Tres poemas para o 21 de marzo

(A fotografía desta entrada -o rio dos Novos, en decembro- é da autoría de Inmaculada Reino)

Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día Mundial da Poesía. Un bo motivo para publicar aquí algúns deses poemas que, por unha razón ou por outra, me atraeron desde a primeira vez que os lin. Hai tanto onde elixir! Mais quedo só con tres, ha haber ocasións no futuro para compartir algúns máis.

O primeiro halles gustar ben ás nais e aos pais que teñan algún fillo pequeno. Escribiuno Wislawa Szymborska, a extraordinaria poeta polaca que levou o Premio Nobel no ano 2006, traducida hai pouco ao galego. Pertence ao seu libro Instante (Igitur, 2004) e reprodúzoo na tradución ao castelán de Gerardo Beltrán e Abel Murcia Soriano:

UNA NIÑITA TIRA DEL MANTEL

Desde hace más de un año se está en este mundo,

y en este mundo no todo se ha examinado

y puesto bajo control.

 

Ahora a prueba están las cosas

que no pueden moverse solas.

 

Hay que ayudarlas en eso,

correrlas, empujarlas,

cogerlas de un lugar y trasladarlas.

 

No todas quieren, por ejemplo el armario,

la cómoda, la inflexible pared, la mesa.

 

Pero ya el mantel sobre la testaruda mesa

–si se lo agarra bien de las orillas—

muestra disposición al viaje.

 

Y sobre el mantel los vasos, los platitos,

una jarrita con leche, cucharitas y un tazón

hasta tiemblan de ganas.

 

Muy interesante,

qué movimiento elegirán

cuando ya se agiten en el borde:

¿recorrido por el techo?

¿vuelo alrededor de la lámpara?

¿salto a la ventana y de ahí a un árbol?

 

El señor Newton no tiene aún nada que ver con eso.

Que mire desde el cielo y agite los brazos.

 

Esa prueba tiene que hacerse.

Y se hará.

 

O segundo é un poema de amor, da autoría de Olga Novo, poeta nada no lugar de Vilarmao (A Pobra do Brollón), pertencente ao seu libro Nós nus (Xerais, 1997):

 

OS LÍQUIDOS ÍNTIMOS

Coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.

algunhas conservan alongados os nomes que gravei a navalladas

tódalas tardes ó volver da escola.

 

acostumada a tirar dun poema como por un becerro cando se lle ven as patas,

cando xa non se está en idade de medrar

toda maduración require un desgarro de tendóns,

entón é cando corren polo meu peito

rabaños de cabras

que non se dirixen a ningunha parte,

suben as paredes desde as que te vexo,

arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.

 

o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.

 

case non podo soportar que as túas mans me acariñen

como a lá dos xerseis que me facía miña nai cando era nena.

 

pero coa miña pel,

coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.

 

(quen o precise, ten aquí a tradución ao castelán)

 

O terceiro poema é do inmenso poeta irlandés William Butler Yeats, Premio Nobel no ano 1923. Trátase dunha das súas composicións máis coñecidas, «O poeta desexa os panos do ceo». Reprodúzoo aquí na tradución de Plácido R. Castro, incluída no volume Poesía inglesa e francesa vertida ao galego, publicado en Bos Aires en 1949, nos anos do exilio, e reeditado en 2004 por Galaxia.

O POETA DESEXA OS PANOS DO CEO

Se eu tivese eses panos bordados do ceo,

Traballados con luces de ouro e de prata,

Eses panos azules, e foscos, e escuros,

Os da noite, e o día, e a media claridade,

Eu tendería os panos debaixo dos teus pés:

Mais como son tan pobre só teño os meus soños;

Tendín estes meus soños debaixo dos teus pés;

Camiña docemente, que andas sobre os meus soños.

 

(O poema orixinal e mais unha tradución ao castelán, poden lerse aquí)