{"id":5389,"date":"2012-09-12T07:58:49","date_gmt":"2012-09-12T07:58:49","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/entrevista-de-oscar-iglesias-para-el-pais-24-oct-2008-2\/"},"modified":"2012-09-12T07:58:49","modified_gmt":"2012-09-12T07:58:49","slug":"entrevista-de-oscar-iglesias-para-el-pais-24-oct-2008","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/entrevista-de-oscar-iglesias-para-el-pais-24-oct-2008\/","title":{"rendered":"Entrevista de Oscar Iglesias para El Pa\u00eds. 24 OCT 2008"},"content":{"rendered":"<p>ENTREVISTA:AGUST\u00cdN FERN\u00c1NDEZ PAZ | PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL | LUCES<\/p>\n<div>\n<h1 id=\"titulo_noticia\">\u00abLenme os mozos e os adultos sen anteolleiras\u00bb<\/h1>\n<p><em>\u00abA mi\u00f1a situaci\u00f3n foi sempre afortunada\u00bb, di Fern\u00e1ndez Paz. Con 275.000 libros vendidos s\u00f3 en Galicia, o escritor (Vilalba, 1947), un dos piares da literatura galega, xa non se anoxa cando lle preguntan por que escribe para mozos\u00bb<\/em><\/p>\n<p>Non hai traza de soberbia en Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz un dos escritores m\u00e1is prol\u00edficos da literatura galega, dos m\u00e1is premiados e, a un tempo, dos m\u00e1is queridos. Tampouco cando explica por que a publicidade editorial pode estabular aos autores por franxas de idade: \u00ab<em>O neno do pixama a raias<\/em>\u00a0\u00e9 un libro infantil, e\u00a0<em>La sombra del viento<\/em>\u00a0\u00e9 xuvenil, pero como est\u00e1n en colecci\u00f3ns para adultos&#8230;\u00bb.<\/p>\n<p>O pedagogo, membro fundador de Avantar e Nova Escola Galega, tornaba onte como pod\u00eda a traquinada do tel\u00e9fono. Vi\u00f1a de Vilalba cando se enterou de que os dez relatos d<em>&#8216;O \u00fanico que queda \u00e9 o amor<\/em>, con ilustraci\u00f3ns de Pablo Auladell, mereceran o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008. Afeito aos premios desde o Lazarillo de\u00a0<em>Contos por palabras<\/em>\u00a0(1991), xa levaba sete ou oito anos colocando un libro entre os finalistas do Premio Nacional. \u00abO ano pasado estivera a\u00ed<em>Corredores de sombra<\/em>, pero un premio sempre \u00e9 unha sorpresa\u00bb. O nome de Fern\u00e1ndez Paz \u00fanese ao de Paco Mart\u00edn, Xabier P. Docampo ou Fina Casalderrei no palmar\u00e9s do premio estatal, que este ano, na modalidae de ensaio, tam\u00e9n foi para Justo G. Beramendi.<\/p>\n<p><strong>Pregunta.<\/strong>\u00a0Por que escolleu o amor para fiar as historias do libro?<\/p>\n<p><strong>Resposta.<\/strong>\u00a0Anaya fai cada ano un libro tem\u00e1tico con varios autores, e a idea dese ano foi o amor \u00e1 lectura. A que me sa\u00edu foi esa historia de amor que abre o libro (<em>Un radiante silencio<\/em>). Ao tempo que desenvolv\u00eda esa historia de amor entre o libreiro e a executiva, vin que ti\u00f1a no fondo de armario do ordenador contos \u00e1 espera de quen sabe que&#8230; Alg\u00fans encaixaban. Sempre que fago contos debo ter un f\u00edo com\u00fan.<\/p>\n<p><strong>P.<\/strong>\u00a0Hai moitos puntos de vista, pero o azar que azouga os personaxes non \u00e9 precisamente l\u00edrico.<\/p>\n<p><strong>R.<\/strong>\u00a0E que cantas facetas crueis non ten o amor&#8230; O libro \u00e9 por veces triste e melanc\u00f3lico, pero s\u00f3 o feito de ter esa experiencia, \u00e9 algo remarcable na vida de calquera persoa. Como dic\u00eda Pessoa, os \u00fanicos rid\u00edculos son os que nunca escribiron cartas de amor. Logo est\u00e1 a teima esta mi\u00f1a nos \u00faltimos libros, como unha marca da casa. Un personaxe que permita introducir lecturas ou filmes.<\/p>\n<p><strong>P.