{"id":10573,"date":"2014-11-14T20:09:15","date_gmt":"2014-11-14T18:09:15","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/?p=10573"},"modified":"2014-11-14T20:09:15","modified_gmt":"2014-11-14T18:09:15","slug":"por-non-ser-dos-que-calan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/por-non-ser-dos-que-calan\/","title":{"rendered":"Por non ser dos que calan"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><strong>(A fotograf\u00eda de Albert Camus \u00e9 de Henri Cartier-Bresson, en 1947)<\/strong><\/p>\n<h5 style=\"text-align: center;\"><\/h5>\n<h5 style=\"text-align: center;\"><em>A peste<\/em> (<em>La chute<\/em>, 1947), de Albert Camus<\/h5>\n<p>Nesta entrada, imos comezar polo que deber\u00eda ser o final. Tr\u00e1tase dun v\u00eddeo onde se recolle <a title=\"Texto do discurso (blog Gatopardo)\" href=\"http:\/\/gatopardo.blogia.com\/2009\/103101-albert-camus-discurso-de-aceptacion-del-premio-nobel-de-literatura-ano-1957.php\" target=\"_blank\">o discurso que Albert Camus<\/a> pronunciou en Estocolmo o 10 de decembro de 1957, cando recibiu o Premio Nobel de Literatura. Par\u00e9ceme un texto id\u00f3neo\u00a0para achegarse de primeiras \u00e1 figura do escritor franc\u00e9s:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/_nWNFTuS3og\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<h6>\u00a0<strong style=\"font-size: 13px;\">Ler <em>A peste<\/em> en tempos dif\u00edciles<\/strong><\/h6>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Edicion-Editorial-Sur-3-1955.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10562\" title=\"Edicion Editorial Sur 3, 1955\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Edicion-Editorial-Sur-3-1955-200x300.jpg\" alt=\"\" width=\"200\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Edicion-Editorial-Sur-3-1955-200x300.jpg 200w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Edicion-Editorial-Sur-3-1955.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Edicion-Editorial-Sur-3-1955-110x165.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 200px) 100vw, 200px\" \/><\/a>Durante estas \u00faltimas semanas, estiven a ler <a title=\"Texto de Glenda Vergare\" href=\"http:\/\/www.arealibros.es\/literatura\/albert-camus-y-la-peste.html\" target=\"_blank\"><em>La peste<\/em>, a novela de Albert Camus<\/a>, na traduci\u00f3n ao castel\u00e1n de Rosa Chacel ( o orixinal, <em>La Chute<\/em>, \u00e9 de 1947) \u00a0Debe de ser a cuarta vez que a leo completa; non o lembro ben porque foron moitas as ocasi\u00f3ns en que me acheguei a ela para revisar alg\u00fan anaco concreto.<\/p>\n<p>O que nunca poderei esquecer \u00e9 a primeira vez que lin <a title=\"Gabriel A\u00faz, en Con voz propia\" href=\"http:\/\/gabrielauz.wordpress.com\/2013\/03\/05\/la-peste-albert-camus\/\" target=\"_blank\"><em>A peste<\/em><\/a>. Foi no ver\u00e1n de 1968, no campamento de Monte la Reina, en terras de Zamora, onde eu estaba facendo as Milicias Universitarias. Un compa\u00f1eiro de tenda, ao que sempre lle estarei agradecido, \u00eda \u00e1 s\u00faa casa nas fins de semana e tra\u00edame libros da biblioteca do seu pai. Libros moi ben elixidos, para satisfacer a mi\u00f1a fame de lecturas. As\u00ed foi como, entre outros, e sempre en edici\u00f3ns arxentinas ou mexicanas, pois daquela estaban prohibidos en Espa\u00f1a, lin a Sartre, a Bertrand Russell, a Kafka, a Malraux&#8230; e tam\u00e9n a Camus. Unha desas semanas tr\u00f3uxome <em>O estranxeiro<\/em> e <a title=\"Comentario en Harper's Bazaar\" href=\"http:\/\/www.harpersbazaar.es\/articulo\/623\/albert-camus-la-peste\" target=\"_blank\"><em>A peste<\/em><\/a>. Esta \u00faltima, sobre todo, deixou en min unha pegada fond\u00edsima.