Oito doas para San Simón

Discurso pronunciado por Agustín o 6 de xuño de 2009 na illa de San Simón con motivo da celebración do ditame do XXVII premios Xerais.

 

Oito doas para San Simón

Discurso pronunciado por
Agustín Fernández Paz
o día 6 de xuño de 2009 na illa de San Simón con motivo da celebración do ditame
dos XXVIo Premios Xerais.

I

Pisei por vez primeira esta illa o 14 de setembro de 2001, tres días despois de ver na televisión como se derrubaban as torres xemelgas de New York, naquel 11 de setembro que me fixo retrotraer no tempo e lembrar a mesma data, pero de 1973, e a onda de morte que se abateu sobre o Chile de Allende tras o feroz golpe de Estado, unha marca indeleble para a miña xeración.

Cheguei a San Simón, daquela aínda cos edificios sen restaurar, co corazón batendo exaltado no meu pei- to. Viña cun permiso especial para permanecer aquí durante todo o día, coa única compaña do señor Ramón e dos seus cans. De Cesantes só me separaban uns centos de metros, mais axiña me decatei de que aca- baba de entrar nun ámbito moi especial, nun deses lugares que gardan, coma nun aleph borgiano, a memo- ria da humanidade. Unha memoria milenaria, porque ata min chegaban os ecos dos versos do trobeiro e o balbordo de voces que daban conta da intensa historia vivi- da neste barco de pedra ancorado no fondo da ría.

As voces que eu viña buscando eran máis recentes. Eran as do sufrimento, as da angustia ante os «paseos» nocturnos, as do terror. O edificio situado fronte á capela, que agora aparece coma do trinque, estaba daquela devorado polo abandono, cos ocos das ventás escuros e silenciosos coma cuncas de caveira, unha lembranza aceda de canto alí dentro sucedera. As voces parecían falarme con ansiosa intensidade porque, daquela, eu andaba embarcado na escrita dunha nove- la que era coma un corpo aberto para esas voces. Unha novela que acabaría por se chamar Noite de voraces som- bras, un título tirado do máis conmovedor poema de José Ángel Valente, e que ten como centro o mínimo cemiterio de Santo Antonio, salvado milagrosamente dunha restauración que borrou todas as pegadas do horror que se viviu aquí.

II

Para explicar por que andaba obsesionado coa escrita daquela novela debo viaxar ao meu pasado, retroceder ata a miña infancia e adolescencia. Pertenzo a unha xeración que medrou aceptando como natural a diglosia granítica que se instalara moito antes na sociedade galega, e que se acentuara na ditadura. O galego enchoupaba a nosa concepción do mundo, pero seme- llaba ser algo que, coma os castiñeiros ou os carballos, formaba parte da paisaxe natural. Os libros, os xornais, o cine, a radio…, todas as fiestras que nos permitían ollar máis alá do horizonte ofrecíannos unha realidade monolítica en castelán.

Afeitos a escoitar e a estudar a historia oficial, semellaba que viviamos nun país desprovisto de raíces culturais, non tiñamos conciencia de posuírmos un pasado. Hai unha imaxe cruel deste baleiro, que tamén recollo na miña novela de San Simón: en 1967 morreu en Vilalba, nun accidente absurdo, Lois Peña Novo, curmán da miña avoa. Morreu unha das figuras impor- tantes da Galicia das Irmandades, e o seu pasamento non provocou ningunha reacción especial entre a mocidade da vila, que non sabiamos nada nin da súa obra nin da súa dimensión histórica, pois formaba par- te de todo o que nos fora negado.

[…]

Descargar o ensaio completo: Oito-doas-para-San-Simon