{"id":10211,"date":"2014-04-06T19:18:57","date_gmt":"2014-04-06T17:18:57","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/abrir-as-portas-2\/"},"modified":"2014-04-06T19:21:26","modified_gmt":"2014-04-06T17:21:26","slug":"abrir-as-portas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/abrir-as-portas\/","title":{"rendered":"Abrir as portas"},"content":{"rendered":"<p style=\"padding-left: 90px;\"><span style=\"color: #000080;\"><em>A\u00ednda que este blog se rexe por unhas <a title=\"O post &quot;Intenci\u00f3ns&quot;\" href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/intencions\/\" target=\"_blank\">Intenci\u00f3ns<\/a> que explicitei na primeira entrada que escrib\u00edn, hoxe fago unha excepci\u00f3n para falar dun programa de radio e reproducir un conto que escrib\u00edn hai alg\u00fan tempo.<\/em><\/span><\/p>\n<p>Hai uns d\u00edas, Javier Gallego dedicou o seu programa <a title=\"Carne Cruda 2.0\" href=\"http:\/\/www.cadenaser.com\/carnecruda20\/\" target=\"_blank\">Carne Cruda 2.0<\/a>, na cadena SER Digital, ao tema \u00ab<a title=\"O programa de Carne Cruda\" href=\"http:\/\/www.cadenaser.com\/sociedad\/audios\/carne-cruda-2014-salir-armario-adolescencia\/csrcsrpor\/20140402csrcsrsoc_16\/Aes\/\" target=\"_blank\">Salir del armario en la adolescencia<\/a>\u00ab. Un programa moi interesante que paga a pena escoitar, sobre unha realidade que c\u00f3mpre continuar abordando pois, malia os moitos avances, a\u00ednda queda ben cami\u00f1o por andar.<\/p>\n<p>Este programa f\u00edxome lembrar o conto que escrib\u00edn hai xa alg\u00fan tempo para un libro colectivo, <a title=\"Edici\u00f3n en SM\" href=\"http:\/\/www.literaturasm.com\/21_relatos_por_la_educacion.html\" target=\"_blank\"><em>21 relatos por la educaci\u00f3n<\/em><\/a>, que publicou Ediciones SM. O conto titul\u00e1base \u00abAbrir as portas\u00bb e abordaba o mesmo tema que o citado programa de radio.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/DWd5TrFAhVQ\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p>En outubro do 2012, a asociaci\u00f3n G\u00e1lix acordou facerme <a title=\"A noticia en La Voz de Galicia\" href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/ocioycultura\/2012\/10\/16\/galix-homenaxea-agustin-fernandez-paz-nomeandoo-socio-honra-da-asociacion\/0003_201210G16P33997.htm\" target=\"_blank\">Socio de Honra<\/a>, un reco\u00f1ecemento moi emotivo para min. <a title=\"O acto no Faro de Vigo\" href=\"http:\/\/www.farodevigo.es\/sociedad-cultura\/2012\/10\/19\/agustin-fernandez-paz-mejor-premio-escritor-lectores\/698732.html\" target=\"_blank\">No acto que se celebrou en Vigo<\/a>, agasallei as persoas asistentes cunha \u00abedici\u00f3n\u00bb do meu relato; unha edici\u00f3n peculiar, pois para ler con xeito o texto hai que dobralo e recortalo (se algu\u00e9n quere utilizalo, <a title=\"O pdf de &quot;Abrir as portas&quot;\" href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/10\/abrir_as_portas_agustin_fernandez_paz.pdf\" target=\"_blank\">ten aqu\u00ed o modelo<\/a>).<\/p>\n<p>E, a\u00ednda que xa anda por outro lugar da mi\u00f1a p\u00e1xina web, pareceume oportuno reproducilo aqu\u00ed para que sexa doadamente accesible \u00e1 xente que o desexe ler.