{"id":11163,"date":"2015-05-18T13:22:16","date_gmt":"2015-05-18T11:22:16","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/as-razons-do-galego-2\/"},"modified":"2015-05-18T13:33:33","modified_gmt":"2015-05-18T11:33:33","slug":"as-razons-do-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/as-razons-do-galego\/","title":{"rendered":"As raz\u00f3ns do galego"},"content":{"rendered":"<p>Este artigo que hoxe incl\u00fao no apartado &#8220;Ensaios&#8221; da mi\u00f1a web apareceu anteriormente na revista LUZES (n\u00ba 15; febreiro, 2015). Tal como digo no inicio do texto,<\/p>\n<p style=\"padding-left: 90px;\"><span style=\"color: #000080;\">\u00abO motivo que me levou a escribilo non foron os datos publicados en decembro de 2014 polo Instituto Galego de Estat\u00edstica (IGE) referidos ao co\u00f1ecemento e uso do galego. O devalo da lingua que reflicten, sobre todo na cidadan\u00eda m\u00e1is nova, xa foi comentado e analizado en diversos traballos cos que me sinto identificado.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #000080;\"> Non foron os datos, sen\u00f3n as posteriores declaraci\u00f3ns dos principais responsables da pol\u00edtica ling\u00fc\u00edstica aplicada en Galicia: o presidente da Xunta, N\u00fa\u00f1ez Feijoo; o ex-conselleiro de Educaci\u00f3n e Cultura, Xes\u00fas V\u00e1zquez; e o secretario xeral de Pol\u00edtica Ling\u00fc\u00edstica, Valent\u00edn Garc\u00eda. Esas declaraci\u00f3ns &#8211;e tam\u00e9n as dalg\u00fan comentarista con presenza habitual en medios escritos&#8211; son as que me levan a lembrar dez puntos que explican non s\u00f3 os datos do IGE, sen\u00f3n tam\u00e9n a axenda oculta da pol\u00edtica ling\u00fc\u00edstica emprendida polos gobernos de N\u00fa\u00f1ez Feijoo.\u00bb<\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>1.<\/strong><\/span> A lingua \u00e9 de todas as persoas, ten unha dimensi\u00f3n colectiva. Naceu hai m\u00e1is de mil anos neste pa\u00eds e non \u00e9 propiedade de ning\u00fan grupo pol\u00edtico ou social. Pert\u00e9ncenos a todas as persoas que vivimos e so\u00f1amos nel e \u00e1s que chegan a Galicia desde calquera lugar do mundo e deciden quedar aqu\u00ed. E, xaora, \u00e1 xente que ten na nosa terra as s\u00faas ra\u00edces e anda espallada polo mundo adiante.<br \/>\nPara entender os problemas socioling\u00fc\u00edsticos que hoxe experimenta a lingua conv\u00e9n ter moi presente a s\u00faa historia, que \u00e9 tam\u00e9n a dos seus falantes, porque nela est\u00e1n as ra\u00edces de moitos das dificultades \u00e1s que nos enfrontamos hoxe. Por exemplo, \u00e9 a que explica os prexu\u00edzos existentes arredor do galego (rural, atrasado, localista, pail\u00e1n, in\u00fatil&#8230;), os mesmos que revitalizaron con forza as pol\u00edticas de N\u00fa\u00f1ez Feijoo.<\/p>\n<p><strong>2.<\/strong> Os prexu\u00edzos e as actitudes negativas son o principal obst\u00e1culo para un uso normalizado da lingua. Funcionan como unhas &#8220;leis invisibles&#8221; que seguen orientando os comportamentos ling\u00fc\u00edsticos de boa parte da poboaci\u00f3n. Sen eles non se poder\u00eda entender un fen\u00f3meno moi relevante: a invisibilidade social da lingua. A\u00ednda que a entende a pr\u00e1ctica totalidade da poboaci\u00f3n e a fala unha ampla porcentaxe, ten unha presenza social moito menor da que lle corresponder\u00eda. O galego \u00e9, en certo sentido, unha lingua oculta. Esta invisibilidade social da lingua acada proporci\u00f3ns preocupantes nos \u00e1mbitos urbanos, onde semella haber zonas e situaci\u00f3ns en que falar galego se vive como unha transgresi\u00f3n social.