{"id":5433,"date":"2012-09-12T15:19:07","date_gmt":"2012-09-12T15:19:07","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/un-lugar-no-mundo-2\/"},"modified":"2013-04-22T19:04:27","modified_gmt":"2013-04-22T17:04:27","slug":"un-lugar-no-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/un-lugar-no-mundo\/","title":{"rendered":"Un lugar no mundo"},"content":{"rendered":"<div title=\"Page 1\">\n<div>\n<div>\n<p><strong>UN LUGAR NO MUNDO<\/strong><\/p>\n<p><strong>(publicado na revista GPS, n\u00ba 1, 2008)<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Pasoume hai uns d\u00edas, no avi\u00f3n que me tra\u00eda de Bilbao despois de d\u00faas xornadas intensas co alumnado de lingua galega nas universidades de Deusto e de Vitoria. Eu \u00eda lendo Tras do solpor, a edici\u00f3n galega da \u00faltima novela de Haruki Murakami, e, d\u00faas filas m\u00e1is adiante, outra persoa l\u00eda tam\u00e9n un libro do autor xapon\u00e9s. Como era unha edici\u00f3n en alem\u00e1n e o dese\u00f1o da portada non me daba pista ningunha, non puiden saber de que novela se trataba. Tanto ti\u00f1a; o relevante era que al\u00ed estabamos os dous, nese estra\u00f1o espazo-tempo que son as viaxes en avi\u00f3n, cada un lendo a Murakami na s\u00faa lingua, malia estarmos moi afastados do Xap\u00f3n onde se desenvolven as historias do autor de Kafka na beiramar.<\/p>\n<p>O feito pareceume a constataci\u00f3n dunha evidencia: calquera texto, se nel latexa a vida, se nace dunha mirada profunda e aut\u00e9ntica, \u00e9 sempre universal. Tanto ten o lugar onde sucedan os feitos ou a lingua en que foi escrito. As boas historias non saben de fronteiras, e as persoas l\u00e9molas e fac\u00e9molas nosas guiadas por esa necesidade b\u00e1sica que debe estar inscrita no ADN da humanidade e que tan ben soubo expresar \u00c1lvaro Cunqueiro: \u201co home precisa en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber so\u00f1os\u201d.<\/p>\n<p>A an\u00e9cdota da viaxe era tam\u00e9n un novo vimbio que se vi\u00f1a sumar a outros, coincidentes todos na necesidade de actualizar o programa que, hai case cen anos, os homes de N\u00f3s dese\u00f1aron naquel momento fundacional da cultura<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<div title=\"Page 2\">\n<div>\n<div>\n<p>galega moderna: Galicia, c\u00e9lula de universalidade. A cultura galega como unha peza m\u00e1is do mosaico mundial das culturas, dialogando en p\u00e9 de igualdade con todas as outras pezas. Pois se Murakami escribe en xapon\u00e9s e ten polo mundo milleiros de lectores que seguimos a s\u00faa obra a trav\u00e9s das traduci\u00f3ns, o mesmo pode ocorrer cos libros escritos no noso pa\u00eds. Un libro enchoupado de vida e de verdade, calquera que sexa a s\u00faa modalidade xen\u00e9rica, ten que lle interesar a m\u00faltiples persoas de toda a periferia mundial. Tam\u00e9n os nosos, desde Arraianos de Ferr\u00edn ata o Libro das viaxes imaxinarias que ve\u00f1en de publicar Docampo e Cobas, pasando por Os libros arden mal de Rivas e tantos t\u00edtulos m\u00e1is que poderiamos citar.<\/p>\n<p>Antes falei doutros vimbios. Coma tal, o Encontro que nos reuniu a un grupo de persoas en Mari\u00f1\u00e1n para debater arredor da proxecci\u00f3n exterior da cultura de noso. Ou o Simposio sobre o libro e a lectura, da Asociaci\u00f3n Galega de Editores, arredor do mesmo tema. Ou un post esencial (17-XI-08) de Arturo Casas (http:\/\/landoa.blogspot.com), onde d\u00e1 conta da s\u00faa achega ao citado simposio, en li\u00f1a con outras propostas que Manuel Bragado v\u00e9n deixando desde hai meses en Br\u00e9temas. Por riba, o 29 de novembro estaremos en Ourense para homenaxear a Marcos Valc\u00e1rcel, anovador dos azos de N\u00f3s a trav\u00e9s d\u2019As uvas na solaina, ese foro imprescindible: coas ra\u00edces na terra e abertos a todos os ventos do mundo. Pois non \u00e9 s\u00f3 o lugar, sen\u00f3n a mirada, quen nos define. Como dic\u00eda Octavio Paz, \u201cp\u00f3dese ser universal nunha aldea dos Andes, p\u00f3dese ser provinciano no centro de New York\u201d.