{"id":8203,"date":"2013-01-23T14:12:04","date_gmt":"2013-01-23T12:12:04","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/fascinacion-por-julianne-moore-2\/"},"modified":"2013-01-23T17:57:48","modified_gmt":"2013-01-23T15:57:48","slug":"fascinacion-por-julianne-moore","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/fascinacion-por-julianne-moore\/","title":{"rendered":"Fascinaci\u00f3n por Julianne Moore"},"content":{"rendered":"<p>Neste post recollo unha das seis &#8220;Tomas Extra&#8221; que aparecen ao final da mi\u00f1a novela <a title=\"Ficha de Fantasmas de luz\" href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/libros\/fantasmas-de-luz\/\" target=\"_blank\"><em>Fantasmas de luz<\/em><\/a>, a dedicada a Julianne Moore, a actriz que fascina a Dami\u00e1n, o operador de cabina do Cine So\u00f1adores. As d\u00faas pel\u00edculas \u00e1s que se fai referencia no texto son <a title=\"Ficha de Vania na R\u00faa 42\" href=\"http:\/\/www.filmaffinity.com\/es\/film736718.html\" target=\"_blank\"><em>Vania na R\u00faa 42<\/em><\/a>\u00a0 (<em>Vanya on 42nd Street, <\/em>Louis Malle, 1994) e <em><a title=\"Lonxe do ceo\" href=\"http:\/\/www.filmaffinity.com\/es\/film542049.html\" target=\"_blank\">Lonxe do ceo<\/a><\/em> (<em>Far from Heaven<\/em>, Todd Haynes, 2002). O fotograma que abre o post \u00e9 desta \u00faltima pel\u00edcula.<\/p>\n<p>A ilustraci\u00f3n \u00e9 de Miguelanxo Prado, coma todas as outras do libro.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-8194\" title=\"Fantasmas_de_luz_Toma_2\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Fantasmas-de-luz_Toma-2.jpg\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"439\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Fantasmas-de-luz_Toma-2.jpg 500w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Fantasmas-de-luz_Toma-2-300x263.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Fantasmas-de-luz_Toma-2-450x395.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2013\/01\/Fantasmas-de-luz_Toma-2-110x96.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #800080;\">FASCINACI\u00d3N POR JULIANNE MOORE<\/span><\/p>\n<p>\u00a0No gran taboleiro de xadrez en que acabou convertida a parede da cabina, hai dous cadros que ocupan un lugar de privilexio. En ambos aparece, nun plano medio que permite distinguir todos os detalles do seu rostro, unha muller de pelo roxo e ollos verde azulados. Nun deles est\u00e1 sentada nun banco de madeira, vestida cunha camisa branca e unha chaqueta de punto, roupa informal como de andar pola casa. Ten ao seu car\u00f3n unha rapaza de vestido floreado, que a fita con ansiedade. Dami\u00e1n lembra ben a escena, sabe de memoria os di\u00e1logos daquela pel\u00edcula m\u00e1xica, <em>Vania na r\u00faa 42, <\/em>a narraci\u00f3n dun ensaio que unha compa\u00f1\u00eda de teatro fai do <em>T\u00edo Vania<\/em>, o drama de Ch\u00e9khov. Naquela secuencia, a filla do que agora \u00e9 o seu marido preg\u00fantalle se \u00e9 feliz, casada cun home tan maior. E ela, coa risa m\u00e1is triste que Dami\u00e1n escoitou nunca, cos ollos abalando entre a resignaci\u00f3n e a tenrura, responde que non, que da vida agardaba cousas ben mellores.<\/p>\n<p>No outro cadro, a mesma actriz aparece cun elegante traxe violeta e un abrigo dun azul agrisado. Tanto o peiteado como a roupa que viste ind\u00edcanos que \u00e9 unha muller de clase acomodada. Ao seu car\u00f3n, hai un home negro con chaqueta de grandes cadrados verdes e casta\u00f1os. \u00c9 outono, amarelan as follas das \u00e1rbores, e os dous mante\u00f1en unha conversa que se adivi\u00f1a c\u00e1lida. Non se tocan, xaora, pois a pel\u00edcula transcorre nos EE. UU. dos anos cincuenta, cando as normas sociais non permit\u00edan cousa tal entre un negro e unha muller branca. A ollada da actriz abraza o home co cari\u00f1o m\u00e1is intenso, mentres bebe ansiosa cada unha das palabras. Cantos sentimentos pode transmitir un rostro!<\/p>\n<p>A muller dos dous cadros \u00e9 actriz, ch\u00e1mase Julianne Moore e naceu cando Dami\u00e1n ti\u00f1a seis anos. A\u00ednda que no cine iso importa pouco, porque rodou <em>Vania na R\u00faa 42<\/em> aos 34 anos e <em>Lonxe do ceo<\/em> aos 43. Esas son as idades coas que permanecer\u00e1 sempre, sen que o tempo deixe pegadas no seu rostro.<\/p>\n<p>Para Dami\u00e1n, \u00e9 a actriz m\u00e1is sublime de todas cantas el lles deu vida co proxector. Sabe que non \u00e9 especialmente bela, sobra quen lle ga\u00f1e de gui\u00e1rmonos polos est\u00e1ndares sociais de beleza. E, non obstante, esa muller fasc\u00ednao cada vez que a s\u00faa ollada intens\u00edsima aparece na pantalla. Onde residir\u00e1 o engado? No pelo roxo, na expresi\u00f3n que tan ben recolle os matices da vida, no feitizo da mirada&#8230; Calquera o sabe! Se cadra, na imposibilidade de entrarmos no seu misterio reside o atractivo desta muller.<\/p>\n<p>Dami\u00e1n conserva nun cartafol as fotos que foi acumulando dela. E nunha caixa, retallos de celuloide das pel\u00edculas en que traballou. Sabe que algunhas son mediocres, traballos alimenticios que un actor se ve na obriga de facer, mais non lle importa. Se algo as fai valiosas para el \u00e9 o agasallo da s\u00faa presenza.<\/p>\n<p>Cando tivo que abandonar o Cine So\u00f1adores, os \u00fanicos cadros que rescatou da parede foron os dous de Julianne Moore. Agora est\u00e1n na balda superior da s\u00faa biblioteca, nun cartafol que visita de cando en vez. E que seguir\u00e1 a visitar mentres viva porque, malia o paso dos anos, aquela muller ha permanecer tan viva e tan pr\u00f3xima como no momento fugaz en que a c\u00e1mara inmortalizou o seu rostro.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Neste post recollo unha das seis &#8220;Tomas Extra&#8221; que aparecen ao final da mi\u00f1a novela Fantasmas de luz, a dedicada a Julianne Moore, a actriz que fascina a Dami\u00e1n, o operador de cabina do Cine So\u00f1adores. As d\u00faas pel\u00edculas \u00e1s que se fai referencia no texto son Vania na R\u00faa 42\u00a0 (Vanya on 42nd Street, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":8199,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-8203","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8203","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8203"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8203\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8199"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8203"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8203"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8203"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}