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h5 align=\"center\">ABRIR AS PORTAS<\/h5>\n<p>QUEN ME HAB\u00cdA DICIR que ser\u00eda a nova profesora de Lingua a que me facilitase a chave para abrir as portas dunha vez? Se me atrevo, xaora, pois sei ben que non ha ser nada doado. Se cadra non chegarei a confesarllo nunca, mais reco\u00f1ezo que ti\u00f1a toda a raz\u00f3n cando, tras observar a mi\u00f1a expresi\u00f3n contrariada, se achegou a min e afirmou que me hab\u00eda gustar facer este exercicio.\u00a0 Gustar non \u00e9 o termo axeitado, haber\u00eda que encontrar unha palabra m\u00e1is rotunda. Ela non sabe que, se finalmente me atrevo, este pode ser o texto m\u00e1is importante que escriba na mi\u00f1a vida.<\/p>\n<p>Levo meses agardando a oportunidade de lle po\u00f1er fin a tanto silencio e a tanta covard\u00eda. Seguir como ata agora xa me resulta insoportable, son moitos meses de mentiras, na casa e no instituto. Mais tampouco non consigo evitar que me paralice o medo ante o que pode vir despois. Varias veces estiven a piques de confes\u00e1rllelo a Tania e a Andrea, que quizais xa int\u00faen a verdade. Son as mi\u00f1as mellores amigas, ter\u00eda que confiar nelas. Mais ata o de agora nunca me atrev\u00edn, o medo sempre acaba ga\u00f1\u00e1ndome a partida.<\/p>\n<p>\u00c1s veces sinto nostalxia dos anos do colexio, cando era un neno coma outro calquera; cando estar coa panda era a maior felicidade, cando non me sent\u00eda diferente nin se me pasaba pola imaxinaci\u00f3n chegar a selo alg\u00fan d\u00eda. Nin tan sequera lembro en que momento comecei a decatarme de que o meu cami\u00f1o \u00eda noutra direcci\u00f3n. Alg\u00fan d\u00eda terei que esforzarme e escribilo, facer un exercicio de memoria antes de que pasen os meses e se me borren os detalles daquel tempo decisivo.<\/p>\n<p>Do que si estou seguro \u00e9 de que foi no instituto, quizais nos meses finais de primeiro, hai xa m\u00e1is de dous anos. Foi naqueles d\u00edas cando me decatei de que algo novo agromaba no meu interior, de que comezaba a experimentar sensaci\u00f3ns que nunca vivira ata daquela, de que non pod\u00eda manifestalas e cumpr\u00eda gardalas coma un segredo inconfesable. Que ben aprend\u00edn a disimular! A\u00ednda hoxe me abraio de como participaba nas conversas cos outros rapaces, como trataba de imitar os comportamentos, as voces, os xestos. Comecei a falar das rapazas como obxectos de desexo, cando a persoa que de verdade desexaba estaba tan preto e nada ti\u00f1a que ver coas mozas. Foi daquela cando comprend\u00edn de vez o que me ocorr\u00eda; a\u00ednda que, se cadra, xa todo comezara moito antes e, sen ser eu consciente, ese saber permanecera larvado durante anos no meu interior. Tam\u00e9n foi daquela cando comezou o medo, e a mentira, e o disimulo: esta dobre vida, este teatro insoportable.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A CHEGADA DE XAVI, ao comezo deste curso, supuxo unha revoluci\u00f3n. Vi\u00f1a da cidade de A.; ao seu pai, un enxe\u00f1eiro agr\u00edcola, nome\u00e1rono director da \u00fanica f\u00e1brica que temos na vila, e toda a familia se trasladou a vivir aqu\u00ed. A Xavi coloc\u00e1rono na nosa clase, a de 4\u00ba B, e non tardou nada en se ga\u00f1ar as simpat\u00edas de todos. Alegre, sedutor, enxe\u00f1oso, sempre coa frase oportuna na boca. Axi\u00f1a se converteu na persoa m\u00e1is popular do curso, todos os profesores estaban encantados con el. E iso por non falar da reacci\u00f3n das rapazas, que revoaban fascinadas ao seu redor coma se fose un deses cantantes das revistas, omnipresentes en todas as s\u00faas carpetas.