{"id":9533,"date":"2013-10-01T21:35:16","date_gmt":"2013-10-01T19:35:16","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/por-fucinos-por-cacheiras-2\/"},"modified":"2013-10-03T12:29:20","modified_gmt":"2013-10-03T10:29:20","slug":"por-fucinos-por-cacheiras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/por-fucinos-por-cacheiras\/","title":{"rendered":"Por fuci\u00f1os! Por cacheiras!"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\">(A ilustraci\u00f3n \u00e9 de Miguelanxo Prado, e est\u00e1 tomada da web da TVG)<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>&#8220;XABAR\u00cdN 18&#8221;<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Hai varios meses, as mestras da <a title=\"http:\/\/montedaguia.blogspot.com.es\/\" href=\"Blog da EEI Monte da Gu\u00eda\" target=\"_blank\">Escola de Educaci\u00f3n Infantil &#8220;Monte da Gu\u00eda&#8221; <\/a>de Vigo pux\u00e9ronse en contacto comigo, como antes fixeran con outras persoas que nos dedicamos \u00e1 escrita ou \u00e1 ilustraci\u00f3n. Os membros do\u00a0 ENL do centro, en uni\u00f3n dos do <a title=\"CEP de Sequelo-Mar\u00edn\" href=\"http:\/\/www.edu.xunta.es\/centros\/ceipsequelomarin\/\" target=\"_blank\">CEP de Sequelo-Mar\u00edn<\/a>, decidiron homenaxear ao Xabar\u00edn, con motivo do seu 18\u00ba aniversario. O Xabar\u00edn da TVG, si: o heroe do programa inesquecible de varias xeraci\u00f3ns de nenas e nenos de Galicia, o personaxe ao que lle deu forma o noso <a title=\"P\u00e1xina web de Miguelanxo Prado\" href=\"http:\/\/www.miguelanxoprado.com\/\" target=\"_blank\">Miguelanxo Prado<\/a>. O programa que tanto fixo pola normalizaci\u00f3n da lingua entre a poboaci\u00f3n infantil.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-9527\" title=\"OINK_CUBERTA\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-224x300.jpg\" alt=\"\" width=\"224\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-224x300.jpg 224w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-527x705.jpg 527w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-450x602.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-530x709.jpg 530w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA-110x147.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/OINK_CUBERTA.jpg 550w\" sizes=\"auto, (max-width: 224px) 100vw, 224px\" \/><\/a>Eses nenos e esas nenas que seguiron o Xabar\u00edn desde o seu comezo en 1994, todos <a title=\"V\u00eddeo dos socios do Xabar\u00edn\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=61DdtG4Z8Jw\" target=\"_blank\">eses milleiros que se fixeron socios<\/a> e conseguiron o seu carn\u00e9, son agora mozos e mozas e te\u00f1en o seu aquel de nostalxia por un programa en que, ademais das series de debuxos animados, puideron ver e escoitar os mellores grupos galegos cantando as canci\u00f3ns que, case sempre, estaban feitas para seren emitidas no programa.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Esas canci\u00f3n andan agora en v\u00eddeo polo Youtube (<a title=\"Os Diplom\u00e1ticos\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=zt5i7VwZOhY\" target=\"_blank\">coma tal, esta<\/a>) e tam\u00e9n est\u00e1n recollidas en varios CDs que non sei se seguen \u00e1 venda. E non \u00e9 casualidade que <a title=\"Web da revista OINK!\" href=\"http:\/\/revistaoink.com\/\" target=\"_blank\">unha revista infantil que acaba de sa\u00edr, OINK!<\/a>, tome o seu nome do popular Xabar\u00edn.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Un programa que (\u00eda po\u00f1er inexplicablemente, mais supo\u00f1o que se explica con facilidade) a TVG decidiu suprimir cando maior era a s\u00faa popularidade. Haber\u00eda medo a que acabase contaxi\u00e1ndolle a lingua \u00e1 xente m\u00e1is nova?