A revista «A voz de Vilalba» publica unha longa entrevista con Agustín Fernández Paz
A revista A voz de Vilalba do mes de setembro publica unha longa entrevista con Agustín Fernández Paz na que se repasa a concesión do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil e a publicación da súa novela Non hai noite tan longa, pero tamén a situación da lingua galega, a presenza da literatura no ensino… entre outras moitas cuestións.
A entrevista comeza cunha pregunta de Mario Paz González, o entrevistador, sobre a presenza de referencias a outros xéneros como o fantástico ou a novela negra en Non hai noite tan longa, ao que o escritor responde que «o da novela negra foi premeditado. Eu son, desde hai moitos anos, un bo lector dese tipo de novela na que, aproveitando unha historia, faise unha análise crítica da sociedade. Ademais, pra contar algo, non hai mellores tramas que as da novela negra, pois dun capítulo vanche levano ao outro, ata o final. O elemento fantástico é unha especie de marca da casa». (…)
Descargar a entrevista en PDF: avozdevilalba