<\/p>\n<p>Deb\u00edamos de levar algo m\u00e1is dun mes de curso cando Laura, a nosa profesora de Lingua, nos propuxo unha desas actividades que a ela lle gusta chamar \u201cespeciais\u201d. Trat\u00e1base de constru\u00edr, tal era o nome do exercicio, \u00abUn alfabeto para a mi\u00f1a vida\u00bb. Aparentemente, algo de estrema sinxeleza: facerlle corresponder a cada letra do abecedario unha palabra que a tivese de inicial, coa condici\u00f3n de que estivese cargada de resonancias emotivas para n\u00f3s. \u201cUnha palabra que vos remova por dentro, tal como fai unha pedra cando a tiramos \u00e1 auga dun estanque\u201d, d\u00edxonos, despois de po\u00f1er alg\u00fans exemplos das que ela seleccionar\u00eda e de nos explicar as raz\u00f3ns da s\u00faa escolla. E a seguir, teriamos que elixir tres das palabras seleccionadas e explicar por que eran relevantes, por que ti\u00f1an un significado especial na nosa vida.<\/p>\n<p>Cada vez que nos mandaba unha actividade dese tipo, que sempre era para fac\u00e9rmola f\u00f3ra da aula, Laura seleccionaba despois varias persoas para leren en voz alta o que escribiran. Lembro que aquela vez foi Xavi un dos elixidos e que leu o seu alfabeto moi a modi\u00f1o, coma se tivese un especial interese en que non se nos despistase ningunha das palabras que o formaban. Houbo un ruxerruxe por toda a clase ante algunhas asociaci\u00f3ns ins\u00f3litas, era inevitable, pero foi m\u00e1is impresionante o silencio que se estendeu pola aula cando leu o texto onde explicaba a elecci\u00f3n das palabras correspondentes \u00e1s letra G, I e P: <em>gai<\/em>, <em>internet<\/em>, <em>pais<\/em>. Era un texto que agora mesmo poder\u00eda recitar de memoria, pois aquela mesma tarde colgouno no seu blog (daquela soubemos que levaba un blog: <a title=\"O blog onde se pode ler o relato\" href=\"http:\/\/abrirasportas.blogaliza.org\/\" target=\"_blank\">http:\/\/abrirasportas.blogaliza.com<\/a>!) e eu, despois de imprimilo en canto cheguei \u00e1 casa, pasei o resto das horas tombado na cama, l\u00e9ndoo unha vez e m\u00e1is outra:<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><span style=\"color: #000080;\">\u00abReco\u00f1ecer que son gai e asumilo con naturalidade foi un dos feitos m\u00e1is importantes da mi\u00f1a vida. Supo\u00f1o que sempre o fun, mais tardei en decatarme de que as mi\u00f1as preferencias sexuais non coincid\u00edan coas da maior\u00eda. A\u00ednda tardei m\u00e1is en aceptalo, nesta sociedade non \u00e9 nada doado. Se o consegu\u00edn foi grazas aos meus pais e a Internet. A\u00ednda que ficaron desconcertados cando llelo dixen, o meu pai e a mi\u00f1a nai ofrec\u00e9ronme todo o seu apoio, amos\u00e1ronme que cr\u00edan de verdade na palabra liberdade e que o seu amor por min non ti\u00f1a l\u00edmites. E Internet, a marabillosa Rede, axudoume a descubrir que non estaba s\u00f3, que hab\u00eda outros mozos e mozas que, coma min, segu\u00edan un cami\u00f1o distinto ao da maior\u00eda. Nin mellor, nin peor: diferente.\u00bb<\/span><\/p>\n<p>O texto de Xavi foi un revoluci\u00f3n, e non s\u00f3 para min. A profesora, tras o silencio que seguiu \u00e1 lectura, felicitouno polo traballo e pola s\u00faa valent\u00eda. Algunhas compa\u00f1eiras aplaudiron, mentres os rapaces nos mirabamos uns aos outros, desconcertados, a\u00ednda que, no meu caso, as raz\u00f3ns fosen ben distintas. Lembro aquela clase como unha experiencia estra\u00f1a: coma se algu\u00e9n dese unha palmada sobre un puzzle xa ordenado, e todas as pezas saltasen polos aires. Sabiamos que se