{"id":10189,"date":"2014-03-31T17:57:36","date_gmt":"2014-03-31T15:57:36","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/as-bruxas-de-roald-dahl-2\/"},"modified":"2014-03-31T20:23:27","modified_gmt":"2014-03-31T18:23:27","slug":"as-bruxas-de-roald-dahl","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/as-bruxas-de-roald-dahl\/","title":{"rendered":"As bruxas de Roald Dahl"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\">(A imaxe \u00e9 un dos fotogramas da pel\u00edcula <em>The Witches<\/em>, Nicholas Roeg, 1990)<\/p>\n<h5 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #000080;\">As bruxas (Roald Dahl. Xerais, 2006)<\/span><\/h5>\n<p><strong>Roald Dahl: un mestre<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Roald-Dahl-1.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-10172\" title=\"Roald Dahl 1\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Roald-Dahl-1.jpg\" alt=\"\" width=\"257\" height=\"196\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Roald-Dahl-1.jpg 257w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Roald-Dahl-1-110x83.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 257px) 100vw, 257px\" \/><\/a>Para quen isto escribe, falar de <a title=\"web de Roald Dahl\" href=\"http:\/\/www.roalddahl.com\/\" target=\"_blank\">Roald Dahl<\/a> \u00e9 cousa seria. Te\u00f1o repetido ben de veces que o escritor gal\u00e9s \u00e9 un dos meus mestres neste oficio da escrita. Non lle chego \u00e1 altura dos xeonllos, xaora, mais <a title=\"Unha introduci\u00f3n a RD\" href=\"http:\/\/pinakes.educarex.es\/numero8\/descargas\/articulo12.pdf\" target=\"_blank\">Roald Dahl<\/a> foi un dos autores (xa haber\u00e1 ocasi\u00f3n de falarmos doutros, e doutras) que, nos anos oitenta, me descubriu que exist\u00eda unha literatura infantil moi distinta das concepci\u00f3ns estereotipadas dominantes.<\/p>\n<p>Cando lin ademais os seus libros considerados \u00abpara adultos\u00bb, descubr\u00edn que hab\u00eda unha continuidade entre uns e outros (que grande, \u00ab<a title=\"&quot;Pracer de cl\u00e9rigo&quot; de RD\" href=\"http:\/\/lolabits.es\/kikerto\/Literatura+variada\/D\/Dahl*2c+Roald+-+Placer+de+clerigo,1943372.doc\" target=\"_blank\">Pracer de cl\u00e9rigo<\/a>\u00ab!). E iso axudoume a entender que as fronteiras entre as d\u00faas literaturas, se \u00e9 que as hab\u00eda, eran difusas e port\u00e1tiles. E que un libro infantil, se era bo, ti\u00f1a que resultarlle atractivo tam\u00e9n a un lector adulto. Hai na Rede <a title=\"Texto de Blasina Cantizano en CLIJ\" href=\"http:\/\/www.fundaciongsr.org\/documentos\/6246.pdf\" target=\"_blank\">traballo magn\u00edficos<\/a> sobre Dahl, dos que saliento aqu\u00ed <a title=\"Web sobre RD feita por IES A Xunqueira 1\" href=\"http:\/\/www.iesxunqueira1.com\/dahl\/index.htm\" target=\"_blank\">esta p\u00e1xina feita<\/a> polo IES A Xunqueira 1 de Pontevedra.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Portada-de-Xerais.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-full wp-image-10181\" title=\"Portada de Xerais\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Portada-de-Xerais.jpg\" alt=\"\" width=\"160\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Portada-de-Xerais.jpg 160w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Portada-de-Xerais-110x154.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 160px) 100vw, 160px\" \/><\/a>Non preciso reivindicar aqu\u00ed <a title=\"Texto de Marcela Carranza sobre RD\" href=\"http:\/\/www.imaginaria.com.ar\/15\/0\/dahl.htm\" target=\"_blank\">a obra de Roald Dahl<\/a>, moi <a title=\"Artigos sobre RD en Imaginaria\" href=\"http:\/\/www.imaginaria.com.ar\/15\/0\/destacados.htm\" target=\"_blank\">co\u00f1ecida<\/a> e <a title=\"Sobre os libros de RD\" href=\"http:\/\/issuu.com\/ananebreda\/docs\/roald_dahl-nebreda-biblioabrazo\" target=\"_blank\">divulgada<\/a>, e m\u00e1is desde a <a title=\"O cine e RD\" href=\"http:\/\/www.imaginaria.com.ar\/02\/6\/dahl.htm\" target=\"_blank\">adaptaci\u00f3n ao cine<\/a> dalg\u00fan dos seus libros m\u00e1is populares. Somos moitas as persoas, pequenas e grandes, que gozamos coas s\u00faas historias.