<\/p>\n<p>Eu xa devec\u00eda por ler estes autores desde hab\u00eda alg\u00fan tempo. Non \u00e9 agora o momento de contalo aqu\u00ed, mais debo dicir que o curso anterior lera, na Universidade Laboral de Xix\u00f3n, os catro primeiros tomos da <a title=\"Breve texto sobre o libro\" href=\"http:\/\/biblio3.url.edu.gt\/Libros\/2012\/08\/LiteraturaXX.pdf\" target=\"_blank\"><em>Literatura del siglo XX y cristianismo<\/em> <\/a>(do belga <a title=\"Sobre Charles Moeller\" href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Charles_Moeller\" target=\"_blank\">Charles Moeller<\/a>, editados en castel\u00e1n por Gredos). En cada toma re\u00fanense estudos sobre alg\u00fans autores determinados (m\u00e1is da metade, prohibidos daquela en Espa\u00f1a), con abondosa informaci\u00f3n e, sobre todo, coa reproduci\u00f3n de extensos fragmentos das obras.<\/p>\n<p>As\u00ed que, cando enfrontei a lectura d&#8217;<em>A peste<\/em>, eu xa posu\u00eda ben informaci\u00f3n sobre a novela, as\u00ed como sobre outros libros de Camus que a\u00ednda tardei d\u00e9cadas en ler, como <a title=\"Informaci\u00f3n sobre O mito de S\u00edsifo\" href=\"http:\/\/www.xtec.cat\/~lvallmaj\/aniversa\/sisif02.htm\" target=\"_blank\"><em>O mito de S\u00edsifo<\/em><\/a> ou <a title=\"Camus y El hombre rebelde\" href=\"http:\/\/www.taringa.net\/posts\/apuntes-y-monografias\/15112474\/Albert-Camus---El-Hombre-rebelde.html\" target=\"_blank\"><em>O home rebelde<\/em><\/a> ou o seu teatro. Reitero que lin o libro con ansia e que a s\u00faa lectura influ\u00edu de xeito significativo na mi\u00f1a visi\u00f3n do mundo.<\/p>\n<p>Agora, cando volv\u00edn a el, despois de tantos anos, comeceino con algo de prevenci\u00f3n. Tem\u00eda que me pasase coma con outros libros, descubrir que o tempo o fixera avellentar. Mais non, <a title=\"Texto de Jer\u00f3nimo Garc\u00eda, en Las dos orillas\" href=\"http:\/\/www.las2orillas.co\/la-peste-de-albert-camus\/\" target=\"_blank\">todo o contrario<\/a>. Canta raz\u00f3n ten Italo Calvino no seu ensaio <em>Por que ler os cl\u00e1sicos<\/em>: \u00abUn cl\u00e1sico \u00e9 un libro que nunca remata de dicir o que ten que dicir.\u00bb Pois <em>A peste<\/em>, nestes primeiros anos do s\u00e9culo XXI, semella estar escrita para falar da sociedade en que vivimos hoxe.<\/p>\n<h6>\u00a0<strong style=\"font-size: 13px;\">Que nos conta Camus en <em>La peste<\/em>?<\/strong><\/h6>\n<p><span style=\"font-size: 13px;\">Antes disto, sei que deber\u00eda comentar alg\u00fans aspectos b\u00e1sicos da biograf\u00eda de Albert Camus (a infancia e a mocidade en Alxeria, o seu papel dentro do existencialismo, as pol\u00e9micas con Sartre, o labor como xornalista, o papel xogado na Resistencia, o Premio Nobel concedido en 1957,<a title=\"Sobre Mar\u00eda Casares. Blog El s\u00ed m\u00e1gico\" href=\"http:\/\/elsimagico.wordpress.com\/2009\/05\/18\/en-la-muerte-de-maria-casares\/\" target=\"_blank\"> a s\u00faa relaci\u00f3n con Mar\u00eda Casares<\/a>&#8230;). Mais non paga a pena facelo aqu\u00ed, \u00e1<a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Albert-Camus-Mar\u00eda-Casares.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-medium wp-image-10552\" title=\"Albert Camus-Mar\u00eda Casares\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Albert-Camus-Mar\u00eda-Casares-300x233.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"233\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Albert-Camus-Mar\u00eda-Casares-300x233.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Albert-Camus-Mar\u00eda-Casares-450x351.jpg 450w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Albert-Camus-Mar\u00eda-Casares-110x85.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Albert-Camus-Mar\u00eda-Casares.jpg 472w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> vista dos excelentes textos que podemos atopar na Rede (entre eles,<a title=\"Artigo de Marga do Val en Sermos Galiza\" href=\"http:\/\/www.sermosgaliza.gal\/articulo\/cultura\/arredor-do-centenario-albert-camus\/20131110072212021066.html\" target=\"_blank\"> este de Marga do Val<\/a>\u00a0ou <a title=\"Artigo de Toni Judt, en Letras Libres\" href=\"http:\/\/www.letraslibres.com\/revista\/dossier\/albert-camus-el-moralista-reticente\" target=\"_blank\">estoutro de Tony Judt<\/a>). S\u00f3 comentarei que Camus naceu en Alxeria, cando a\u00ednda era unha colonia francesa. <\/span><em style=\"font-size: 13px;\">A peste<\/em><span style=\"font-size: 13px;\"> publicouse en 1947, e a guerra que levou \u00e1 independencia de Alxeria desenvolveuse entre 1954 e 1962.