<\/p>\n<p><strong><span style=\"color: #000080;\">3.<\/span><\/strong> O estatus do galego como lingua oficial, xunto co castel\u00e1n, e o reco\u00f1ecemento como \u00ablingua propia de Galicia\u00bb, serviron para constru\u00edr un precario marco legal tras a morte de Franco. Malia o escaso entusiasmo dos gobernos auton\u00f3micos e a desconfianza das elites sociais, econ\u00f3micas e medi\u00e1ticas, o galego foi acadando \u00e1mbitos e funci\u00f3ns que antes lle estiveran vedados.<br \/>\nA pedra angular deste marco legal \u00e9 a Lei de Normalizaci\u00f3n Ling\u00fc\u00edstica (1983). Dela quero salientar o artigo onde se di que naquelas etapas en que o ensino \u00e9 obrigatorio, o Goberno garantir\u00e1 que o alumnado acade unha competencia semellante nas d\u00faas linguas oficiais.<br \/>\nNo ano 2004, o goberno de Fraga Iribarne promoveu a elaboraci\u00f3n dun Plan Xeral de Normalizaci\u00f3n da Lingua (PXNL). Nela participou un amplo n\u00famero de representantes da sociedade civil e, tras posterior revisi\u00f3n, aprobouse por unanimidade no Parlamento Galego.<br \/>\nO PXNL fac\u00eda unha radiograf\u00eda da situaci\u00f3n social do galego, estruturada en sete grandes apartados. Partindo desa radiograf\u00eda, propu\u00f1a uns obxectivos a medio prazo e un amplo repertorio de medidas para acadalos. Unha completa folla de ruta para as actuaci\u00f3ns dos Gobernos auton\u00f3micos nas primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo XXI.<\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>4.<\/strong><\/span> No ano 2006 accedeu ao goberno a coalici\u00f3n PSdeG-BNG. Na segunda parte da lexislatura aprobou un novo decreto que regulaba a presenza das linguas no ensino non universitario, elaborado seguindo as pautas do Plan Xeral. Isto provocou o ataque dos sectores opostos \u00e1 normalizaci\u00f3n social do galego, apoiados con entusiasmo polo PP. O mesmo partido que promovera o PXNL rompeu todos os consensos para conseguir un rendemento electoral.<br \/>\nForon os anos de falacias como la imposici\u00f3n del gallego, la defensa de la libertad ling\u00fc\u00edstica ou el derecho de los padres a elegir, espalladas polos principais xornais de Galicia e polos da dereita madrile\u00f1a. Mentiras que acabaron por instalarse nun sector da sociedade e contribu\u00edron a que o PP ga\u00f1ase as elecci\u00f3ns do ano 2009.<\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>5.<\/strong> <\/span>Este primeiro goberno dun PP iniciou unha intensa contrarreforma co obxectivo de afogar as actuaci\u00f3ns ling\u00fc\u00edsticas e culturais que agromaran co goberno bipartito. Sen \u00e1nimo de ser exhaustivo, cito aqu\u00ed algunhas delas: eliminaci\u00f3n das axudas econ\u00f3micas aos programas experimentais de ensino en galego en E. Infantil (maio, 2009); modificaci\u00f3n do decreto que regulaba o curr\u00edculo de E. Infantil, para dificultar na pr\u00e1ctica a presenza do galego (maio, 2009); eliminaci\u00f3n da esixencia de co\u00f1ecemento do galego para acceder \u00e1 funci\u00f3n p\u00fablica (xu\u00f1o, 2009); derrogaci\u00f3n do Decreto 124\/2007 que regulaba o uso das linguas no ensino (xu\u00f1o, 2009); modificaci\u00f3n da normativa das galescolas de E. Infantil (agosto, 2009); recorte dos orzamentos para os ENL dos centros educativos (xaneiro, 