<\/p>\n<p>Entre os meus preferidos, est\u00e1n t\u00edtulos como <em>Matilda<\/em>, <em>Charlie e a f\u00e1brica de chocolate<\/em> ou <em>Boy. Relatos de infancia<\/em>. Calquera deles poder\u00eda ser o pretexto para falarmos de Roald Dahl neste blog. Mais tam\u00e9n \u00e9 certo que sinto unha especial querenza por <em>As bruxas<\/em>, unha novela que o autor escribiu en 1983 (<em>Charlie e a f\u00e1brica de chocolate <\/em>\u00e9 de 1964 , e <em>Matilda<\/em>, de 1988). Un libro que lin e rel\u00edn na <a title=\"http:\/\/www.librosalfaguarainfantil.com\/uploads\/ficheros\/libro\/guia-actividades\/200504\/guia-actividades-brujas.pdf\" href=\"Edici\u00f3n en Alfaguara\" target=\"_blank\">edici\u00f3n de Alfaguara<\/a> e que volv\u00edn ler e reler cando <a title=\"Ficha de As Bruxas en Xerais\" href=\"http:\/\/www.xerais.es\/libro.php?id=1460965\" target=\"_blank\">Edici\u00f3ns Xerais publicou<\/a> a traduci\u00f3n ao galego. As d\u00faas coas ilustraci\u00f3ns de <a title=\"Sobre Quentin Blake e Roald Dahl\" href=\"http:\/\/www.imaginaria.com.ar\/03\/0\/blake.htm\" target=\"_blank\">Quentin Blake<\/a>, compa\u00f1eiro de Roald Dahl en moitos dos seus libros.<\/p>\n<p><strong style=\"font-size: 13px;\">Unhas bruxas mi modernas<\/strong><\/p>\n<p>Son moitas <a title=\"Recensi\u00f3n en Prensa Juvenil\" href=\"http:\/\/www.prensajuvenil.org\/?q=content\/las-brujas-de-roald-dahl\" target=\"_blank\">as virtudes<\/a> desta irreverente e espl\u00e9ndida novela. Como afirma <a title=\"Blasina Cantizano sobre As Bruxas en Imaginaria\" href=\"http:\/\/www.imaginaria.com.ar\/10\/5\/brujas.htm\" target=\"_blank\">Blasina Cantizano<\/a>, \u00ab<em>As bruxas<\/em> \u00e9 unha historia intelixente, divertida e sorprendente que se move entre dous planos ben distintos: unha trama cl\u00e1sica de bruxas malvadas e unha historia fant\u00e1stica de maxia e de acci\u00f3n do m\u00e1is actual. (&#8230;) Dahl combina tradici\u00f3n e innovaci\u00f3n nunha historia brillante, ocorrente e moi divertida que fai a ledicia de lectores de calquera idade, \u00e9poca ou lugar\u00bb. Con todo, non podemos esquecer que tam\u00e9n houbo voces que criticaban a presunta misoxinia da historia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/as-bruxas-32.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-full wp-image-10178\" title=\"as bruxas 3\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/as-bruxas-32.jpg\" alt=\"\" width=\"281\" height=\"180\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/as-bruxas-32.jpg 281w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/as-bruxas-32-110x70.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 281px) 100vw, 281px\" \/><\/a>Da trama de <em>As bruxas<\/em> s\u00f3 contarei aqu\u00ed o inicio; non lles quero estragar o libro \u00e1s persoas que, se cadra porque est\u00e1 nunha colecci\u00f3n infantil, a\u00ednda non tiveron a fortuna de lelo.<\/p>\n<p>A novela est\u00e1 narrada en primeira persoa. O neno protagonista, do que nunca sabemos o nome, perde os seus pais nun accidente e ten que ir vivir coa s\u00faa avoa materna, que reside en Noruega. No testamento, os pais do neno ped\u00edan que, se lles suced\u00eda algo, a avoa e mais el marchasen a vivir na casa de Inglaterra. As\u00ed o fan, mais de cami\u00f1o, para descansar uns d\u00edas, paran nun hotel da vila de Bournemouth. Nese hotel, vaise celebrar a convenci\u00f3n anual das Damas da Real Sociedade para a Prevenci\u00f3n da Crueldade cos Nenos; en realidade, \u00e9 unha tapadeira da convenci\u00f3n de Bruxas de Inglaterra, que se propo\u00f1en acabar de vez con todos os nenos e nenas do pa\u00eds. Contar algo m\u00e1is, xa ser\u00eda estragar a lectura.