jpg\" rel=\"gallery\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4-300x131.jpg\" alt=\"\" title=\"4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4\" width=\"300\" height=\"131\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5225\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4-300x131.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4-768x336.jpg 768w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4-705x308.jpg 705w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4-450x197.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4-530x231.jpg 530w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4-110x48.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/4f6c21ee1ee9c-fernandez-paz-agustin-vilabarros-2008-4.jpg 800w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Agust%C3%ADn_Fern%C3%A1ndez_Paz\">Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz<\/a>recolleu hai s\u00f3 uns d\u00edas o premio da Asociaci\u00f3n Galega de Editores \u00e1 mellor obra de fici\u00f3n do ano por\u00a0<em>Non hai noite tan longa<\/em>, e xa a est\u00e1 a traballar na que ser\u00e1 a s\u00faa pr\u00f3xima novela. En pouco tempo chegar\u00e1 tam\u00e9n \u00e1s librar\u00edas a s\u00faa obra\u00a0<em>As fronteiras do medo<\/em>, s\u00f3 uns meses despois de publicarse\u00a0<em>Fantasmas de luz<\/em>. Por algo \u00e9 considerado un dos nosos escritores m\u00e1is prol\u00edficos, ademais dun dos m\u00e1is reco\u00f1ecidos e respetados polo seu compromiso coa lingua, a cultura e o ensino.<\/p>\n<p><strong>En que est\u00e1 traballando agora?<\/strong><\/p>\n<p>Pois estou na fase de documentaci\u00f3n dunha nova novela, ambientada entre os anos 61 a 69. O certo \u00e9 que quedei abraiado ao lembrar todo o que pasou nesa d\u00e9cada. Desde a independencia das naci\u00f3ns africanas, ata a carreira espacial, a loita polos dereitos civ\u00eds en Estados Unidos, a primavera de Praga, o maio do 68\u2026. Agora f\u00e1ltame atopar datos concretos sobre m\u00fasica e outras cousas que quero introducir. Non me f\u00edo da mi\u00f1a memoria: prefiro sempre enchouparme da \u00e9poca, do contexto, antes de escribir. Iso\u00a0 ax\u00fadame a darlle verosimilitude ao que conto.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111.jpg\" rel=\"gallery\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111-197x300.jpg\" alt=\"\" title=\"XG00185901111\" width=\"197\" height=\"300\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5249\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111-197x300.jpg 197w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111-110x167.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111.jpg 200w\" sizes=\"auto, (max-width: 197px) 100vw, 197px\" \/><\/a><strong>Daquela decantouse pola mesma xeraci\u00f3n da que fala en\u00a0<em>Non hai noite tan longa<\/em>: a dos que foron novos nos<\/strong><strong>\u00a060.<\/strong><\/p>\n<p>Non exactamente. Na nova novela haber\u00e1 un rapaz que vive coa s\u00faa familia nunha cidade pequena, e que no ano 61 ter\u00e1 s\u00f3 4 anos. Esta familia realiza unha actividade clandestina, polo que te\u00f1o que documentarme tam\u00e9n sobre iso, supo\u00f1o que a trav\u00e9s dos arquivos do PC.<\/p>\n<p><strong>En\u00a0<em>Non hai noite tan longa<\/em>\u00a0Gabriel enfr\u00f3ntase ao pasado da s\u00faa familia, republicana e anarquista. Como o fac\u00eda a protagonista de<em>Noite de voraces sombras<\/em>, cos seus t\u00edos galeguistas represaliados\u2026<\/strong><\/p>\n<p>Si, tam\u00e9n en\u00a0<em>Corredores de sombra<\/em>\u00a0a protagonista investiga o pasado da s\u00faa familia. Toda familia \u00e9 \u00fanica. Todas as familias felices par\u00e9cense unhas a outras, pero cada familia infeliz ten un motivo especial para sentirse desgraciada, di Tolstoi en\u00a0<em>Anna Karenina<\/em>. \u00c9 normal que eu volva aos anos 50-60 porque son parte da mi\u00f1a vida.