poder\u00eda recompo\u00f1er m\u00e1is tarde, xaora, mais o debuxo final nunca ser\u00eda o mesmo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>E AQU\u00cd ESTOU AGORA, diante da oportunidade que Laura me ofrece en bandexa, tratando de vencer os meus medos, eses medos que me acompa\u00f1an cada minuto de cada d\u00eda. Este \u00abG\u00fastame \/ Non me gusta\u00bb \u00e9 a ocasi\u00f3n perfecta para que eu abra tam\u00e9n as portas e saia por fin deste agocho onde me refuxio. S\u00edntome protexido nel, e mesmo c\u00f3modo, pero sei que acabar\u00e1 amarg\u00e1ndome, que conseguir\u00e1 destru\u00edrme se non o abandono dunha vez. Reco\u00f1ezo que tam\u00e9n \u00e9 atractiva a excitaci\u00f3n de se saber dono dun segredo, de fantasiar cunha identidade oculta. Ter unha vida clandestina, unha personalidade dobre, como Spiderman ou Batman. Mais non pode ser, alg\u00fan d\u00eda terei que lle po\u00f1er fin a este teatro.<\/p>\n<p>O exercicio que Laura nos propuxo \u00e9 moi interesante. Consiste s\u00f3 en escribir o que me gusta e o que non, definirme a trav\u00e9s de algo tan sinxelo como enlazar unha frase detr\u00e1s doutra, coma se fosen as pedras amoreadas dun milladoiro. A oportunidade de, como fixo Xavi, usar o texto para dicirlle aos outros como son. Se me atrevo, se me decido, sei que xa non haber\u00e1 nunca volta atr\u00e1s:<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\">\u00a0<span style=\"font-size: 13px; color: #000080;\">G\u00daSTAME<\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><span style=\"color: #000080;\">Xogar ao baloncesto co meu equipo, os cadros de Van Gogh, pasear pola praia \u00e1 noiti\u00f1a, a satisfacci\u00f3n de aprender unha nova canci\u00f3n coa guitarra, xogar ao Trivial, pasear en bicicleta, as novelas de Hermann Hesse, as tortas de maz\u00e1 da mi\u00f1a avoa, Leonardo di Caprio en <em>Titanic<\/em>, os discos dos grupos brit\u00e1nicos dos anos sesenta que colecciona o meu pai, as cidades cosmopolitas, que me abracen cando estou triste, os d\u00edas festivos, a noite das lumeiradas de San Xo\u00e1n, recibir\u00a0<\/span><span style=\"color: #000080; font-size: 13px;\">mensaxes no m\u00f3bil, pasar horas en Tuenti e en Facebook, xogar \u00e1s cartas cos meus av\u00f3s, contemplar as fotos de cando era pequeno, os bocadillos de xam\u00f3n con tomate, ver chover a trav\u00e9s a fiestra, as Harley Davidson, as noites estreladas, a valent\u00eda de Xavi ao declararse gai, as persoas coas que se pode falar tranquilamente, ir de acampada, ler un libro que me faga pensar, <\/span><em style=\"color: #000080; font-size: 13px;\">Watchmen<\/em><span style=\"color: #000080; font-size: 13px;\"> e os outros c\u00f3mics de Alan Moore, as pel\u00edculas de terror, a cor que collen as follas das \u00e1rbores no outono, o \u00faltimo d\u00eda de clase, o primeiro d\u00eda de vacaci\u00f3ns&#8230;<\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><span style=\"color: #000080;\">NON ME GUSTA<\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><span style=\"font-size: 13px; color: #000080;\">A coliflor, as praias ateigadas de xente, os profesores que dan mal as clases, o pur\u00e9 de verduras, a inxustiza e a hipocris\u00eda que hai na sociedade, os libros de ciencia-ficci\u00f3n, a remolacha, o remate das vacaci\u00f3ns, os malos tratos \u00e1s mulleres, a m\u00fasica techno, a xente que pretende aparentar o que non \u00e9, madrugar, os programas do coraz\u00f3n, tardar tanto