{"id":5381,"date":"2012-09-12T11:02:44","date_gmt":"2012-09-12T11:02:44","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/montse-dopico-para-el-mundo-2\/"},"modified":"2012-09-12T11:02:44","modified_gmt":"2012-09-12T11:02:44","slug":"montse-dopico-para-el-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/montse-dopico-para-el-mundo\/","title":{"rendered":"Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz: &#8216;Quixen retratar a conivencia das clases altas co franquismo&#8217;. Entrevista de Montse Dopico para EL MUNDO"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li>Fern\u00e1ndez Paz indaga na &#8216;miseria moral&#8217; das \u00faltimas d\u00e9cadas da ditadura<\/li>\n<li>Nomeado para os Andersen, \u00e9 un dos autores galegos m\u00e1is reco\u00f1ecidos<\/li>\n<li>&#8216;Non hai noite tan longa&#8217;, a s\u00faa primeira novela para p\u00fablico non infantil<\/li>\n<li>Subli\u00f1a como se mante\u00f1en no poder as mesmas familias que no r\u00e9xime<\/li>\n<\/ul>\n<div>\n<p><em>Montse Dopico<\/em>\u00a0|\u00a0Santiago de Compostela<\/p>\n<div><strong>jueves 07\/07\/2011<\/strong><\/div>\n<ul>\n<li><a title=\"Disminuye el tama\u00f1o del texto\">Disminuye el tama\u00f1o del texto<\/a><\/li>\n<li><a title=\"Aumenta el tama\u00f1o del texto\">Aumenta el tama\u00f1o del texto<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<\/div>\n<div id=\"tamano\">\n<p>Poucos autores hai na literatura galega tan reco\u00f1ecidos como Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz. Non hai premio que se lle resista. Ga\u00f1ou o Lazarillo, o Edeb\u00e9, o Nacional de literatura infantil e xuvenil, foi inclu\u00eddo na Lista de Honra do IBBY, na lista The White Ravens, este mesmo ano foi escollido pola OEPLI como candidato espa\u00f1ol ao Premio Andersen 2012&#8230; M\u00e1is que consolidado como escritor, adquiriu ademais unha especial relevancia -non buscada, como el mesmo dixo-, \u00f3\u00a0<a href=\"http:\/\/www.elmundo.es\/elmundo\/2010\/11\/17\/galicia\/1290024053.html\">rexeitar o Premio da Cultura Galega<\/a>\u00a0outorgado pola actual Xunta de Galicia.<\/p>\n<p>A s\u00faa decisi\u00f3n, coherente coa s\u00faa militancia no movemento de defensa do galego, -\u00e9 un dos membros fundadores de Prolingua, ademais de contar cunha ampla traxectoria no traballo normalizador no mundo do ensino-, debeuse \u00f3 seu desacordo coa pol\u00edtica cultural e ling\u00fc\u00edstica do Goberno. Agora,\u00a0<strong>Fern\u00e1ndez Paz volve \u00e1 actualidade coa publicaci\u00f3n do seu \u00faltimo libro, &#8216;Non hai noite tan longa&#8217; (Xerais), que se pode considerar a s\u00faa primeira novela<\/strong>\u00a0para p\u00fablico non infantil e xuvenil, e que acaba de presentar na Feira do Libro de Vigo. A obra conta o reencontro de Gabriel, o protagonista, co seu pasado, coa historia da s\u00faa familia, \u00e1 que deixara hab\u00eda m\u00e1is de trinta anos coa intenci\u00f3n de non voltar xamais.<\/p>\n<p><strong>\u00abO libro ten unha historia que vertebra o que se quere contar, pero do que se trata \u00e9 de botar unha ollada cr\u00edtica, moral, sobre a \u00e9poca na que a mi\u00f1a xeraci\u00f3n era nova, nos anos 60\u00bb<\/strong>, explica o autor. A obra amosa alg\u00fans elementos propios da novela negra. Gabriel investiga os feitos que levaron \u00f3 seu pai, inocente, \u00f3 c\u00e1rcere, acusado de violar unha rapaza. \u00ab<strong>Dashiell Hammett desenvolve unha trama nas s\u00faas novelas, pero en realidade estanos falando de cuesti\u00f3ns como a corrupci\u00f3n. As\u00ed \u00e9 a novela negra cl\u00e1sica.<\/strong>\u00a0Nesta obra hai unha indagaci\u00f3n moral. Sobre unha sociedade capaz de facer cousas como obrigar a calar a unha muller violada, como o personaxe de Berta. Culpaban \u00e1s mulleres dese acto de violencia de x\u00e9nero dicindo que eran &#8216;lixeiras de cascos&#8217; e cousas as\u00ed\u00bb, indicou.<\/p>\n<h3>Unha ollada ao abuso de poder<\/h3>\n<p>O libro olla ao abuso de poder. Os pais que obrigan a calar e aturar como poida \u00e1 rapaza violada. A garda civil que arranca con torturas falsas confesi\u00f3ns.\u00a0<strong>A sociedade enteira, dun pobo que lle d\u00e1 as costas a un dos seus. As autoridades locais, que tapan o crime cometido polo fillo dun dos ricos da vila.<\/strong>\u00a0\u00abA novela contrap\u00f3n d\u00faas \u00e9pocas, a de cando Gabriel era mozo, e a \u00e9poca m\u00e1is actual, o 2002. A intenci\u00f3n era reflexionar sobre aquela \u00e9poca pero tam\u00e9n sobre o tempo presente.\u00a0<strong>Non quixen facer unha novela de bos e malos, hai unha ambig\u00fcidade consciente coa que lector se ten que manexar.