<\/p>\n<p><strong>A verdadeira protagonista de\u00a0<em>Non hai noite tan longa<\/em>\u00a0\u00e9, por\u00e9n, a miseria moral daquela sociedade.<em>Corredores de sombra<\/em>\u00a0fora presentada tam\u00e9n como un thriller moral, con elementos de novela negra, coma esta.<\/strong><\/p>\n<p>Non te\u00f1o \u00e1nimos para escribir un ensaio, e a novela perm\u00edteme tratar con maior liberdade os temas dos que quero falar. E unha cuesti\u00f3n que sempre me interesou moito \u00e9 a sensaci\u00f3n de estafa que ten a mi\u00f1a xeraci\u00f3n. Porque tivemos unha infancia e unha mocidade moi castradora. No \u00e1mbito cultural, eu vin agora pel\u00edculas de Godard que non puiden ver de mozo, e escoitei canci\u00f3ns que non puiden escoitar ent\u00f3n porque estaban censuradas. Na sexualidade a represi\u00f3n imposta pola Igrexa cat\u00f3lica era moi forte\u2026 A represi\u00f3n \u00eda m\u00e1is al\u00e1 da pol\u00edtica, estend\u00edase \u00e1 vida coti\u00e1, e iso \u00e9 o que quixen contar na novela.<\/p>\n<p><strong>Exemplos desa miseria moral son os pais de Berta, que obrigan a s\u00faa filla violada a calar. Ou o pobo que lle d\u00e1 as costas ao pai de Gabriel, encarcerado por un delito que non cometera. A imaxe que nos d\u00e1 dos 60 \u00e9 dura e cr\u00edtica. Nada que ver coa idea de apertura que se nos quixo transmitir sobre a \u00e9poca de Fraga como<\/strong><strong><\/strong><strong>ministro de Informaci\u00f3n e Turismo.<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00179701111.jpg\" rel=\"gallery\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00179701111-192x300.jpg\" alt=\"\" title=\"XG00179701111\" width=\"192\" height=\"300\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5246\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00179701111-192x300.jpg 192w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00179701111-110x171.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00179701111.jpg 200w\" sizes=\"auto, (max-width: 192px) 100vw, 192px\" \/><\/a>Eses exemplos que escoll\u00edn eran suficientes para contar o que quer\u00eda. Pero na realidade foi moito peor. \u00c9\u00a0 certo que os anos 40 e 50 foran peores. Nos 60 e 70 mellorou o nivel de vida, chegou o turismo\u2026 pero non debemos esquecer os estados de excepci\u00f3n dos 60, por exemplo, ou a censura, ou que as \u00faltimas condenas a morte se produciron pouco antes de morrer Franco. Foi unha \u00e9poca poli\u00e9drica, na que ao lado da loita obreira e estudantil, ou os cambios na Igrexa, se manti\u00f1a unha represi\u00f3n \u00e1s veces m\u00e1is sutil e \u00e1s veces igual que a anterior. Os 60 non foron uns anos felices de liberdade como se nos quixo facer crer. Ao lado da m\u00fasica, da televisi\u00f3n, dos pantal\u00f3ns de camp\u00e1 e dos guateques segu\u00eda a represi\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Hai un tema que trata moito nas s\u00faas novelas, que \u00e9 o medo e a s\u00faa forza sobre as persoas. S\u00f3 que desta volta non son medos infant\u00eds nin adolescentes. Neste libro, ademais, o \u00fanico elemento fant\u00e1stico \u00e9 a pantasma do pai que se lle aparece a Gabriel.<\/strong><\/p>\n<p>O meu pr\u00f3ximo libro, que acaba de sa\u00edr pero a\u00ednda non est\u00e1 distribu\u00eddo, tit\u00falase\u00a0<em>As fronteiras do medo<\/em>. Pero estes son medos\u00a0<strong><\/strong>literarios, os medos at\u00e1vicos que temos os seres humanos. Os medos de Lovecraft ou Poe. Os medos de\u00a0<em>Non hai noite tan longa<\/em>\u00a0son distintos, porque parten da realidade e non da fantas\u00eda. \u00c9 certo que me gusta mesturar nas novelas realidade e fantas\u00eda. E que nesta o elemento fant\u00e1stico \u00e9 esa aparici\u00f3n, que non queda claro se \u00e9 unha pantasma ou unha proxecci\u00f3n da mala conciencia de Gabriel, que deixara a s\u00faa familia.