{"id":7842,"date":"2012-11-30T18:32:38","date_gmt":"2012-11-30T16:32:38","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/as-falanxes-da-orde-negra-2\/"},"modified":"2012-11-30T18:36:18","modified_gmt":"2012-11-30T16:36:18","slug":"as-falanxes-da-orde-negra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/as-falanxes-da-orde-negra\/","title":{"rendered":"As falanxes da Orde Negra"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"color: #800080;\"><strong>Las falanges del Orden Negro<\/strong>, de Pierre Christin e Enki Bilal<\/span><\/p>\n<p>Entre 1975 e 1983, o guionista franc\u00e9s <a title=\"A web de Pierre Christin\" href=\"http:\/\/www.pierrechristin.com\/\" target=\"_blank\">Pierre Christin<\/a> e o debuxante bosn\u00edaco <a title=\"biograf\u00eda Bilal\" href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Enki_Bilal\" target=\"_blank\">Enki Bilal <\/a>elaboraron un conxunto de \u00e1lbums de forte contido pol\u00edtico, agrupados co t\u00edtulo \u00abLendas de hoxe\u00bb, todos eles de moi alta calidade. <em>As Falanxes da Orde Negra<\/em> \u00a0(1979) \u00e9 un deses \u00e1lbums.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-7815\" title=\"portada-Vertigo\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/portada-Vertigo1-218x300.jpg\" alt=\"\" width=\"218\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/portada-Vertigo1-218x300.jpg 218w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/portada-Vertigo1.jpg 233w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/portada-Vertigo1-110x151.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 218px) 100vw, 218px\" \/><\/p>\n<p>Eu lino por entregas no ano 1982, na revista <a title=\"Portadas de V\u00e9rtigo\" href=\"http:\/\/blogdecomicsinternacional.blogspot.com.es\/2011\/12\/vertigo-revista-de-comic-espanola.html\" target=\"_blank\"><em>V\u00e9rtigo<\/em><\/a>, que era mensual e que s\u00f3 durou doce n\u00fameros. Daquela, os amantes do c\u00f3mic, non dabamos mercado tantas revistas como apareceran desde a morte de Franco (<em>Totem<\/em>, <em>Blue Jeans<\/em>, <em>Comix Internacional<\/em>, <em>1984<\/em>, <em>Cimoc<\/em>, <em>El V\u00edbora<\/em>, <em>Cairo<\/em>&#8230;). <em>V\u00e9rtigo<\/em> tivo a desgraza de aparecer nun tempo en que os lectores xa non dabamos para m\u00e1is.<\/p>\n<p>Fiquei fascinado con aquela obra. Eu xa co\u00f1ec\u00eda outros traballos da parella Christin-Bilal, pero aquel impresionoume. Por certo: xa era o ano 1982 e o c\u00f3mic tivo que publicarse co t\u00edtulo <em>Los comandos del Orden Negro<\/em>. Souben do t\u00edtulo orixinal, <em>Las falanges<\/em>&#8230;, cando apareceu publicado en \u00e1lbum, algun tempo despois.<\/p>\n<p>O \u00e1lbum \u00e1brese cunha secuencia de estrema violencia: unha caravana de veh\u00edculos chega a unha vila perdida de Arag\u00f3n. \u00c9 de noite e est\u00e1 todo nevado. Os homes que viaxan neles sacan a todas as persoas das casas e asas\u00ednanas sen piedade. E logo regan todo con gasolina e queiman a vila.<\/p>\n<p>Alg\u00fans d\u00edas despois, a noticia chega ata Jefferson Pritchard, un vello xornalista que traballa nun diario de Londres. A acci\u00f3n foi reivindicada por un grupo de extrema dereita que se autodenomina &#8220;As Falanxes da Orde Negra&#8221;. A trav\u00e9s de diversos contactos, Pritchard comproba que os membros dese grupo son fascistas significados que participaran na guerra civil espa\u00f1ola.<\/p>\n<p>Pritchard, que fora membro das Brigadas Internacionais, chama ent\u00f3n aos seus antigos compa\u00f1eiros, todos eles en postos socialmente relevantes. Nunha xuntanza, deciden impedir os seguintes atentados que preparan as Falanxes da Orde Negra. Isto levaraos a unha persecuci\u00f3n por diferentes pa\u00edses europeos, ata culminar no inevitable enfrontamento final.<\/p>\n<p><a title=\"Unha boa an\u00e1lise do \u00e1lbum\" href=\"http:\/\/www.tebeosfera.com\/1\/Obra\/Tebeo\/Norma\/LasFalanges\/delOrdenNegro.htm\" target=\"_blank\">O gui\u00f3n<\/a> \u00e9 dunha riqueza e unha complexidade pouco frecuentes no mundo da banda dese\u00f1ada. Do mesmo xeito que os guionistas da \u00e9poca dourada de Hollywood consegu\u00edan crear historias onde o contido ideol\u00f3xico se integraba con fluidez nun relato apaixonante, Pierre Christin logra aqu\u00ed unha cr\u00edtica feroz do terrorismo fascista (estamos na Europa dos anos setenta!) e unha meditaci\u00f3n sobre as posturas da esquerda ante a violencia, e faino dentro dunha narraci\u00f3n fascinante e complexa onde todo encaixa con precisi\u00f3n.