«A construción do lector»: intervención de Agustín Fernández Paz
Os días 7 e 8 de marzo de 2013, celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, aos que asistiu o profesorado responsable das bibliotecas dos 504 centros integrados neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia. O programa deséñao e coordínao o Servizo de Bibliotecas Escolares.
Agustín Fernández Paz desenvolveu a conferencia de clausura dos Encontros. Co título «A construción do lector / Agora entramos nós» tratou algúns dos temas esenciais no proceso de promoción e práctica da lectura no ámbito escolar: desde a importancia dos mediadores ata o papel crucial da lectura na formación das persoas, pasando pola necesidade de contar cunha nutrida selección de libros, axeitada ás diferentes fases do proceso lector. O texto que guiou a súa intervención pode lerse neste PDF
Neste vídeo, recóllese a totalidade da conferencia:
Agustín Fernández Paz: A construción do lector from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.