Lembranza de The Mamas & The Papas
Na foto, os membros de The Mamas & The Papas.
De esquerda a dereita, Denny Doherty, Cass Elliot, Michelle Phillips e John Phillips,
o líder do grupo e compositor de moitas das cancións.
The Mamas & The Papas se deron a coñecer en España. A finais do verán dese mesmo ano puiden mercar o single que as contiña: Monday, Monday e California dreamin’. A esas alturas, Monday, Monday xa soaba en múltiples emisoras, pois foi unha canción que se fixo moi popular.
Creo que foi no ano 1966 cando escoitei por vez primeira, a través da radio, as dúas cancións coas queDesde aquel primeiro disco, quedaron engadidos ao meu listado de grupos preferidos. Estaban encadrados no que se deu en chamar o folk-rock, a carón doutros grupos e cantantes que tiñan como centro a cidade de Los Ángeles (The Byrds, Scott McKenzie, The Young Rascals…), onde xa estaban consolidados outros grupos importantes como The Beach Boys. A The Mamas & The Papas asocióuselles co movemento hippie, que naceu por aqueles anos.
Foi un grupo que non durou moito. Gravaron o primeiro disco en 1965 e o derradeiro, en 1968. Logo cada un seguiu a súa carreira en solitario. Mais deixáronnos cancións memorables, como as dúas do primeiro single e outras como este fermosísimo «Dedicated to the one I love«, onde brilla especialmente a súa mestría nas harmonías vocais.
Velaquí a canción «Monday, Monday», nunha actuación en directo de The Mamas & The Papas:
Esta é outra versión da mesma canción, gravada en directo no Festival de Monterey (California), en xuño de 1967. Ten a peculiaridade de que, ao primeiro, os membros do grupo vanse presentando ao público.
Neste derradeiro vídeo, The Mamas & The Papas cantan «California Dreamin'», tamén en directo, en Los Angeles, California (decembro de 1965). A revista Rolling Stones cualificouna como unha das mellores 500 cancións da historia.
Non preciso dicir que, malia a súa desaparición, quedaron os seus discos. Unha ampla recompilación do seu traballo aínda se escoita ben de veces na miña casa. Seguro que pasa o mesmo nas de tantas persoas que viviron aqueles anos finais da década dos sesenta.