{"id":10491,"date":"2014-08-29T13:15:00","date_gmt":"2014-08-29T11:15:00","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/?p=10491"},"modified":"2014-08-29T13:18:24","modified_gmt":"2014-08-29T11:18:24","slug":"contos-minimos-e-8","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/contos-minimos-e-8\/","title":{"rendered":"Contos m\u00ednimos (e 8)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #000080;\">(Vista da r\u00eda de Viveiro desde o monte de San Roque.<br \/>\nA foto procede da web\u00a0www.boutiquehotelspain.com\/)<\/span><\/p>\n<h5 style=\"text-align: center;\"><\/h5>\n<h5 style=\"text-align: center;\">CONSIDERACI\u00d3NS SOBRE A RESURRECCI\u00d3N DA CARNE<\/h5>\n<p style=\"text-align: left; padding-left: 30px;\"><span style=\"color: #000080;\">Cando soubo que o seu mellor amigo fora incinerado, en cumprimento do desexo que manifestara antes de abandonar este mundo, non puido evitar que unha man invisible premese durante horas o seu coraz\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><span style=\"color: #000080;\">Levaba anos con aquela preocupaci\u00f3n gardada no m\u00e1is fondo. Ao primeiro confes\u00e1ralla a alg\u00fans amigos, que a recibiran coma se dun chiste se tratase. Daquela decidira non falalo con ningu\u00e9n m\u00e1is, a\u00ednda que non acababa de entender como todos pod\u00edan estar tan cegos. Comprend\u00eda que os ateos e os agn\u00f3sticos non se preocupasen, mais deix\u00e1bao desconcertado a indiferenza dos cat\u00f3licos. Claro que agora non se ensinaba o catecismo coma antes, e a xente tampouco non l\u00eda a Biblia, quizais iso explicaba tal desco\u00f1ecemento.<\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><span style=\"color: #000080;\">Porque vi\u00f1a ben claro no <em>Apocalipse<\/em>, o derradeiro libro do Novo Testamento: chegar\u00e1 a fin do mundo, e todos os mortos resucitar\u00e1n. Deus baixar\u00e1 dos ceos, reunir\u00e1 a humanidade enteira no Val de Xosafat e ser\u00e1 al\u00ed onde separe os xustos dos pecadores. Se era as\u00ed, e non hab\u00eda raz\u00f3ns para dubidar da palabra revelada, como se ama\u00f1ar\u00edan todos os que ao morrer foran incinerados?<\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><span style=\"color: #000080;\">Xa non deb\u00eda ser doado resucitar se te inhumaban en tumba ou pante\u00f3n. Os milleiros de \u00e1tomos que noutrora formaran \u00f3sos e m\u00fasculos ti\u00f1an que encontrarse para lle dar forma ao corpo orixinal. Era dif\u00edcil, mais, ao estaren no mesmo lugar, a reuni\u00f3n sempre ser\u00eda m\u00e1is doada.<\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><span style=\"color: #000080;\">En cambio, que pasaba coa incineraci\u00f3n? A meirande parte do corpo perd\u00edase no aire en forma de vapor. Si, quedaba a urna coas cinzas, mais estas case sempre acababan estradas para que a auga e o vento as espallase. En casos as\u00ed, razoaba, a futura resurrecci\u00f3n convert\u00edase nunha empresa que semellaba imposible ata para o mesmo Deus.<\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\">A<span style=\"color: #000080;\">bsorto nestes pensamentos, non reparou no sem\u00e1foro vermello nin no cami\u00f3n que se lle botou enriba cando comezaba a cruzar a r\u00faa. Dous d\u00edas despois inciner\u00e1rono. Coa mellor das intenci\u00f3ns, a vi\u00fava creu cumprir as\u00ed un dos desexos m\u00e1is sentidos do seu home. Semanas m\u00e1is tarde, cando xa cantara o cuco e as flores ventureiras alegraban os campos, a muller subiu coa urna ata o cume do monte de San Roque. E al\u00ed, desde o miradoiro que permit\u00eda contemplar a infinda beleza da r\u00eda de Viveiro, espallou as cinzas por aquela paisaxe que o seu home tanto amara en vida.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Vista da r\u00eda de Viveiro desde o monte de San Roque. A foto procede da web\u00a0www.boutiquehotelspain.com\/) CONSIDERACI\u00d3NS SOBRE A RESURRECCI\u00d3N DA CARNE Cando soubo que o seu mellor amigo fora incinerado, en cumprimento do desexo que manifestara antes de abandonar este mundo, non puido evitar que unha man invisible premese durante horas o seu coraz\u00f3n. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10484,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-10491","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10491","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10491"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10491\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10484"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10491"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10491"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10491"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}