<\/strong>\u00a0As citas tam\u00e9n axudan.<\/p>\n<p><strong>R.<\/strong>\u00a0O libro \u00edase chamar\u00a0<em>Sucos de b\u00e1goas<\/em>, como aquilo de Won Kar Wai en\u00a0<em>2046<\/em>, \u00abtodas as lembrazas son sucos de b\u00e1goas\u00bb. Pero lendo\u00a0<em>Neve<\/em>, a novela de Orhan Pamuk, atopeime con esoutra reflexi\u00f3n [a que quedou como t\u00edtulo definitivo], que se axustaba m\u00e1is.\u00a0<em>Sucos<\/em>\u00a0era s\u00f3 amarga.<\/p>\n<p><strong>P.<\/strong>\u00a0As historias de tempo e memoria, como a do coleccionista de mistos, son moi amargas.<\/p>\n<p><strong>R.<\/strong>\u00a0Sempre digo que escribimos cos f\u00edos da vida. Se o que escribes \u00e9 aut\u00e9ntico, sempre se escribe cos f\u00edos da vida. As experiencias ou viv\u00edchelas ou cont\u00e1ronchas. Pero cando escribes, escribes; tes un vago proxecto do que queres facer. As reflexi\u00f3ns son a posteriori.<\/p>\n<p><strong>P.<\/strong>\u00a0O premio danllo na categor\u00eda de literatura xuvenil, pero a editora portuguesa Nelson de Matos col\u00f3cao en ficci\u00f3n adulta. A\u00ednda lle preguntan por que se adica \u00e1 literatura xuvenil?<\/p>\n<p><strong>R.<\/strong>\u00a0E Bromera, en catal\u00e1, tam\u00e9n o vai colocar en Ecl\u00e9ctica, unha colecci\u00f3n o que se di\u00a0<em>adulta<\/em>&#8230; A definici\u00f3n que eu fago de literatura xuvenil \u00e9 distinta \u00e1 que fai a xente. O\u00a0<em>Ulises<\/em>\u00a0non poder\u00eda selo, pero\u00a0<em>A metamorfose<\/em>\u00a0ou\u00a0<em>Baixo as rodas<\/em>, si. A xente emp\u00e9\u00f1ase en po\u00f1er marcos, e as li\u00f1as est\u00e1n para rachalas. A literatura xuvenil \u00e9 aquela que poden ler tam\u00e9n os mozos. Eu ch\u00e1molles libros de fronteira. Xerais pensou publicar\u00a0<em>Aire negro<\/em>\u00a0nunha colecci\u00f3n para adultos, pero se eu fixese iso, \u00e9 posible que a mocidade non me lese. Se publico nunha xuvenil, lenme os rapaces e tam\u00e9n os adultos sen anteolleiras. Nese aspecto son algo ut\u00f3pico.<\/p>\n<p><strong>P.<\/strong>\u00a0Ata cando se manter\u00e1n as franxas de idade da publicidade editorial?<\/p>\n<p><strong>R.<\/strong>\u00a0Eu te\u00f1o que adaptarme ao que hai.\u00a0<em>O meu nome \u00e9 Skywalker<\/em>, premio Barco de Vapor hai anos, conta a relaci\u00f3n entre unha nena e un indixente, e foi publicada nunha colecci\u00f3n para nove anos en diante. Que lle vou facer. Os formatos editoriais son os o que son, e eu escoll\u00edn.<\/p>\n<p>DESCARGAR A ENTREVISTA EN PDF:\u00a0<a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/Entrevista-El-Pais-AFP.pdf\">Entrevista-El-Pais-AFP<\/a><\/p>\n<div><\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ENTREVISTA:AGUST\u00cdN FERN\u00c1NDEZ PAZ | PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL | LUCES \u00abLenme os mozos e os adultos sen anteolleiras\u00bb \u00abA mi\u00f1a situaci\u00f3n foi sempre afortunada\u00bb, di Fern\u00e1ndez Paz. Con 275.000 libros vendidos s\u00f3 en Galicia, o escritor (Vilalba, 1947), un dos piares da literatura galega, xa non se anoxa cando lle preguntan por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[35],"tags":[],"class_list":["post-5389","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-entrevistas-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5389","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5389"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5389\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5389"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5389"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5389"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}