{"id":8291,"date":"2013-02-02T20:34:18","date_gmt":"2013-02-02T18:34:18","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/dous-relatos-minimos-2\/"},"modified":"2015-05-29T13:35:16","modified_gmt":"2015-05-29T11:35:16","slug":"dous-relatos-minimos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/dous-relatos-minimos\/","title":{"rendered":"Dous relatos m\u00ednimos"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #000080;\">(A fotograf\u00eda desta entrada \u00e9 da autor\u00eda de Inmaculada Reino)<\/span><\/p>\n<p><em>O texto que lin o pasado d\u00eda 28 na Universidade de Vigo, na sesi\u00f3n de investidura como Doutor Honoris Causa, era ben m\u00e1is extenso en borrador. Ao final, inclu\u00eda d\u00faas breves narraci\u00f3ns, das que finalmente s\u00f3 lin unha. Reproduzo aqu\u00ed a que descartei (&#8220;Un caso de licantrop\u00eda&#8221;) e a que lin (&#8220;Os extra\u00f1os mecanismos da memoria&#8221;).<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0<span style=\"color: #800080;\"><strong>UN CASO DE LICANTROP\u00cdA<\/strong><\/span><\/p>\n<p>Conforme pasaban os minutos, a insolencia daquela alumna \u00eda en aumento. Xa non se trataba s\u00f3 do seu ostentoso desprezo polas explicaci\u00f3ns que o profesor, con paciencia infinita, tentaba enfiar naquel ambiente hostil. O peor era que, ademais, a moza dedic\u00e1base a atraer a atenci\u00f3n do resto da clase con procedementos cada vez m\u00e1is imaxinativos. Ao contrario que a do profesor, a actuaci\u00f3n da moza acadaba, por que non dicilo, un \u00e9xito de p\u00fablico cada vez maior.<\/p>\n<p>Atentos como estaban \u00e1s impertinencias da s\u00faa compa\u00f1eira, os alumnos non se decataron das transformaci\u00f3ns m\u00ednimas que anunciaban o desastre: o medre desmesurado das u\u00f1as, as grosas sedas que apareceron polas partes visibles da pel, o sangue coloreando o branco dos ollos, os cairos afiados que asomaban por entre uns labios anormalmente inchados, a mudanza na forma e no tama\u00f1o das orellas, a desfeita nas costuras da chaqueta e do pantal\u00f3n&#8230;<\/p>\n<p>Cando foron conscientes do que ocorr\u00eda, era xa demasiado tarde. Alg\u00fans a\u00ednda tiveron un tempo fugaz para pensar en balas de prata e en cruces invertidas, e na ausencia da l\u00faa chea, m\u00e1is evidente no ceo azul daquela ma\u00f1\u00e1 de primavera, e noutras in\u00fatiles fantas\u00edas literarias e cinematogr\u00e1ficas, tan afastadas do \u00e1mbito docente e do rutineiro mobiliario escolar que os rodeaba.<\/p>\n<p>As\u00ed de terribles e inagardados son alg\u00fans fen\u00f3menos de licantrop\u00eda.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p align=\"center\"><span style=\"color: #800080;\"><strong>OS EXTRA\u00d1OS MECANISMOS DA MEMORIA<\/strong><\/span><\/p>\n<p>\u00a0Sempre escoitara dicir, e mesmo o lera nalg\u00fan libro, que, nos breves instantes que preceder\u00edan \u00e1 s\u00faa morte, toda a vida pasar\u00eda de xeito acelerado diante dos seus ollos, permit\u00edndolle revivir por derradeira vez as experiencias, amargas unhas, felices outras, que a s\u00faa memoria fora sepultando con paciencia xeol\u00f3xica no transcorrer dos anos.<\/p>\n<p>Un fen\u00f3meno as\u00ed, meditaba \u00e1s veces, ti\u00f1a que obedecer a unha rara orde programada nalgunha secuencia da curva helicoidal do noso ADN, algo as\u00ed como unha consoladora versi\u00f3n divina da m\u00e1quina que Adolfo Bioy Casares imaxinara en <em>La invenci\u00f3n de Morel<\/em>.<\/p>\n<p>Pero alg\u00fan axente debeu de alterar a secuencia que po\u00f1er\u00eda en marcha o complicado mecanismo, porque, nos segundos finais da s\u00faa vida, a memoria quedoulle ancorada con firmeza na imaxe luminosa de Laura, a rapaza de ollos de mel e trenzas louras que tanto amara nos seus anos adolescentes.<\/p>\n<p>E con ela chegou a m\u00fasica, impetuosa como a auga que baixa brava polo torrente. A m\u00fasica daquela canci\u00f3n esquecida, que agora regresaba con toda a s\u00faa potencia evocadora; a mesma que soaba cando Laura e mais el se bicaron coa emoci\u00f3n contida da primeira vez. Mentres a m\u00fasica asolagaba todos os recantos da s\u00faa memoria, foron aparecendo n\u00edtidas as cores: o vermello da saia da s\u00faa amiga, o louro das trenzas que tantas veces agarimara, o intenso verdor das follas dos carballos, a roib\u00e9n do ceo na hora do solpor, a cor de mel dos ollos que non conseguira esquecer nunca.<\/p>\n<p>Entendeu daquela que cando a vida enteira pasa, o \u00fanico que nos queda entre as mans \u00e9 a memoria dos momentos felices, a lembranza dese brazado de experiencias que en d\u00edas alegres alborotaron o noso coraz\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(A fotograf\u00eda desta entrada \u00e9 da autor\u00eda de Inmaculada Reino) O texto que lin o pasado d\u00eda 28 na Universidade de Vigo, na sesi\u00f3n de investidura como Doutor Honoris Causa, era ben m\u00e1is extenso en borrador. Ao final, inclu\u00eda d\u00faas breves narraci\u00f3ns, das que finalmente s\u00f3 lin unha. Reproduzo aqu\u00ed a que descartei (&#8220;Un caso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8273,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-8291","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8291","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8291"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8291\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8273"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8291"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8291"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8291"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}