{"id":5691,"date":"2012-09-13T16:08:49","date_gmt":"2012-09-13T14:08:49","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/discurso-de-san-simon-2\/"},"modified":"2012-09-14T12:04:12","modified_gmt":"2012-09-14T10:04:12","slug":"discurso-de-san-simon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/discurso-de-san-simon\/","title":{"rendered":"Oito doas para San Sim\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><strong><em>Discurso pronunciado por Agust\u00edn o 6 de xu\u00f1o de 2009 na illa de San Sim\u00f3n con motivo da celebraci\u00f3n do ditame do XXVII premios Xerais.<\/em><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4 style=\"text-align: center;\">Oito doas para San Sim\u00f3n<\/h4>\n<p style=\"text-align: center;\"><em>Discurso pronunciado por<br \/>\nAgust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz<br \/>\no d\u00eda 6 de xu\u00f1o de 2009 na illa de San Sim\u00f3n con motivo da celebraci\u00f3n do ditame<br \/>\ndos XXVIo Premios Xerais.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>I<\/strong><\/p>\n<p>Pisei por vez primeira esta illa o 14 de setembro de 2001, tres d\u00edas despois de ver na televisi\u00f3n como se derrubaban as torres xemelgas de New York, naquel 11 de setembro que me fixo retrotraer no tempo e lembrar a mesma data, pero de 1973, e a onda de morte que se abateu sobre o Chile de Allende tras o feroz golpe de Estado, unha marca indeleble para a mi\u00f1a xeraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Cheguei a San Sim\u00f3n, daquela a\u00ednda cos edificios sen restaurar, co coraz\u00f3n batendo exaltado no meu pei- to. Vi\u00f1a cun permiso especial para permanecer aqu\u00ed durante todo o d\u00eda, coa \u00fanica compa\u00f1a do se\u00f1or Ram\u00f3n e dos seus cans. De Cesantes s\u00f3 me separaban uns centos de metros, mais axi\u00f1a me decatei de que aca- baba de entrar nun \u00e1mbito moi especial, nun deses lugares que gardan, coma nun aleph borgiano, a memo- ria da humanidade. Unha memoria milenaria, porque ata min chegaban os ecos dos versos do trobeiro e o balbordo de voces que daban conta da intensa historia vivi- da neste barco de pedra ancorado no fondo da r\u00eda.<\/p>\n<p>As voces que eu vi\u00f1a buscando eran m\u00e1is recentes. Eran as do sufrimento, as da angustia ante os \u00abpaseos\u00bb nocturnos, as do terror. O edificio situado fronte \u00e1 capela, que agora aparece coma do trinque, estaba daquela devorado polo abandono, cos ocos das vent\u00e1s escuros e silenciosos coma cuncas de caveira, unha lembranza aceda de canto al\u00ed dentro sucedera. As voces parec\u00edan falarme con ansiosa intensidade porque, daquela, eu andaba embarcado na escrita dunha nove- la que era coma un corpo aberto para esas voces. Unha novela que acabar\u00eda por se chamar Noite de voraces som- bras, un t\u00edtulo tirado do m\u00e1is conmovedor poema de Jos\u00e9 \u00c1ngel Valente, e que ten como centro o m\u00ednimo cemiterio de Santo Antonio, salvado milagrosamente dunha restauraci\u00f3n que borrou todas as pegadas do horror que se viviu aqu\u00ed.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>II<\/strong><\/p>\n<p>Para explicar por que andaba obsesionado coa escrita daquela novela debo viaxar ao meu pasado, retroceder ata a mi\u00f1a infancia e adolescencia. Pertenzo a unha xeraci\u00f3n que medrou aceptando como natural a diglosia gran\u00edtica que se instalara moito antes na sociedade galega, e que se acentuara na ditadura. O galego enchoupaba a nosa concepci\u00f3n do mundo, pero seme- llaba ser algo que, coma os casti\u00f1eiros ou os carballos, formaba parte da paisaxe natural. Os libros, os xornais, o cine, a radio&#8230;, todas as fiestras que nos permit\u00edan ollar m\u00e1is al\u00e1 do horizonte ofrec\u00edannos unha realidade monol\u00edtica en castel\u00e1n.<\/p>\n<p>Afeitos a escoitar e a estudar a historia oficial, semellaba que viviamos nun pa\u00eds desprovisto de ra\u00edces culturais, non ti\u00f1amos conciencia de posu\u00edrmos un pasado. Hai unha imaxe cruel deste baleiro, que tam\u00e9n recollo na mi\u00f1a novela de San Sim\u00f3n: en 1967 morreu en Vilalba, nun accidente absurdo, Lois Pe\u00f1a Novo, curm\u00e1n da mi\u00f1a avoa. Morreu unha das figuras impor- tantes da Galicia das Irmandades, e o seu pasamento non provocou ningunha reacci\u00f3n especial entre a mocidade da vila, que non sabiamos nada nin da s\u00faa obra nin da s\u00faa dimensi\u00f3n hist\u00f3rica, pois formaba par- te de todo o que nos fora negado.<\/p>\n<p>[&#8230;]<\/p>\n<p><strong>Descargar o ensaio completo:<\/strong> <a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/Oito-doas-para-San-Simon.pdf\">Oito-doas-para-San-Simon<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Discurso pronunciado por Agust\u00edn o 6 de xu\u00f1o de 2009 na illa de San Sim\u00f3n con motivo da celebraci\u00f3n do ditame do XXVII premios Xerais. &nbsp; Oito doas para San Sim\u00f3n Discurso pronunciado por Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz o d\u00eda 6 de xu\u00f1o de 2009 na illa de San Sim\u00f3n con motivo da celebraci\u00f3n do ditame [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39],"tags":[],"class_list":["post-5691","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-essays"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5691","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5691"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5691\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5691"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5691"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5691"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}