{"id":5378,"date":"2012-09-12T11:08:16","date_gmt":"2012-09-12T11:08:16","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/entrevista-de-montse-dopico-con-agustin-fernandez-paz-sobre-non-hai-noite-tan-longa-galicia-hoxe-2\/"},"modified":"2012-09-12T11:08:16","modified_gmt":"2012-09-12T11:08:16","slug":"entrevista-de-montse-dopico-con-agustin-fernandez-paz-sobre-non-hai-noite-tan-longa-galicia-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/entrevista-de-montse-dopico-con-agustin-fernandez-paz-sobre-non-hai-noite-tan-longa-galicia-hoxe\/","title":{"rendered":"Entrevista de Montse Dopico con Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz sobre \u00abNon hai noite tan longa\u00bb. Galicia Hoxe"},"content":{"rendered":"<p>A xornalista\u00a0<a href=\"http:\/\/xerais.blogaliza.org\/tag\/montse_dopico\/\">Montse Dopico<\/a>\u00a0publicou en\u00a0<a href=\"http:\/\/www.galiciahoxe.com\/mare\/gh\/consentemento-resistencia\/idEdicion-2011-06-13\/idNoticia-678342\/\"><em>Galicia Hoxe<\/em><\/a>\u00a0<a href=\"http:\/\/www.galiciahoxe.com\/mare\/gh\/consentemento-resistencia\/idEdicion-2011-06-13\/idNoticia-678342\/\">unha entrevista<\/a>\u00a0con\u00a0<a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/newFichaProducto.pl?obrcod=2854362&amp;id_sello_editorial_web=13&amp;id_sello_VisualizarDatos=13#\">Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz<\/a>sobre\u00a0<a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/cgigeneral\/newFichaProducto.pl?obrcod=2854362&amp;id_sello_editorial_web=13&amp;id_sello_VisualizarDatos=13\"><em>Non hai noite tan longa<\/em><\/a>. Reproduc\u00edmola integramente:<\/p>\n<h2>Consentemento e resistencia<\/h2>\n<p><\/p>\n<h5>Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz retrata a miseria moral da sociedade das \u00faltimas d\u00e9cadas do franquismo en \u00abNon hai noite tan longa\u00bb, a s\u00faa primeira novela non editada nunha colecci\u00f3n de LIX<\/h5>\n<p>A miseria moral dunha sociedade hip\u00f3crita, clasista e demasiadas veces sumisa ante o poder, a das \u00faltimas d\u00e9cadas do franquismo. Pero tam\u00e9n os xeitos de resistencia, a loita por preservar a dignidade nun medio hostil, o da ditadura. Son alicerces de \u201cNon hai noite tan longa\u201d, (Xerais), a \u00faltima novela de Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz.<\/p>\n<p><strong>A novela conta o reencontro de Gabriel, o protagonista, co seu pasado, coa historia da s\u00faa familia. Pero m\u00e1is que nada parece que o obxectivo da novela \u00e9 retratar o que en varias ocasi\u00f3ns se define como \u201cmiseria moral\u201d daquela sociedade\u2026<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/gp29f04664321_526767.jpg\" rel=\"gallery\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-5293\" title=\"gp29f04664321_526767\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/gp29f04664321_526767.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"190\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/gp29f04664321_526767.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2012\/09\/gp29f04664321_526767-110x69.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>O libro ten unha historia que vertebra o que se quere contar, pero do que se trata \u00e9 de botar unha ollada cr\u00edtica, moral, sobre a \u00e9poca na que a mi\u00f1a xeraci\u00f3n era nova, nos anos 60. E esa \u00e9 unha das regras da boa novela negra cl\u00e1sica. Dashiell Hammett desenvolve unha trama nas s\u00faas novelas, pero en realidade estanos falando de cuesti\u00f3ns como a corrupci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Pero considera o seu libro unha novela negra? Exemplo desa miseria moral que retrata \u00e9 como se condena socialmente as mulleres violadas\u2026<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 unha obra con elementos de novela negra. Esa indagaci\u00f3n moral, sobre todo, e xa non s\u00f3 o feito de que haxa unha investigaci\u00f3n sobre un caso, o do pai do protagonista, encarcerado por un delito que non cometera. Houbo moitas mulleres coma Berta, violada e obrigada polos seus propios pais a calar, a ocultalo, porque se as culpaba dese acto de violencia de x\u00e9nero dicindo que eran \u201clixeiras de cascos\u201d e ese tipo de cousas.