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/hXrBk3S5PRk\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p><strong style=\"font-size: 13px;\">Uns personaxes inesquecibles<\/strong><\/p>\n<p>Unha das grandes virtudes desta novela \u00e9 o conxunto de personaxes creados por Roald Dahl. A avoa do neno, que fuma puros e ten ideas sobre a vida moi pouco convencionais, destaca por riba dos outros. Un dos di\u00e1logos memorables dos moitos que cont\u00e9n o libro creo que \u00e9 suficiente para ofrecer un bo retrato dela:<br \/>\n(<span style=\"color: #000080;\">&#8230;)<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014\u00bfEn que outras cousas te\u00f1o que fixarme para reco\u00f1ecer unha bruxa? \u2013preguntei eu.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014F\u00edxate nos buratos do nariz \u2013dixo a mi\u00f1a avoa\u2013. As bruxas te\u00f1en os buratos do nariz un pouqui\u00f1o m\u00e1is grandes c\u00e1s persoas normais. O bordo de cada burato do nariz \u00e9 rosado e curvo, coma o bordo dalgunhas cunchas mari\u00f1as.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014\u00bfPor que te\u00f1en os buratos do nariz tan grandes? \u2013preguntei eu.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> <a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/as-bruxas-1.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-10179\" title=\"as bruxas 1\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/as-bruxas-1.jpg\" alt=\"\" width=\"259\" height=\"194\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/as-bruxas-1.jpg 259w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/as-bruxas-1-110x82.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 259px) 100vw, 259px\" \/><\/a>\u2014Para ulir mellor. Unha BRUXA VERDADEIRA ten os m\u00e1is asombrosos poderes de olfacto. Mesmo pode ulir un neno que est\u00e1 na outra beira da r\u00faa nunha noite negra coma a brea.<\/span><span style=\"color: #000080;\"><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/as-bruxas-31.jpg\"><br \/>\n<\/a>\u2014A min non poder\u00eda ulirme \u2013dixen eu\u2013. Acabo de ba\u00f1arme&#8230;<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014Claro que poder\u00eda \u2013dixo a mi\u00f1a avoa\u2013. Canto m\u00e1is limpo esteas m\u00e1is oloroso es para unha bruxa.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014Iso non pode ser certo \u2013dixen eu.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014Un neno completamente limpo despide o m\u00e1is arrepiante fedor para unha bruxa \u2013dixo a mi\u00f1a avoa\u2013. Canto m\u00e1is sucio esteas, menos ulir\u00e1s.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014Pero iso non ten sentido, avoa.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014Claro que o ten \u2013dixo a mi\u00f1a avoa\u2013. Non \u00e9 a sucidade o que a bruxa ole. \u00c9 a ti. O olor que volve tola a unha bruxa sae da t\u00faa pel. V\u00e9n zumegando da t\u00faa pel en ondas, e esas ondas, ondas f\u00e9tidas ch\u00e1manlles as bruxas, van flotando polo aire e dan na bruxa coma unha labazada, xusto no nariz. E fainas bambear.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014Eh, agarda un momento, avoa&#8230;<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014Non me interrompas. A cuesti\u00f3n \u00e9 esta. Cando non te lavas durante unha semana, a t\u00faa pel est\u00e1 toda cuberta pola sucidade, ent\u00f3n est\u00e1 claro que as ondas f\u00e9tidas que desprende a t\u00faa pel non poden sa\u00edr zumegando tan forte.