2010); supresi\u00f3n das axudas para a promoci\u00f3n do galego nos concellos (setembro, 2009); supresi\u00f3n da proba de galego nas oposici\u00f3ns \u00e1 docencia (febreiro, 2010); paralizaci\u00f3n das p\u00e1xinas web que divulgaban a m\u00fasica e a literatura en galego; desmantelamento de Man Com\u00fan, a plataforma de software libre en galego; diminuci\u00f3n das axudas \u00e1 edici\u00f3n e \u00e1 traduci\u00f3n; paralizaci\u00f3n das medidas contempladas na Lei do Libro e da Lectura, como a creaci\u00f3n do Instituto Rosal\u00eda de Castro para a promoci\u00f3n exterior&#8230; E, xaora, unha brutal diminuci\u00f3n dos orzamentos destinados a pol\u00edtica ling\u00fc\u00edstica (21,5 mill\u00f3ns no 2009; 6,7 para o 2015).<\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>6.<\/strong><\/span> Ademais das anteriores, as d\u00faas actuaci\u00f3ns principais que centraron esta cruzada contra o galego foron, en primeiro termo, a loita xur\u00eddica e ideol\u00f3xica para aprobar o chamado \u00abDecreto para o Pluriling\u00fcismo no ensino non universitario de Galicia\u00bb. Un decreto que diminu\u00edu de xeito dram\u00e1tico a presenza do galego no ensino, que prohibiu a s\u00faa utilizaci\u00f3n nas materias cient\u00edficas, que retirou e destru\u00edu os libros de matem\u00e1ticas, que varreu o galego das aulas de Educaci\u00f3n Infantil nas cidades&#8230; Un decreto que foi parcialmente anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que a\u00ednda est\u00e1 pendente do recurso de casaci\u00f3n que a RAG presentou perante o Tribunal Supremo.<\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>7.<\/strong><\/span> A outra actuaci\u00f3n que quero salientar \u00e9 para min a m\u00e1is grave, pola persistencia dos efectos que produce: tr\u00e1tase da revitalizaci\u00f3n dos prexu\u00edzos contra a lingua. Mediante declaraci\u00f3ns e actos un d\u00eda si e outro tam\u00e9n, e ampar\u00e1ndose nunha utilizaci\u00f3n espuria do concepto liberdade, o goberno e os medios af\u00edns conseguiron estender na sociedade novos prexu\u00edzos e fomentar as actitudes negativas.<br \/>\nEmpregar o galego na vida social volveu ser unha pr\u00e1ctica connotada. Dun xeito impl\u00edcito, o que se nos pide \u00e1s persoas que temos o galego como lingua habitual \u00e9 que sexamos amables e cordiais: que cambiemos de lingua nos despachos, nos comercios, nas consultas&#8230; para evitar conflitos. Abaixar a cabeza e claudicar en \u00e1mbitos adversos, deixar o galego para cando esteamos na casa ou con persoas de confianza: unha lingua s\u00f3 para o guetto, o \u00e1mbito da liberdade restrinxida.<\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>8.<\/strong> <\/span>O resultado destas actuaci\u00f3ns \u00e9 o que reflicten os datos do IGE. No \u00e1mbito do ensino, unha ampla porcentaxe do alumnado non emprega nunca o galego. En moitos casos non o falan porque non saben, como moi ben explicou Xabier P. DoCampo. E, nos casos en que saben, os prexu\u00edzos l\u00e9vanos (a eles e \u00e1s s\u00faas familias) a rexeitar o seu uso, porque non resulta atractivo empregar unha lingua alcumada de radical, de atrasada, de limitadora, de in\u00fatil, de imposta. O modelo est\u00e1 nos que nos mandan: empregalo s\u00f3 en certas ocasi\u00f3ns, nun pr\u00e1ctica percibida como ritual e falsa.