<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/FVFzdEzC6Rw\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-medium wp-image-9529\" title=\"Xabar\u00edn 18-2\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2-237x300.jpg\" alt=\"\" width=\"237\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2-237x300.jpg 237w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2-110x139.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/Xabar\u00edn-18-2.jpg 350w\" sizes=\"auto, (max-width: 237px) 100vw, 237px\" \/><\/a>Foron moitas as actividades e exposici\u00f3ns que levaron a cabo este magn\u00edfico grupo de docentes. O proxecto enteiro <a title=\"http:\/\/eeimontedaguia.wix.com\/xabarin18\" href=\"O proxecto Xabar\u00edn 18\" target=\"_blank\">pode verse aqu\u00ed<\/a>. Para po\u00f1erlle o ramo a todo o seu traballo, pensaron nunha publicaci\u00f3n, <em>Xabar\u00edn 18<\/em>, onde se recollen os textos e as ilustraci\u00f3ns que fixemos as persoas \u00e1s que nolo pediron.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Un exemplar deste pequeno libro chegou hai uns d\u00edas \u00e1s mi\u00f1as mans. Nun &#8220;Anexo&#8221; ao final da publicaci\u00f3n, as persoas que coordinaron o proxecto explican polo mi\u00fado a x\u00e9nese e a ampl\u00edsima variedade de actividades que realizaron, nas clases e coa comunidade educativa, arredor do Xabar\u00edn.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Como a edici\u00f3n \u00e9 non venal (supo\u00f1o que se pode pedir escrib\u00edndolle a alg\u00fan dos dous centros), apet\u00e9ceme reproducir no blog o texto da mi\u00f1a colaboraci\u00f3n. Tr\u00e1tase dun conto breve, cunha chiscadela final ao amigo Miguelanxo:<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><!--[if gte mso 9]><xml>\n<w:WordDocument>\n<w:View>Normal<\/w:View>\n<w:Zoom>0<\/w:Zoom>\n<w:HyphenationZone>21<\/w:HyphenationZone>\n<w:PunctuationKerning\/>\n<w:ValidateAgainstSchemas\/>\n<w:SaveIfXMLInvalid>false<\/w:SaveIfXMLInvalid>\n<w:IgnoreMixedContent>false<\/w:IgnoreMixedContent>\n<w:AlwaysShowPlaceholderText>false<\/w:AlwaysShowPlaceholderText>\n<w:Compatibility>\n<w:BreakWrappedTables\/>\n<w:SnapToGridInCell\/>\n<w:WrapTextWithPunct\/>\n<w:UseAsianBreakRules\/>\n<w:DontGrowAutofit\/>\n<\/w:Compatibility>\n<w:BrowserLevel>MicrosoftInternetExplorer4<\/w:BrowserLevel>\n<\/w:WordDocument>\n<\/xml><![endif]--><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><!--[if gte mso 9]><xml>\n<w:LatentStyles DefLockedState=\"false\" LatentStyleCount=\"156\">\n<\/w:LatentStyles>\n<\/xml><![endif]--><!--[if gte mso 10]>\n\n\n\n<style>\n\/* Style Definitions *\/\ntable.MsoNormalTable\n{mso-style-name:\"T\u00e1boa normal\";\nmso-tstyle-rowband-size:0;\nmso-tstyle-colband-size:0;\nmso-style-noshow:yes;\nmso-style-parent:\"\";\nmso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;\nmso-para-margin:0cm;\nmso-para-margin-bottom:.0001pt;\nmso-pagination:widow-orphan;\nfont-size:10.0pt;\nfont-family:\"Times New Roman\";\nmso-ansi-language:#0400;\nmso-fareast-language:#0400;\nmso-bidi-language:#0400;}\n<\/style>\n\n<![endif]--><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: center; mso-outline-level: 1;\" align=\"center\"><span style=\"color: #000080;\"><strong><span lang=\"GL\">DE COMO O XABAR\u00cdN ACABOU CONVERTIDO<\/span><\/strong><\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: center; mso-outline-level: 1;\" align=\"center\"><span style=\"color: #000080;\"><strong><span lang=\"GL\">NUNHA ESTRELA DA TELEVISI\u00d3N<\/span><\/strong><\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">Para noites fr\u00edas, as da Terra Ch\u00e1. Nos meses de inverno as xeadas son tan intensas que a terra amence dura coma se alg\u00fan feiticeiro a transformase en pedra, e as herbas, branquexadas polo fr\u00edo, semellan delicadas figuras de cristal que van rompendo conforme algu\u00e9n as pisa.