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<div title=\"Page 3\">\n<div>\n<div>\n<p>\u201cUn artista nunca \u00e9 perif\u00e9rico\u201d, g\u00fastame afirmar, parafraseando a St\u00e9phane Audran do filme dan\u00e9s O fest\u00edn de Babette. Vale para calquera modalidade de creaci\u00f3n, mais h\u00e1seme desculpar que a concrete na escritura, o campo que mellor co\u00f1ezo. Cando escribimos, o centro do mundo est\u00e1 encol da nosa mesa de traballo. Creamos os textos cos f\u00edos da vida, unha vida que se nutre da sociedade onde vivimos, a local e a global. Escribimos desde aqu\u00ed, desde o noso centro do mundo; mais, tal como a pedra que ao caer enche de ondas a superficie da auga, buscamos que nos lean as persoas m\u00e1is pr\u00f3ximas e as de toda a periferia mundial. As m\u00e1is achegadas primeiro, xaora; son os lectores privilexiados que nos han ler na lingua de noso. Mais logo, coma as ondas da auga, desexamos que os nosos textos cheguen tan lonxe como a s\u00faa calidade llo permita.<\/p>\n<p>E aqu\u00ed entran os vimbios dos que antes falaba. Porque eses textos, ag\u00e1s excepci\u00f3ns puntuais, a\u00ednda te\u00f1en serias dificultades para chegar aos lectores doutros espazos culturais e a unha significativa porcentaxe da cidadan\u00eda do noso pa\u00eds. A econom\u00eda e a pol\u00edtica do pasado situ\u00e1ronnos durante moito tempo nunhas periferias culturais e ling\u00fc\u00edsticas que hoxe nos negamos a aceptar. Por iso c\u00f3mpre dese\u00f1ar a necesaria proxecci\u00f3n exterior, e os cami\u00f1os que os gobernos e as instituci\u00f3ns deben abrir, con todos os axentes culturais. E, ao tempo, derrubar os valados que a\u00ednda ten o libro galego en Galicia, reclu\u00eddo nalgunhas librar\u00edas, se \u00e9 que est\u00e1, en currunchos que lembran a aldea de Ast\u00e9rix na Galia romana.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<div title=\"Page 4\">\n<div>\n<div>\n<p>A difusi\u00f3n interior e a exterior son d\u00faas p\u00f3las da mesma \u00e1rbore, que s\u00f3 medrar\u00e1 con plenitude cando fagamos realidade o so\u00f1o dos homes de N\u00f3s: sent\u00edrmonos orgullosos do noso lugar no mundo e vivirmos abertos aos m\u00faltiples cami\u00f1os \u2013os f\u00edsicos e os virtuais- que nos comuniquen coa rica biodiversidade cultural desta casa com\u00fan que \u00e9 o noso planeta.<\/p>\n<p>Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz<\/p>\n<p><strong>Descargar PDF completo:<\/strong>\u00a0<a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/un-lugar-no-mundo.pdf\">un-lugar-no-mundo<\/a><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>UN LUGAR NO MUNDO (publicado na revista GPS, n\u00ba 1, 2008) Pasoume hai uns d\u00edas, no avi\u00f3n que me tra\u00eda de Bilbao despois de d\u00faas xornadas intensas co alumnado de lingua galega nas universidades de Deusto e de Vitoria. Eu \u00eda lendo Tras do solpor, a edici\u00f3n galega da \u00faltima novela de Haruki Murakami, e, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39],"tags":[],"class_list":["post-5433","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-essays"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5433","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5433"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5433\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5433"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5433"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5433"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}