{"id":5485,"date":"2012-10-13T06:58:49","date_gmt":"2012-10-13T04:58:49","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/a-sangre-y-fuego-2\/"},"modified":"2012-11-09T17:51:29","modified_gmt":"2012-11-09T15:51:29","slug":"a-sangre-y-fuego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/a-sangre-y-fuego\/","title":{"rendered":"\u00a1A sangre y fuego!"},"content":{"rendered":"<p>Para falar deste tebeo debo retroceder ata un domingo do mes de xu\u00f1o do ano 1956. Eu te\u00f1o nove anos e, logo de asistir \u00e1 misa das doce, chamada \u201ca dos nenos\u201d porque entrabamos \u00e1s once e media e ti\u00f1amos media hora previa de catecismo, re\u00fanome con outros rapaces ao p\u00e9 da pravia, a \u00e1rbore senlleira que hai no centro da vila. Acheg\u00e1monos ao escaparate de Gaioso, que est\u00e1 al\u00ed ao p\u00e9, e vemos algo que nos esperta o maior devezo: o caderno inaugural de <em>El Capit\u00e1n Trueno<\/em>, co t\u00edtulo \u00ab\u00a1A sangre y fuego!\u00bb e cunha portada moi superior \u00e1s habituais en tebeos semellantes. Custa 1,25 pesetas, e eu te\u00f1o esa cantidade no meu peto. As\u00ed que, sen pensalo m\u00e1is, entro no comercio e pido un exemplar.<\/p>\n<p>A\u00ednda lembro hoxe a emoci\u00f3n de telo nas mans, de ulilo, de follealo con coidado para non engurralo&#8230; Foi o primeiro encontro cuns personaxes que acabar\u00edan por seren coma da familia: o Capit\u00e1n Trueno, Goliath, Crisp\u00edn, os tres cos roles moi definidos desde as primeiras p\u00e1xinas. Uns gui\u00f3ns orixinais (tardei moito en saber que eran obra de V\u00edctor Mora, militante do clandestino PSUC) e uns debuxos de gran expresividade, da autor\u00eda de algu\u00e9n que asinaba como Ambr\u00f3s. <a href=\"http:\/\/www.rafaelcastillejo.com\/trueno.htm\" target=\"_blank\">Unha marabilla<\/a> no ermo daqueles anos!<\/p>\n<p>Como durante unha primeira etapa tivo unha periodicidade quincenal, funme ama\u00f1ando para mercar cada un dos novos cadernos, que me permitiron familiarizarme co mundo deste heroe. A presenza de Sigrid, princesa de Thule, a que ser\u00e1 a dama, namorada na distancia, do Capit\u00e1n; a loita contra tiranos que oprimen a poboaci\u00f3n e merecen ser castigados, o encontro co mago Morgano e a posibilidade de se desprazaren a terras distantes no globo aerost\u00e1tico que o mago dese\u00f1ara, a fascinante galer\u00eda de antagonistas&#8230; A serie non tardou en pasar a semanal, e a s\u00faa adquisici\u00f3n f\u00edxose m\u00e1is dif\u00edcil para un neno coma min (por riba, o prezo subiu a 1,50 pta. a partir do n\u00ba 55). E seguila con fidelidade tornouse imposible cando, ante o \u00e9xito rotundo, a editorial Bruguera decidiu sacar, ademais dos caderni\u00f1os apaisados, outros de formato vertical baixo o t\u00edtulo <em>El Capit\u00e1n Trueno Extra<\/em>, m\u00e1is caros e con aventuras independentes das da historia principal.<\/p>\n<p>Non conservo aquel primeiro n\u00famero mercado na de Gaioso, os exemplares da mi\u00f1a infancia non sobreviviron a tantos traslados. Mais, nos primeiros anos noventa, publicouse unha boa edici\u00f3n facs\u00edmil da serie, e as\u00ed puiden recuperar moitas sensaci\u00f3ns daquelas primeiras lecturas. \u00c9 un fen\u00f3meno ben curioso! Ao reler as p\u00e1xinas, ve\u00f1en \u00e1 memoria as sensaci\u00f3ns que me provocaron no seu d\u00eda e que fun lembrando a medida que avanzaba na lectura.<\/p>\n<p>Escuso dicir que o Capit\u00e1n Trueno pasou a ser un dos meus pesonaxes favoritos. Farteime de inventar e debuxar c\u00f3mics onde el era o protagonista, pois non me sa\u00eda nada mal a s\u00faa figura.<\/p>\n<p>Anos despois, influ\u00eddo polas <a href=\"http:\/\/www.triunfodigital.com\/\" target=\"_blank\">lecturas<\/a> que fac\u00eda <a href=\"http:\/\/www.infoamerica.org\/teoria\/barthes1.htm\" target=\"_blank\">daquela<\/a>, escrib\u00edn un texto te\u00f3rico &#8212;<em>An\u00e1lise formal e tem\u00e1tico de El Capit\u00e1n Trueno<\/em>, no 1972&#8211; e un ensaio cr\u00edtico &#8212;<em>Liquidemos al Capit\u00e1n Trueno<\/em>, en 1979\u2014 que nunca cheguei a publicar. E ben que me alegro porque, para os anos en que apareceu, era unha creaci\u00f3n moi estimable. Outra cousa \u00e9 o xu\u00edzo que nos mereza ollado desde a perspectiva de hoxe. Pero iso xa non encaixa neste blog.<\/p>\n\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para falar deste tebeo debo retroceder ata un domingo do mes de xu\u00f1o do ano 1956. Eu te\u00f1o nove anos e, logo de asistir \u00e1 misa das doce, chamada \u201ca dos nenos\u201d porque entrabamos \u00e1s once e media e ti\u00f1amos media hora previa de catecismo, re\u00fanome con outros rapaces ao p\u00e9 da pravia, a \u00e1rbore [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6049,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-5485","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5485","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5485"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5485\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6049"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5485"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5485"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5485"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}