{"id":5384,"date":"2012-09-12T08:13:52","date_gmt":"2012-09-12T08:13:52","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/entrevista-de-jaureguizar-con-agustin-fernandez-paz-sobre-non-hai-noite-tan-longa-maio-2011-2\/"},"modified":"2012-09-12T08:13:52","modified_gmt":"2012-09-12T08:13:52","slug":"entrevista-de-jaureguizar-con-agustin-fernandez-paz-sobre-non-hai-noite-tan-longa-maio-2011","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/entrevista-de-jaureguizar-con-agustin-fernandez-paz-sobre-non-hai-noite-tan-longa-maio-2011\/","title":{"rendered":"Entrevista de Jaureguizar con Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz sobre \u00abNon hai noite tan longa\u00bb. Maio 2011"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/ficha_autor.pl?id_autor=100005103&amp;id_sello_editorial_web=13&amp;id_funcion=44\">Jaureguizar<\/a>\u00a0publicou en\u00a0<em>El Progreso<\/em>\u00a0unha entrevista con\u00a0<a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/ficha_autor.pl?id_autor=200727&amp;id_sello_VisualizarDatos=13&amp;id_sello_editorial_web=13&amp;id_funcion=44\">Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz<\/a>\u00a0con motivo da sa\u00edda de\u00a0<a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/newFichaProducto.pl?obrcod=2854362&amp;id_sello_editorial_web=13&amp;id_sello_VisualizarDatos=13\"><em>Non hai noite tan longa<\/em><\/a>. Reproduc\u00edmola integramente:<\/p>\n<p><strong>\u00abA mi\u00f1a xeraci\u00f3n ten unha sensaci\u00f3n de estafa polo tempo que nos tocou vivir\u00bb<\/strong><\/p>\n<p><strong>O escritor vilalb\u00e9s anda atarefado coa elaboraci\u00f3n dun dossier que respalde a s\u00faa candidatura ao premio Andersen, o galard\u00f3n internacional m\u00e1is destacado de literatura infantil e xuvenil, pero o seu coraz\u00f3n anda incerto e ilusionado con \u2018Non hai noite tan longa\u2019 (Xerais), o seu debut oficial como escritor para adultos logo de 43 libros publicados.<\/strong><\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Paz vive entre incertidumes nestes d\u00edas. A\u00ednda falta un ano para saber se lle conceden o premio Andersen, pero soamente lle falta unha semana para ir percibindo se o sistema literario galego o acepta como autor para adultos coa primeira novela que quita nunha colecci\u00f3n non expresamente xuvenil ou infantil.<strong><br \/>\n\u2014Agora que est\u00e1 revisando a s\u00faa carreira para elaborar o dossier, non pensou en escribir unha memorias?<\/strong><br \/>\n\u2014Non te\u00f1o intenci\u00f3n de facelo. Si de facer un libro cunha escolma dos meus textos de ensaio. Alg\u00fan ten un certo aire memorial.<strong><br \/>\n\u2014Por que se mant\u00e9n sempre nun segundo plano, por tras da s\u00faa obra? A s\u00faa humildade \u00e9 admirable, pero contradice a s\u00faa importancia.<\/strong><br \/>\n\u2014Non \u00e9 humildade. Non estiven en \u00c1frica Oriental. A mi\u00f1a biograf\u00eda \u00e9 a de calquera tipo da mi\u00f1a idade, non me distingo por nada. De todos os xeitos, todas obras de fici\u00f3n son autobiograf\u00edas enmascaradas. Hai d\u00faas correntes paralelas que se alimentan do vivido.<strong><br \/>\n\u2014Res\u00edstese a falar de si mesmo, pero non da s\u00faa xeraci\u00f3n. Faino en \u2018Non hai noite tan longa\u2019.<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111.jpg\" rel=\"gallery\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-5249\" title=\"XG00185901111\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111-197x300.jpg\" alt=\"\" width=\"197\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111-197x300.jpg 197w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111-110x167.