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014Non me volverei ba\u00f1ar xamais \u2013dixen eu.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> \u2014Abonda con que non te ba\u00f1es moi a mi\u00fado \u2013dixo a mi\u00f1a avoa\u2013. Unha vez \u00f3 mes \u00e9 abondo para un neno sensato.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> Era en momentos coma este cando eu m\u00e1is quer\u00eda \u00e1 mi\u00f1a avoa. (&#8230;)<\/span><\/p>\n<p>O outro personaxe antagonista, tam\u00e9n inesquecible, \u00e9 a Gran Bruxa, ben m\u00e1is malvada e arteira ca todas as que andan polos contos dos Grimm e por outros relatos marabillosos. E, xaora, o neno protagonista, v\u00edtima permanente dun dos sortilexios da Bruxa, pois o remate deste libro af\u00e1stase moito do cl\u00e1sico final feliz.<\/p>\n<p>Sobre este libro f\u00edxose unha pel\u00edcula, que en Espa\u00f1a se chamou <a title=\"Ficha en Film Affinity\" href=\"http:\/\/www.filmaffinity.com\/es\/film436312.html\" target=\"_blank\"><em>La maldici\u00f3n de las brujas<\/em><\/a> (<em>The Witches<\/em>, Nicholas Roeg, 1990), con Anj\u00e9lica Huston interpretando a Bruxa Maior. Malia recoller ben a historia, non ten a forza corrosiva e humor\u00edstica do texto de Roald Dahl. E cont\u00e9n algunha secuencia curiosa, como esta que nos lembra a que Einsestein rodou nas escaleiras de Odessa en <em>O acoraizado Potemkin<\/em>.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/POmE8JJL-nI\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p><strong style=\"font-size: 13px;\">A infancia segundo Roald Dahl<\/strong><\/p>\n<p>\u00abConsidero que os nenos son seres semi-civilizados. Ao naceren est\u00e1n por civilizar, cando chegan aos 12 ou 15 anos xa se lles ensinaron modais: a non comer cos dedos, a ser limpos, a vestirse axeitadamente. Unha chea de cousas que en realidade non queren facer, que non lles gustan. Subconscientemente, os nenos odian ser civilizados. E a xente que os obriga a facer esas cousas que non lles gustan son os pais. Sobre todo a nai. M\u00e1is adiante son os pais e os mestres. Aos nenos non lles gustan estes adultos e eu uso isto en moitos dos meus libros. Tr\u00e1tase de deixar en rid\u00edculo os adultos, sabe vostede? \u00c9 algo inofensivo mais aos nenos enc\u00e1ntalles.\u00bb<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/OWm-21uoSPw\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p>(Booktrailer sobre <em>As Bruxas<\/em>, realizado polo alumnado dunha escola de Buenos Aires)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(A imaxe \u00e9 un dos fotogramas da pel\u00edcula The Witches, Nicholas Roeg, 1990) As bruxas (Roald Dahl. Xerais, 2006) Roald Dahl: un mestre Para quen isto escribe, falar de Roald Dahl \u00e9 cousa seria. Te\u00f1o repetido ben de veces que o escritor gal\u00e9s \u00e9 un dos meus mestres neste oficio da escrita. Non lle chego [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10167,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[45],"tags":[],"class_list":["post-10189","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-afp"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10189","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10189"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10189\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10167"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10189"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10189"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10189"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}