<\/strong>\u00a0Non quixen deixar todo atado e ben atado. O lector ten que deducir por que o pai de Gabriel acaba no c\u00e1rcere, que foi o que fallou. Si quixen retratar a conivencia das clases altas co franquismo, e a impunidade que chegaban a acadar. Familias que mante\u00f1en a s\u00faa posici\u00f3n na escala social ata a actualidade\u00bb, sinalou.<\/p>\n<p>Na portada do libro sae unha foto de\u00a0<a href=\"http:\/\/www.elmundo.es\/elmundo\/2005\/10\/25\/obituarios\/1130210738.html\">Rosa Parks<\/a>, a muller que\u00a0<strong>non lle cedeu o asento no autob\u00fas a un branco porque estaba \u00abfarta de ceder\u00bb<\/strong>. \u00abMartin Luther King escribiu sobre ela. O Movemento polos Dereitos Civ\u00eds ten a\u00ednda moito que ensinarnos: a non violencia, a protesta&#8230; e o movemento do 15-M ten que ver con isto, a\u00ednda que estea menos organizado\u00bb, opinou.<\/p>\n<p>Na traxectoria da familia de Gabriel, anarquista e republicana, pode reco\u00f1ecerse a de moitas outras represaliadas no franquismo.<strong>\u00abDocumenteime moito para escribir este libro. As historias de vida te\u00f1en puntos en com\u00fan. Cito no libro \u00e1 historiadora Ana Cabana, e a outros. Gabriel fuxira do seu pobo, cheo de xenreira polo que lle estaban a facer a seu pai.<\/strong>\u00a0E decidira non volver nunca, de feito non o fai ata que lle morre a nai. Cando volve, dec\u00e1tase de que hai todo tipo de xente, coas s\u00faas debilidades, e que tam\u00e9n houbo moita xente que resistiu como puido. E foi as\u00ed como foi, na ditadura, en Galicia e en toda Espa\u00f1a\u00bb, subli\u00f1ou o autor.<\/p>\n<h3>O pantasma do pai<\/h3>\n<p>Gabriel act\u00faa por encomenda do seu pai, que se lle aparece como unha pantasma.\u00a0<strong>O seu obxectivo ser\u00e1, as\u00ed, restaurar a dignidade deste home, porque \u00aba dignidade non prescribe\u00bb<\/strong>. \u00abO lector pode interpretar que \u00e9 unha pantasma, ou que unha trasposici\u00f3n da mala conciencia, do sentimento de culpa de Gabriel por ter abandonado a s\u00faa familia. A ferida non era s\u00f3 da s\u00faa familia, era del, que comeza tendo unha visi\u00f3n moi \u00e1cida sobre o seu pobo, para despois evolucionar cara a unha \u00f3ptica m\u00e1is comprensiva. Ve que houbo v\u00edtimas, e xente que se deixou ir, consentidores como di a historiadora Ana Cabana&#8230;\u00bb, asegurou.<\/p>\n<p>Xunto a Gabriel, transitan pola novela personaxes secundarios importantes, como a citada Berta, ou a irm\u00e1 de Gabriel, que resistiu e quedou na vila, ou Milucha, a amiga da infancia.\u00a0<strong>\u00abOs personaxes secundarios son moi importantes nas mi\u00f1as novelas. Moitas veces quedo con ganas de darlles m\u00e1is vida<\/strong>, pero se o fixese a novela descalabrar\u00edase. Nesta novela poder\u00eda falar moito m\u00e1is sobre Berta, ou sobre Milucha. A trav\u00e9s da segunda falo sobre a represi\u00f3n sexual das mulleres, da que ela puido liberarse, \u00f3 contrario de moitas outras&#8230;\u00bb, insistiu.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Paz participou hai uns d\u00edas no acto dos 20 anos da Coordinadora de Equipos de Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica. E denunciou que o Goberno tenta baleirar de significado a normativa sobre a lingua. \u00abUtilicei como met\u00e1fora as colecci\u00f3ns de ovos de paxaro que faciamos cando eramos nenos. Sacab\u00e1moslle \u00f3 ovo a clara e a xema e quedabamos coa casca. Pois o mesmo est\u00e1 a pasar coa lexislaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica.\u00a0<strong>S\u00f3 os nenos galegofalantes poder\u00e1n ter \u00f3 final da educaci\u00f3n obrigatoria un mesmo nivel de dominio do castel\u00e1n e do galego.<\/strong>\u00a0Os castelanfalantes, tal como estamos, non o conseguir\u00e1n\u00bb, aclarou.<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fern\u00e1ndez Paz indaga na &#8216;miseria moral&#8217; das \u00faltimas d\u00e9cadas da ditadura Nomeado para os Andersen, \u00e9 un dos autores galegos m\u00e1is reco\u00f1ecidos &#8216;Non hai noite tan longa&#8217;, a s\u00faa primeira novela para p\u00fablico non infantil Subli\u00f1a como se mante\u00f1en no poder as mesmas familias que no r\u00e9xime Montse Dopico\u00a0|\u00a0Santiago de Compostela jueves 07\/07\/2011 Disminuye el [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[35],"tags":[],"class_list":["post-5381","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-entrevistas-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5381","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5381"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5381\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5381"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5381"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5381"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}