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/XG00185901111.jpg 200w\" sizes=\"auto, (max-width: 197px) 100vw, 197px\" \/><\/a>\u2014Esta novela \u00e9 dalg\u00fan xeito un retrato da mi\u00f1a xeraci\u00f3n. Chega unha idade na que tes a necesidade de botar a vista atr\u00e1s e ver como foron as cousas, como te foi levando a vida a facer determinadas cousas. Cando morreu Franco eu ti\u00f1a 28 anos. 28 anos da mi\u00f1a vida marcounos o franquismo, pero m\u00e1is que o r\u00e9xime pol\u00edtico, foi o modo de vida e a ausencia de pautas culturais que nos tocou vivir. Canda fala iso cos meus alumnos cust\u00e1balles entendelo. Moitos dos autores aos que fac\u00edamos referencia na clase son autores que eu debera ter lido na mocidade, pero non puiden: Camus, Beckett, Neruda, Alberti ou Castelao. No cine pasoume igual, eu sab\u00eda de memoria a filmograf\u00eda de Godard polas revistas de cine que l\u00eda, pero hai pel\u00edculas que a\u00ednda estou ven do agora por vez primeira. Para os que viviron o franquismo con pracidez era normal, pero para os que ti\u00f1amos sede de cultura era unha estafa tremenda. A miseria moral e o atraso son vivencias xeracionais. O drama en materia de relacions afectivas marcou a toda unha xeraci\u00f3n.<strong><br \/>\n\u2014Padec\u00edan castraci\u00f3n do afecto?<\/strong><br \/>\n\u2014Si, pero unida aos conceptos de pecado e de culpa que nos met\u00edan. Os seus escapes foron Barcelona e o cine. Si, tras Vilalba, Lugo e Xix\u00f3n, Barcelona era unha illa de liberdade en todos os \u00e1mbitos. Hab\u00eda numerosos cines de arte e ensaio.<strong><br \/>\n\u2014Vosteda xa manda directamente ao protagonista de \u2018Non hai noite tan longa\u2019 a Francia. Por que escolleu facelo no 69, cando empezaba a apertura, e non os anos nos que a opresi\u00f3n era maior?<\/strong><br \/>\n\u2014O 69 e 70 foron anos de estado de excepci\u00f3n, do proceso de Burgos, das condeas a morte, os sucesos de Ferrol\u2026 Par\u00e9celle pouca opresi\u00f3n?<br \/>\n<strong>\u2014A novela est\u00e1 ambientada en 2002. A que se debe?<\/strong><br \/>\n\u2014Porque \u00e9 o ano de entrada do euro e porque o protagonista cumpre<br \/>\n50 anos, que \u00e9 unha idade simb\u00f3lica, cando regresa. Nesta obra volve un asunto do pasado que ha de ser resolto. A vida \u00e9 iso, contas pendentes que resolver. No caso do protagonista debe resolver que prenderan e morrera o pai e a el af\u00e9ctalle. Ten a conciencia da culpa de marchar deixando a familia e de non volver.<br \/>\n<strong>\u2014Opina que a culpa \u00e9 a caracter\u00edstica da s\u00faa xeraci\u00f3n.<\/strong><br \/>\n\u2014Non, a nosa caracter\u00edstica \u00e9 a sensaci\u00f3n de estafa, de frustraci\u00f3n<br \/>\npola \u00e9poca na que nos tocou vivir.<br \/>\n<strong>\u2014A culpa \u00e9 un concepto relixioso, e vostedes foron marcados pola relixi\u00f3n.\u00a0<\/strong><br \/>\n\u2014No caso da novela si que ten que ver coa relixi\u00f3n. O protagonista marcha para non afogar e fai por esquecer, pero volve e se reencontra co pasado. Ten unha sobri\u00f1a que representa \u00e1s xeraci\u00f3ns dos 80 e 90, que non te\u00f1en perxuicios e preguntan para saber o que pasou. E est\u00e1 o tema da portada\u2026<br \/>\n<strong>\u2014A famosa foto de Rosa Parks neg\u00e1ndose a ceder o asiento no bus a un branco\u2026<\/strong><br \/>\n\u2014Escoll\u00edn esa foto por ese esp\u00edrito de querer enfrontar a inxustiza e de resolver algo no pasado, a\u00ednda que sexa a destempo, no caso do meu protagonista.