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">Desas noites de xeada soubo axi\u00f1a o noso Xabar\u00edn. Todo foi ben mentres era novi\u00f1o e se refuxiaba no c\u00e1lido agocho a car\u00f3n da s\u00faa nai e dos seus tres irm\u00e1ns. Mais o malo chegou cando, ao ir medrando, se viu na obriga de buscar alimento pola s\u00faa conta. A\u00ednda bo era que a pel dura a as espesas serdas que a cubr\u00edan mitigaban un algo as coiteladas do intenso fr\u00edo nocturno.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">O alimento non abundaba na extensa zona que percorr\u00edan os da s\u00faa manda. E os homes que os persegu\u00edan un d\u00eda si e outro tam\u00e9n ti\u00f1an armas poderosas que lles permit\u00edan matar desde a distancia. Unha ma\u00f1\u00e1 en que o fr\u00edo era tanto que se lle met\u00eda ata a cana dos \u00f3sos, tocoulle ver como a s\u00faa nai e os tres irm\u00e1ns ca\u00edan para non ergu\u00e9rense m\u00e1is. Eran tantos os humanos e estaban tan ben situados que a\u00ednda non se explicaba como conseguira fuxir daquela chuvia de disparos.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">Privado da s\u00faa familia, Xabar\u00edn comezou unha vida solitaria. Abandonou as terras fr\u00edas de Vilalba, que tantas lembranzas amargas lle tra\u00edan, e marchou lonxe, seguindo sempre o cami\u00f1o do sol. E as\u00ed foi dar a unhas terras non menos fr\u00edas, mais si menos poboadas e con fragas onde a vida era m\u00e1is doada. Por fortuna, non tardou en localizar un extenso clareiro onde a auga zumegaba da terra e formaba pozas nas que, sobre todo cando as morneaba o sol, daba gusto meterse e enzoufarse na lama.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">Un d\u00eda, cando acababa de se dar un daqueles ba\u00f1os de barro que tanto o confortaban, bateu cun home sentado enriba dun gran penedo situado nas beiras do claro. Aquel humano non ti\u00f1a ning\u00fan pau de lume nas mans, sen\u00f3n un pequeno caderno e un delgado carabullo que utilizaba para trazar li\u00f1as sobre o papel.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">O home non ti\u00f1a intenci\u00f3n de fuxir, como adoitaba suceder cando Xabar\u00edn se atopaba con outros humanos. Ao rev\u00e9s, fitaba atentamente o animal, cunha ollada que o desconcertaba. As\u00ed permaneceron os dous durante ben de tempo, coma se houbese unha rede de f\u00edos invisibles que os un\u00edan.<\/span><\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #000080;\" lang=\"GL\">No momento en que o sol deixou de iluminar o claro, Xabar\u00edn deu media volta e marchou en direcci\u00f3n ao interior da fraga, onde ti\u00f1a o seu agocho. Nunca chegou a saber que aquel home se chamaba Miguelanxo e que, cando baixou do penedo, levaba no caderno os bosquexos que, alg\u00fans d\u00edas despois, lle servir\u00edan para dar vida ao Xabar\u00edn que alegrou as tardes da infancia da mi\u00f1a filla e de tantos nenos e nenas de todos os lugares de Galicia.<\/span><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/0PNFyCGbdZE\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(A ilustraci\u00f3n \u00e9 de Miguelanxo Prado, e est\u00e1 tomada da web da TVG) &#8220;XABAR\u00cdN 18&#8221; Hai varios meses, as mestras da Escola de Educaci\u00f3n Infantil &#8220;Monte da Gu\u00eda&#8221; de Vigo pux\u00e9ronse en contacto comigo, como antes fixeran con outras persoas que nos dedicamos \u00e1 escrita ou \u00e1 ilustraci\u00f3n. Os membros do\u00a0 ENL do centro, en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":9525,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-9533","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9533","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9533"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9533\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9525"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9533"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9533"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9533"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}