{"id":5382,"date":"2012-09-12T08:17:26","date_gmt":"2012-09-12T08:17:26","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/entrevista-de-sandra-faginas-con-agustin-fernandez-paz-por-non-hai-noite-tan-longa-maio-2011-2\/"},"modified":"2012-09-12T08:17:26","modified_gmt":"2012-09-12T08:17:26","slug":"entrevista-de-sandra-faginas-con-agustin-fernandez-paz-por-non-hai-noite-tan-longa-maio-2011","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/entrevista-de-sandra-faginas-con-agustin-fernandez-paz-por-non-hai-noite-tan-longa-maio-2011\/","title":{"rendered":"Entrevista de Sandra Faginas con Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz por \u00abNon hai noite tan longa\u00bb. Maio 2011"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/xerais.blogaliza.org\/tag\/sandra_faginas\/\">Sandra Faginas<\/a>\u00a0publicou no suplemento Culturas, de<a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/\">\u00a0<em>La Voz de Galicia<\/em><\/a>, unha entrevista con\u00a0<a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/newFichaProducto.pl?obrcod=2854362&amp;id_sello_editorial_web=13&amp;id_sello_VisualizarDatos=13#\">Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz<\/a>\u00a0con motivo da publicaci\u00f3n de\u00a0<a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/newFichaProducto.pl?obrcod=2854362&amp;id_sello_editorial_web=13&amp;id_sello_VisualizarDatos=13\"><em>Non hai noite tan longa<\/em><\/a>. Reproduc\u00edmola integramente:<\/p>\n<p>Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz (Vilalba, 1947) detense a explicar con detalle a construci\u00f3n da s\u00faa \u00faltima novela\u00a0<em>Non hai noite tan longa<\/em>. \u00c9 un autor de oficio,\u00a0fai e refai, traballa nunha idea ata que finalmente consegue o resultado que desexa. Devece polas novelas ben constru\u00eddas, \u00abesas \u2013di el\u2013 que atrapan ao lector que desexa seguir lendo para saber que pasa\u00bb.<\/p>\n<p><strong>\u2014Este libro recorda a \u00abCorredores de sombra\u00bb.<\/strong><br \/>\n\u2014Si, volvo de novo ao pasado e cunha trama de misterio.<br \/>\n<strong>\u2014\u00bfPor que esa necesidade de rescatar a memoria?<\/strong><br \/>\n\u2014Porque \u00e9 necesario cando unha ferida segue aberta. O protagonista descobre unha inxustiza que c\u00f3mpre resolver, porque dalg\u00fan xeito atopar a verdade \u00e9 un xeito para el de expiar a culpa.<br \/>\n<strong>\u2014\u00c9 unha novela na que de novo a ditadura est\u00e1 presente.<\/strong><br \/>\n\u2014Eu situei parte dos sucesos a principios dos setenta, unha \u00e9poca con moita represi\u00f3n, na que \u00e1s veces parece que non pasou nada. Pero non \u00e9 certo, foi un tempo moi duro: o proceso de Burgos, as folgas de Ferrol\u2026<br \/>\n<strong>\u2014Pero ese contexto segue a pesar moito na literatura, \u00bfnon?<\/strong><br \/>\n\u2014Os que escribimos novelas fac\u00e9molo co que eu chamo f\u00edos da vida, \u00e9 o \u00fanico que temos. Todo sae dalg\u00fan xeito da mi\u00f1a vida, non no sentido autobiogr\u00e1fi co, pero si do que lin, escoitei, vin\u2026 Est\u00f3n \u00e9 l\u00f3xico que polo menos a xente da mi\u00f1a xeraci\u00f3n escriba sobre ese tema. Eu viv\u00edn 28 anos na ditadura.<br \/>\n<strong>\u2014\u00bfNon lle parece excesivo?\u00a0<\/strong><br \/>\n\u2014\u00c9 unha cr\u00edtica relativa, mira, hai moit\u00edsimas pel\u00edculas sobre os nazis e a Segunda Guerra Mundial. E iso non se ve as\u00ed. Hai moitas feridas na dimensi\u00f3n humana ligadas a un contexto pol\u00edtico e social. Eu a\u00ednda me sorprendo cada d\u00eda, agora cos roubos de nenos, \u00a1sinceramente, eu non sei antes de que morra cantas cousas m\u00e1is non aparecer\u00e1n!<br \/>\n<strong>\u2014O seu estilo \u00e9 moi depurado, \u00bfdesbota moito material?\u00a0<\/strong><br \/>\n\u2014Eu si. Parto dunha idea que se converte en obsesi\u00f3n, logo esbozo argumentos posibles, fago personaxes, busco cronolox\u00eda, e despois fago fi chas de cap\u00edtulos hipot\u00e9ticos. Empezo unha primeira versi\u00f3n a man, que escribo nun caderno de papel satinado amarelo e logo p\u00e1soa a ordenador. E a\u00ed fago ata 7 ou 8 revisi\u00f3ns.<br \/>\n<strong>\u2014A obra ten algo de \u00abthriller\u00bb.<\/strong><br \/>\n\u2014Si, uso t\u00e9cnicas da novela negra dun xeito descarado, vou escalonando os feitos para ir ga\u00f1ando o interese do lector.<br \/>\n<strong>\u2014Vostede busca sen complexos o entretemento.<\/strong><br \/>\n\u2014Na mi\u00f1a concepci\u00f3n da novela o entremento \u00e9 un axioma. Eu son feliz cando atopo unha obra na que cada cap\u00edtulo tira doutro.<br \/>\n<strong>\u2014\u00bfCal \u00e9 o seu autor imprescindible<\/strong>\u00a0en galego?<br \/>\n\u2014Moitos. Agora estou relendo a Cunqueiro. Pero g\u00fastanme Rivas, Miranda, Quiroga\u2026 Son tam\u00e9n moi lector de novela negra, \u00a1adoro a John Connolly!<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/xerais.blogaliza.org\/tag\/sandra_faginas\/\">Sandra Faginas<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sandra Faginas\u00a0publicou no suplemento Culturas, de\u00a0La Voz de Galicia, unha entrevista con\u00a0Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz\u00a0con motivo da publicaci\u00f3n de\u00a0Non hai noite tan longa. Reproduc\u00edmola integramente: Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz (Vilalba, 1947) detense a explicar con detalle a construci\u00f3n da s\u00faa \u00faltima novela\u00a0Non hai noite tan longa. \u00c9 un autor de oficio,\u00a0fai e refai, traballa nunha idea ata [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[36],"tags":[],"class_list":["post-5382","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-interviews"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5382","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5382"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5382\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5382"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5382"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5382"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}