<br \/>\n<strong>\u2014O pasado pode resolverse?<\/strong><br \/>\n\u2014Na mi\u00f1a novela, si; na vida real \u00e9 m\u00e1is complicado.<br \/>\n<strong>\u2014Escribiu \u2018Non hai noite tan longa\u2019 pensando nos adultos?<\/strong><br \/>\n\u2014Non, escrib\u00edna coa mesma dedicaci\u00f3n cas outras. O editor leuna<br \/>\ne falamos de metela nunha colecci\u00f3n sen adscrici\u00f3ns. Eu v\u00e9xoa tan de adultos coma outras novelas mi\u00f1as, como \u2018Aire negro\u2019. Daquela, no 92, prefer\u00edn metela nunha colecci\u00f3n para rapaces porque pensei en chegar a m\u00e1is lectores.<\/p>\n<p><strong>\u00abSe Docampo ou Miranda ingresasen na RAG abrir\u00eda unha botella do mellor champ\u00e1n\u00bb<\/strong><\/p>\n<p>A PETICI\u00d3N para que a literatura infantil e xuvenil (LIX) estea representada na Real Academia Galega est\u00e1 medrando con Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz como candidato.<br \/>\n<strong>\u2014A que \u00e1mbitos deber\u00eda acceder a LIX para a s\u00faa normalizaci\u00f3n?<\/strong><br \/>\n\u2014Xa se fixo madura, a\u00ednda que en Espa\u00f1a tardou m\u00e1is en chegar. Hai xente adulta que le este tipo de literatura e non lle caen os aneis. Saben que hai cousas boas, malas e regulares, como nos outros. Os escritores de LIX son m\u00e1is visibles\u2026 se seguimos as\u00ed, os editores non mirar\u00e1n se publican nunha colecci\u00f3n ou noutra.<br \/>\n<strong>\u2014A entrada na RAG dalg\u00fan autor ser\u00eda o paso definitivo?<\/strong><br \/>\n\u2014Esa pol\u00e9mica anda por a\u00ed, pero par\u00e9ceme m\u00e1is importante a entrada das mulleres.<br \/>\n<strong>\u2014Unha vez haxa acad\u00e9micas, non deber\u00eda haber autores de LIX?<\/strong><br \/>\nSer\u00eda simb\u00f3lico e far\u00edan unha achega como a doutros \u00e1mbitos. Na Academia est\u00e1n todos os sectores, ag\u00e1s a LIX. O importante son as mulleres porque \u00e9 unha reivindicaci\u00f3n hist\u00f3rica. A Academia Espa\u00f1ola ten mesmo periodistas. Tam\u00e9n deber\u00edan entrar. A linguaxe period\u00edstica \u00e9 importante.<br \/>\n<strong>\u2014Obvi\u00e1ndoo a vostede. Que lle parece que fagan acad\u00e9micos a Xabier<\/strong>\u00a0Docampo ou Xos\u00e9 Miranda?<br \/>\n\u2014Abrir\u00eda unha botella do mellor champ\u00e1n.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/ficha_autor.pl?id_autor=100005103&amp;id_sello_editorial_web=13&amp;id_funcion=44\">Jaureguizar<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jaureguizar\u00a0publicou en\u00a0El Progreso\u00a0unha entrevista con\u00a0Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz\u00a0con motivo da sa\u00edda de\u00a0Non hai noite tan longa. Reproduc\u00edmola integramente: \u00abA mi\u00f1a xeraci\u00f3n ten unha sensaci\u00f3n de estafa polo tempo que nos tocou vivir\u00bb O escritor vilalb\u00e9s anda atarefado coa elaboraci\u00f3n dun dossier que respalde a s\u00faa candidatura ao premio Andersen, o galard\u00f3n internacional m\u00e1is destacado de literatura [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[36],"tags":[],"class_list":["post-5384","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-interviews"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5384","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5384"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5384\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5384"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5384"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5384"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}