<\/p>\n<p><strong>O libro olla a abusos de poder como o dos gardas civ\u00eds que torturan para sacar falsas confesi\u00f3ns. En varias ocasi\u00f3ns parece aludir a cousas que pasaron, e que seguen a pasar na actualidade\u2026<\/strong><\/p>\n<p>A novela contrap\u00f3n d\u00faas \u00e9pocas, a de cando Gabriel era mozo, e a \u00e9poca m\u00e1is actual, o 2002. A intenci\u00f3n era reflexionar, si, sobre aquela \u00e9poca, pero tam\u00e9n sobre o tempo presente.<\/p>\n<p><strong>Na traxectoria da familia de Gabriel, anarquista e republicana, pode reco\u00f1ecerse a de moitas\u2026<\/strong><\/p>\n<p>O azar, que \u00e9 moi potente, trouxo nos \u00faltimos d\u00edas \u00e1s mi\u00f1as mans dous libros,<em>\u00c9xodo<\/em>\u00a0de Silvia Mistral e outro de Xes\u00fas Gonz\u00e1lez G\u00f3mez, que falan sobre os republicanos que se exiliaron en Francia, acabaron nun campo de concentraci\u00f3n, ou se uniron \u00f3s maquis\u2026 Documenteime moito para escribir este libro. As historias de vida te\u00f1en puntos en com\u00fan\u2026<\/p>\n<p><strong>O obxectivo de Gabriel \u00e9 restaurar a dignidade de seu pai, porque \u201ca dignidade non prescribe\u201d. E dalg\u00fan xeito reconc\u00edliase co seu pobo.<\/strong><\/p>\n<p>Gabriel act\u00faa por mandato de seu pai, que se lle aperece despois de morto. O lector pode interpretar que \u00e9 unha pantasma, ou que unha trasposici\u00f3n da mala conciencia, do sentimento de culpa de Gabriel por ter abandonado a s\u00faa familia. A ferida non era s\u00f3 da s\u00faa familia, era del, que comeza tendo unha visi\u00f3n moi aceda sobre o seu pobo, para despois evolucionar cara a unha \u00f3ptica m\u00e1is comprensiva. Ve que houbo v\u00edtimas, e xente que se deixou ir, consentidores como di a historiadora Ana Cabana\u2026<\/p>\n<p><strong>Cita vostede, de feito, a esta historiadora e o seu traballo sobre o consentimento, e a resistencia como a outra cara do mesmo.<\/strong><\/p>\n<p>Cito a Ana Cabana e a outros. Non citei todo o que lin para escribir esta novela porque non vir\u00eda a conto, prefiro a t\u00e9cnica dos escritores anglosax\u00f3ns que escollen unhas poucas referencias. Gabriel fuxira do seu pobo, cheo de xenreira polo que lle estaban a facer a seu pai. E decidira non volver nunca, de feito non o fixera en trinta anos, ata que lle morre a nai. Cando volve, dec\u00e1tase de que hai todo tipo de xente, coas s\u00faas debilidades, e que tam\u00e9n houbo moita xente que resistiu como puido. E foi as\u00ed como foi, na ditadura, en Galicia e en toda Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Xunto a Gabriel hai personaxes secundarios importantes\u2026<\/strong><\/p>\n<p>Os personaxes secundarios son moi importantes nas mi\u00f1as novelas. Moitas veces quedo con ganas de darlles m\u00e1is vida, pero se o fixese a novela descalabrar\u00edase. Nesta novela poder\u00eda falar moito m\u00e1is sobre Berta, ou sobre Milucha. A trav\u00e9s da segunda falo sobre a represi\u00f3n sexual das mulleres, da que ela puido liberarse, \u00f3 contrario de moitas outras\u2026<\/p>\n<p><strong>O Fonsito tam\u00e9n \u00e9 un personaxe interesante, a\u00ednda que s\u00f3 aparece \u00f3 final da novela. Supo\u00f1o que non \u00e9 casualidade que sexa de clase alta.