<br \/>\nO cami\u00f1o para contrarrestar isto pasa polas medidas dese\u00f1adas no PXNL, porque un ambiente favorable ao emprego do galego non se produce espontaneamente. Unhas medidas nas que nunca deben faltar d\u00faas constantes: o exemplo pr\u00e1ctico de que o galego se pode usar para calquera funci\u00f3n e a vontade de crear actitudes positivas cara \u00e1 lingua.<\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>9.<\/strong><\/span> E unha hipocris\u00eda estra\u00f1arse dos datos do IGE ou non verlles relaci\u00f3n coa pol\u00edtica aplicada, pois son o resultado l\u00f3xico das medidas adoptadas. Calquera manual de socioling\u00fc\u00edstica explica que coas porcentaxes de emprego do galego no \u00e1mbito escolar, nun contexto de actitudes negativas, os datos te\u00f1en que ser os do IGE. E se non son peores \u00e9 polo esforzado labor de tantos docentes que traballan para cumprir os obxectivos sinalados na Lei de Normalizaci\u00f3n de 1983.<br \/>\nDe querer tam\u00e9n iso o goberno, ter\u00eda que cambiar de rumbo e cami\u00f1ar na direcci\u00f3n correcta: a de conseguir que o alumnado sexa competente nas d\u00faas linguas oficiais. E a crear \u00e1mbitos de uso, de maneira que os galego falantes non se vexan obrigados a ocultar a s\u00faa lingua, sexa na escola, no m\u00e9dico ou na notar\u00eda.<\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>10.<\/strong><\/span> Se non se quere que haxa cidad\u00e1ns de primeira e de segunda, te\u00f1en que crearse as condici\u00f3ns para que se poida vivir en galego coa mesma normalidade coa que se pode facer en castel\u00e1n. Entre outras cousas, \u00e9 preciso que a poboaci\u00f3n sexa competente nas d\u00faas lingua oficiais, para que logo cadaqu\u00e9n decida libremente se usa unha ou outra nos diferentes \u00e1mbitos e situaci\u00f3ns. A dobre competencia \u00e9 imprescindible para garantir a liberdade ling\u00fc\u00edstica.<br \/>\nEsta dobre competencia xa a posu\u00edmos todos os cidad\u00e1ns que temos o galego como lingua habitual, mais o contrario non ocorre. \u00c9 falsa a oposici\u00f3n entre castel\u00e1n falantes e galego falantes. En todo caso, a oposici\u00f3n ser\u00eda entre os que temos competencia biling\u00fce e os que se obstinan no mantemento da competencia monoling\u00fce vivindo nun pa\u00eds con dous idiomas oficiais.<\/p>\n<p>O texto pode descargarse en pdf aqu\u00ed: <a title=\"as raz\u00f3ns do galego\" href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2015\/05\/TEXTO-PARA-LUZES-N\u00ba-15-FEBREIRO.pdf\" target=\"_blank\">AS RAZ\u00d3NS DO GALEGO<\/a><\/p>\n<p style=\"padding-left: 60px;\">\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este artigo que hoxe incl\u00fao no apartado &#8220;Ensaios&#8221; da mi\u00f1a web apareceu anteriormente na revista LUZES (n\u00ba 15; febreiro, 2015). Tal como digo no inicio do texto, \u00abO motivo que me levou a escribilo non foron os datos publicados en decembro de 2014 polo Instituto Galego de Estat\u00edstica (IGE) referidos ao co\u00f1ecemento e uso do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39],"tags":[],"class_list":["post-11163","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-essays"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11163","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11163"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11163\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11163"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11163"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11163"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}