<\/p>\n<p><strong>Na novela asistimos ao proceso de reconciliaci\u00f3n de Gabriel consigo mesmo, e dalg\u00fan xeito coa s\u00faa vila, non si?<\/strong><\/p>\n<p>Si consigo mesmo, a trav\u00e9s da asunci\u00f3n do que \u00e9 e de onde v\u00e9n. Volve achegarase a s\u00faa irm\u00e1, e tam\u00e9n \u00e1 s\u00faa sobri\u00f1a. Eu non dir\u00eda que se reconcilia co seu pobo. Si \u00e9 certo que admite que houbo xente que, polo contexto que lle tocou vivir, actuou de forma mesqui\u00f1a e covarde. Xa ten unha idade na que \u00e9 quen de mirar con m\u00e1is indulxencia todo o que pasou. Dec\u00e1tase de que houbo xente que consentiu, e tam\u00e9n xente que resistiu como puido\u2026<\/p>\n<p><strong>Milucha simboliza a muller que foi quen de superar a represi\u00f3n sexual imposta polo r\u00e9xime. A irm\u00e1 de Gabriel procura a liberdade ao seu xeito. \u00c9 habitual que nas s\u00faas novelas as mulleres non se comporten como mandan os roles tradicionais.\u00a0\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>Te\u00f1o moitas protagonistas femininas, que desenvolven roles afastados dos tradicionais, si. \u00c9 unha mostra da mi\u00f1a simpat\u00eda coas reivindicaci\u00f3ns das mulleres, ademais dun reflexo da propia realidade: en\u00a0<em>No coraz\u00f3n do bosque<\/em>\u00a0o pai est\u00e1 en paro e \u00e9 amo de casa. Iso era se cadra menos habitual que cando escrib\u00edn o libro, pero agora pasa m\u00e1is.<\/p>\n<p><strong>A novela op\u00f3n dous tempos: os anos 60 e o 2002. Con que obxectivo?<\/strong><\/p>\n<p>Pois mostrar como moitas cousas que ocorren agora te\u00f1en as s\u00faas ra\u00edces nos anos 60. S\u00f3 hai que mirar os apelidos do poder pol\u00edtico e financieiro, e fixarse nas coincidencias. Son os descendentes dos que xa eran a mesma elite nos anos 50. Non \u00e9 casualidade que presentase a Fonsito como director dun banco, nin que mostrase a connivencia da s\u00faa familia co franquismo. Daquela \u00e9poca ve\u00f1en as fosas dos represaliados, ou os beb\u00e9s roubados\u2026, e moitas outras cousas, para ben e para mal.<\/p>\n<p><strong>Nalgunhas cousas si houbo unha regresi\u00f3n respecto \u00e1 s\u00faa xeraci\u00f3n. Como mostra a reforma laboral. Non te\u00f1en tam\u00e9n sensaci\u00f3n de estafa respecto da actualidade?<\/strong><\/p>\n<p>Diso falo precisamente en\u00a0<em>Fantasmas de luz<\/em>, o libro que publiquei despois de\u00a0<em>Non hai noite tan longa<\/em>, a\u00ednda que o escribira antes. A reforma laboral sup\u00f3n unha marcha acelerada cara ao s\u00e9culo XIX, unha regresi\u00f3n nos dereitos conquistados con tanto esforzo. Nos 60-70 estabamos mellor, pero tampouco hai que esquecer toda a emigraci\u00f3n que houbo a Europa ent\u00f3n. Ou que CC.OO. era ilegal. E si que contin\u00faa esa sensaci\u00f3n de estafa e frustraci\u00f3n. Se miramos por exemplo ao ensino. Toda a vida pelexando por unha escola diferente, e agora hai que volver empezar, coma no mito de S\u00edsifo. Dimin\u00fae o profesorado, eliminan a atenci\u00f3n \u00e1 diversidade, sobrecargan aos docentes, meten m\u00e1is alumnos por aula\u2026 Pero nunca hai que perder a esperanza, porque a nosa desesperanza \u00e9 o que queren os que pretenden someternos. Na foto da portada de\u00a0<em>Non hai noite tan longa<\/em>\u00a0sae Rosa Parks. Martin Luther King escribiu sobre ela. O Movemento polos Dereitos Civ\u00eds dos Estados Unidos ten a\u00ednda moito que ensinarnos: a defensa firme dos propios dereitos, sen violencia\u2026<\/p>\n<p><strong>En\u00a0<em>Fantasmas de luz<\/em>\u00a0homenaxea o cinema, coma en\u00a0<em>Amor de quince anos, Marylin<\/em>. E fala de exclusi\u00f3n social, coma en\u00a0<em>O meu nome \u00e9 Skywalker<\/em>. Por que?