<\/strong><\/p>\n<p>Non quixen facer unha novela de bos e malos, hai unha ambig\u00fcidade consciente coa que lector se ten que manexar. Non quixen deixar todo atado e ben atado. O lector ten que deducir por que o pai de Gabriel acaba no c\u00e1rcere, que fallou. E, si, quixen retratar a connivencia das clases altas co franquismo, e a impunidade que chegaban a acadar. Familias que mante\u00f1en a s\u00faa posici\u00f3n na escala social ata a actualidade. Eu creo que a novela pode retratar unha \u00e9poca mellor que o documental ou un libro de historia.<\/p>\n<div>\n<h5>IDIOMA<\/h5>\n<p><strong>\u201cConfiemos en que Negreira respecte a Lei de normalizaci\u00f3n\u201d<\/strong><\/p>\n<p><strong>Cando escribiu a novela era consciente de estar facendo un libro para adultos, no canto de literatura infantil ou xuvenil?<\/strong><\/p>\n<p>Realmente non. Escrib\u00edn esta novela igual c\u00e1s outras. E foi m\u00e1is ben proposta do editor. Outras veces negueime, pero desta volta quixen probar a ver que recepci\u00f3n ti\u00f1a, e est\u00e1 a ser boa.<\/p>\n<p><strong>Hai pouco estivo no acto dos 20 anos da Coordinadora de Equipos de Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica. E denunciou que o Goberno tenta baleirar de significado a normativa sobre a lingua\u2026<\/strong><\/p>\n<p>Utilicei como met\u00e1fora as colecci\u00f3ns de ovos de paxaro que faciamos cando eramos nenos. Sacab\u00e1moslle \u00f3 ovo a clara e a xema e quedabamos coa casca. Pois o mesmo est\u00e1 a pasar coa lexislaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica. S\u00f3 os nenos galegofalantes poder\u00e1n ter \u00f3 final da educaci\u00f3n obrigatoria un mesmo nivel de dominio do castel\u00e1n e do galego.<\/p>\n<p><strong>Participou como membro de Prolingua nun acto no que se anunciaron medidas se os gobernos non respectan a Lei de toponimia. A ver que pasa agora co goberno de Carlos Negreira na Coru\u00f1a\u2026<\/strong><\/p>\n<p>Non o sabemos. Pero confiemos en que respecte a Lei de normalizaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Moito premio recibe. Foi nominado para os Andersen, seleccionado pola Dalkey Archive Press\u2026<\/strong><\/p>\n<p>Iso \u00e9 porque son maior. Sempre son de agradecer os premios\u2026 ag\u00e1s alg\u00fan caso particular\u2026 -ref\u00edrese \u00f3 Premio da Cultura Galega, que rexeitou como modo de protesta contra a pol\u00edtica cultural e ling\u00fc\u00edstica do actual Goberno-. E non me preguntas pola foto de portada, na que sae Rosa Parks, a muller que non lle cedeu o asento no autob\u00fas a un branco porque estaba \u201cfarta de ceder\u201d. Martin Luther King escribiu sobre ela. O Movemento polos Dereitos Civ\u00eds ten a\u00ednda moito que ensinarnos: a non violencia, a protesta\u2026 e o movemento do 15-M ten que ver con isto, a\u00ednda que estea menos organizado.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/xerais.blogaliza.org\/2011\/06\/14\/tag\/montse_dopico\/\">Montse Dopico<\/a><\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A xornalista\u00a0Montse Dopico\u00a0publicou en\u00a0Galicia Hoxe\u00a0unha entrevista\u00a0con\u00a0Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Pazsobre\u00a0Non hai noite tan longa. Reproduc\u00edmola integramente: Consentemento e resistencia Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz retrata a miseria moral da sociedade das \u00faltimas d\u00e9cadas do franquismo en \u00abNon hai noite tan longa\u00bb, a s\u00faa primeira novela non editada nunha colecci\u00f3n de LIX A miseria moral dunha sociedade hip\u00f3crita, clasista e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[36],"tags":[],"class_list":["post-5378","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-interviews"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5378","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5378"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5378\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5378"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5378"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5378"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}