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-7837\" title=\"falanxes-orden-negra-v\u00e1lido\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/falanxes-orden-negra-v\u00e1lido.jpg\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"230\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/falanxes-orden-negra-v\u00e1lido.jpg 500w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/falanxes-orden-negra-v\u00e1lido-300x138.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/falanxes-orden-negra-v\u00e1lido-450x207.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/falanxes-orden-negra-v\u00e1lido-110x50.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/p>\n<p>\u00c9 unha aventura que nos sorprende a cada paso, que nos forza a seguir lendo para co\u00f1ecer o desenlace, a\u00ednda que saibamos desde as primeiras p\u00e1xinas que a aventura verdadeira est\u00e1 na propia viaxe que os protagonistas emprenden a trav\u00e9s de media Europa.<\/p>\n<p>Hai que falar tam\u00e9n da galer\u00eda de personaxes. Os nove ex-membros das Brigadas Internacionais, todos de idade avanzada, que deciden darlle unha derradeira oportunidade aos seus ideais de mocidade e levar adiante un plan con m\u00e1is vontade que preparaci\u00f3n, te\u00f1en un aire crepuscular que lembra, salvando as distancias, os membros daquel <em>Grupo Salvaxe<\/em> que tan ben soubo retratar Sam Peckimpah.<\/p>\n<p>E todo isto plasmado nas imaxes que crea Enki Bilal, con vi\u00f1etas case hiperrealistas, onde est\u00e1 coidado ata o m\u00e1is pequeno detalle. O traballo coa pluma, co emprego de tramas minuciosas para crear o contraste de luces e sombras, \u00e9 sobresaliente. E logo est\u00e1 a cor, sempre en tons apagados, como acentuando o car\u00e1cter sombr\u00edo da historia, unha historia que non ser\u00eda a mesma sen eses rostros nos que o ilustrador consegue concentrar toda a carga emotiva que encerran.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-7839\" title=\"Fin de siglo\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/Fin-de-siglo1.jpg\" alt=\"\" width=\"192\" height=\"262\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/Fin-de-siglo1.jpg 192w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/Fin-de-siglo1-110x150.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 192px) 100vw, 192px\" \/>Se algu\u00e9n se quere facer co \u00e1lbum, a mi\u00f1a recomendaci\u00f3n \u00e9 unha edici\u00f3n recente de Norma, onde baixo o t\u00edtulo <a title=\"Fin de Siglo, en Norma C\u00f3mics\" href=\"http:\/\/www.normaeditorial.com\/ficha.asp?0\/0\/012034341\/0\/fin_de_siglo\" target=\"_blank\"><strong><em>Fin de siglo<\/em><\/strong><\/a>, se re\u00fanen dous dos grandes \u00e1lbums de Bilal-Christin: <em>Las falanges del Orden Negro<\/em> e <em>Partida de caza<\/em>. Ademais, incl\u00faese unha extensa entrevista cos dous autores. O formato \u00e9 m\u00e1is reducido, pero paga a pena!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Las falanges del Orden Negro, de Pierre Christin e Enki Bilal Entre 1975 e 1983, o guionista franc\u00e9s Pierre Christin e o debuxante bosn\u00edaco Enki Bilal elaboraron un conxunto de \u00e1lbums de forte contido pol\u00edtico, agrupados co t\u00edtulo \u00abLendas de hoxe\u00bb, todos eles de moi alta calidade. As Falanxes da Orde Negra \u00a0(1979) \u00e9 un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":7811,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-7842","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7842","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7842"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7842\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7811"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7842"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7842"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7842"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}