<\/strong><\/p>\n<p>Pois tanto\u00a0<em>Fantasmas de luz<\/em>\u00a0coma\u00a0<em>O meu nome \u00e9 Skywalker<\/em>\u00a0partiron dun conto que escrib\u00edn para un libro do IGADI,\u00a0<em>Invisible<\/em>. \u00c9 o que nos trae a globalizaci\u00f3n neoliberal: exclusi\u00f3n, desigualdade. En\u00a0<em>Amor de quince anos<\/em>\u00a0xa tratei o tema do cinema, pero agora \u00e9 m\u00e1is evidente. Cada libro \u00e9 un mundo, e eu non escribo cun plan determinado. Pero si hai conexi\u00f3ns entre eles, claro.<\/p>\n<p><strong>Acaba de recoller o premio da Asociaci\u00f3n Galega de Editores \u00e1 mellor obra de fici\u00f3n do ano. Non deben quedar moitos premios literarios que non ga\u00f1ase.\u00a0S\u00f3 rexeitou o Premio da Cultura Galega como un xeito de protesta contra a pol\u00edtica ling\u00fc\u00edstica e cultural do Goberno. Parece que o tempo lle deu a raz\u00f3n m\u00e1is a\u00ednda, non si?<\/strong><\/p>\n<p>Os premios sempre son importantes. O da escrita \u00e9 un oficio solitario, e os premios son un reco\u00f1ecemento que axuda a ter m\u00e1is lectores e m\u00e1is visibilidade. O da Asociaci\u00f3n Galega de Editores veu ademais al\u00e9n de distinci\u00f3ns segundo a idade dos lectores.\u00a0<em>Non hai noite tan longa<\/em>\u00a0poder\u00eda estar nunha colecci\u00f3n de xuvenil: eu non o escrib\u00edn dunha maneira distinta. O que pasa \u00e9 que parte dos lectores seguen a ter prexu\u00edzos sobre a literatura infantil e xuvenil. En canto aos premios, algo de reco\u00f1ecemento polo meu traballo haber\u00e1, pero tam\u00e9n hai unha parte de sorte, de azar. O Premio da Cultura Galega rexeiteino polo que xa se sabe, e agora xa non hai nin Consellar\u00eda de Cultura. O que hai \u00e9 unha vontade expl\u00edcita de baleirar de contido a autonom\u00eda, o autogoberno, o que te\u00f1a que ver coa nosa cultura e a nosa identidade. A batalla tan teimuda do goberno contra a lingua fai que se perciba con desconfianza a cultura: que se nos vexa como sospeitosos. E isto \u00e9 o contrario do que deber\u00eda pasar. Todo produto cultural de calidade, -e aqu\u00ed t\u00e9molos como en calquera outro pa\u00eds,- ter\u00eda que ser apoiado, como fan en Islandia\u2026<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Praza P\u00fablica\u00a0publicou\u00a0unha entrevista\u00a0de\u00a0Montse Dopico\u00a0con\u00a0Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz\u00a0na que fala dos seus libros:\u00a0Non hai noite tan longa,\u00a0Fantasmas de luz,Noite de voraces sombras,\u00a0Corredores de sombras\u00a0entre outros. &nbsp; \u00abHai unha vontade expl\u00edcita de baleirar de contido o autogoberno e a cultura\u00bb &nbsp; Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Pazrecolleu hai s\u00f3 uns d\u00edas o premio da Asociaci\u00f3n Galega de Editores \u00e1 mellor obra [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[35],"tags":[],"class_list":["post-5391","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-entrevistas-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5391","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5391"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5391\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5391"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5391"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5391"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}