tempo en vencer o medo a dicir que son gai, que non me pidan perd\u00f3n cando me fan dano, a hipocris\u00eda, as ditaduras, a \u00faltima clase do venres, os que non che escoitan cando lles falas, suspender exames, ler por obrigaci\u00f3n un libro que non me gusta, deitarme polas noites, erguerme polas ma\u00f1\u00e1s, que se me acabe a tinta do bol\u00edgrafo, quedar sen saldo no m\u00f3bil, a cor laranxa, os desastres ecol\u00f3xicos, as pel\u00edculas de guerra, as centrais nucleares, cami\u00f1ar s\u00f3 pola r\u00faa, escoitar o tictac do reloxo durante a noite&#8230;<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u00c9 A HORA DA CLASE de Lingua, Laura acaba de entrar na aula. Chegou o momento de permitir que sexa o azar quen decida: se a profesora non me elixe, s\u00f3 ela ler\u00e1 o meu texto cando os revise. Inv\u00e1denme os nervios mentres nos anuncia que imos comezar a clase lendo alg\u00fans textos da actividade que nos mandou, e que ela ir\u00e1 comentando o que lle parecen. Clara \u00e9 a primeira que le, e despois faino Marcos; Sara \u00e9 a terceira, toda a clase ri co seu texto divertido e burleiro. A profesora comenta os tres textos lidos, sinala alg\u00fans defectos, loa outros detalles. E logo engade que, como mostra, xa son suficientes; recoller\u00e1 os do resto da clase e xa nolos devolver\u00e1 comentados. Mais non tardan nada en xurdir varias voces pedindo que se lea alg\u00fan m\u00e1is. Laura acepta sen dubidalo moito, creo que a ela tam\u00e9n lle divirte escoitar os nosos autorretratos. Examina a lista de clase que ten diante, percorrendo os nomes co seu dedo.<\/p>\n<p>&#8211;Novoa Leal, Adri\u00e1n. Tocouche, Adri\u00e1n; escoit\u00e1moste.<\/p>\n<p>\u00c9 o meu nome. Nese intre si que me dominan os nervios, van e ve\u00f1en desbocados por todas as partes do meu corpo. Sei que a\u00ednda estou a tempo de me botar atr\u00e1s sen que ningu\u00e9n se decate, bastar\u00e1 con eliminar as frases que coloquei en lugares estrat\u00e9xicos. Ou podo atreverme a lelo enteiro, abrir as portas e deixar atr\u00e1s todos os medos. Al\u00e1 vou:<\/p>\n<p>&#8212; G\u00fastame xogar ao baloncesto co meu equipo, os cadros de Van Gogh, pasear pola praia \u00e1 noiti\u00f1a, a satisfacci\u00f3n de aprender unha nova canci\u00f3n coa guitarra, xogar ao Trivial, pasear en bicicleta, as novelas de Hermann Hesse, as tortas de maz\u00e1 da mi\u00f1a avoa\u2026<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/iNwB98Xq94M\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A\u00ednda que este blog se rexe por unhas Intenci\u00f3ns que explicitei na primeira entrada que escrib\u00edn, hoxe fago unha excepci\u00f3n para falar dun programa de radio e reproducir un conto que escrib\u00edn hai alg\u00fan tempo. Hai uns d\u00edas, Javier Gallego dedicou o seu programa Carne Cruda 2.0, na cadena SER Digital, ao tema \u00abSalir del [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10201,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-10211","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10211","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10211"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10211\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10201"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10211"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10211"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10211"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}