<\/span><\/p>\n<p>Un bo complemento para achegarse \u00e1 biograf\u00eda de Camus t\u00e9molo nesta fotobiograf\u00eda <a title=\"Fotobiograf\u00eda, en EL PAIS\" href=\"http:\/\/cultura.elpais.com\/cultura\/2013\/11\/06\/album\/1383738288_181945.html#1383738288_181945_1383740762\" target=\"_blank\">&#8220;Albert Camus, soledad por la libertad&#8221;<\/a>.<\/p>\n<p>Sei que a ningu\u00e9n lle estrago a lectura se fago aqu\u00ed un breve resumo da historia, pois <a title=\"El legado del \u00faltimo humanista (en Literlabia)\" href=\"http:\/\/elsimagico.wordpress.com\/2009\/05\/18\/en-la-muerte-de-maria-casares\/\" target=\"_blank\">o apaixonante deste libro<\/a> est\u00e1 m\u00e1is al\u00e1 da an\u00e9cdota, como logo comentarei.<\/p>\n<p>A historia transcorre na cidade de Or\u00e1n, na beiramar de Alxeria, nalg\u00fan ano da d\u00e9cada dos corenta. O 16 de abril comezan a aparecer ratas mortas polas r\u00faas da cidade. Ve\u00f1en dos sumidoiros e saen ao exterior para morrer pouco despois, botando sangue pola boca. Ao primeiro ningu\u00e9n lle d\u00e1 importancia; a preocupaci\u00f3n comeza cando o n\u00famero medra de forma alarmante.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Ratas-21.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-10557\" title=\"Ratas 2\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Ratas-21-300x131.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"131\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Ratas-21-300x131.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Ratas-21-110x48.jpg 110w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Ratas-21.jpg 411w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Non tardan en enfermar as primeiras persoas, con s\u00edntomas que remiten \u00e1 peste bub\u00f3nica, a terrible Peste Negra da Idade Media. Eses enfermos van morrendo, sen que os m\u00e9dicos poidan facer nada. Para non alarmar, as autoridades qu\u00edtanlles importancia. Mais cando o n\u00famero de casos medra sen cesar, non te\u00f1en m\u00e1is remedio que facelo p\u00fablico: tr\u00e1tase da peste, que se est\u00e1 a estender pola cidade. Ante a gravidade da situaci\u00f3n, o goberno decide illar a cidade. Ningu\u00e9n poder\u00e1 entrar nin sa\u00edr dela.<\/p>\n<p>Todo o anterior, e os dez longos meses en que a peste permanece na cidade, \u00edmolos vivindo a trav\u00e9s dos personaxes que protagonizan este libro. O principal \u00e9 o doutor Bernard Rieux, que asume a responsabilidade de dirixir a batalla contra a peste. Os outros personaxes ir\u00e9molos co\u00f1ecendo pola relaci\u00f3n que te\u00f1en con Rieux. Case todos eles son representativos dos diversos estamentos da cidade (ag\u00e1s da poboaci\u00f3n \u00e1rabe, que en ning\u00fan momento aparece no libro). As\u00ed, temos o xu\u00edz Othon e o sacerdote Peneloux, a xustiza e a relixi\u00f3n. E est\u00e1 Tarrou, chegado \u00e1 cidade un pouco antes de comezar a peste, que asume o traballo de elaborar unha cr\u00f3nica detallada do que vai sucedendo. Un funcionario, Grand, \u00e9 quen leva as estat\u00edsticas das mortes que se producen.\u00a0 E temos tam\u00e9n un xornalista, Rambert, que loita por sa\u00edr da cidade e reunirse coa s\u00faa amada.<\/p>\n<p>O n\u00facleo da novela reside nas actitudes, nos actos e nas conversas deses personaxes ao longo dos dez meses que a cidade permanece illada. O papel da relixi\u00f3n, o silencio de Deus, a dor e a morte, a solidariedade dalgunhas persoas, o ego\u00edsmo da maior\u00eda&#8230; son alg\u00fans dos temas que se desenvolven n&#8217;<em>A peste<\/em>. E, sempre omnipresente, a enfermidade e as s\u00faas consecuencias: que facer cos mortos, como loitar contra ela, os cambios na vida da cidade&#8230;<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/zdxM4_3jkvk\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><br \/>\n<strong><\/strong><\/p>\n<h6><strong>A actualidade d&#8217;<em>A peste<\/em><\/strong>.<\/h6>\n<p>A novela publicouse en 1947, cando hab\u00eda s\u00f3 dous anos que rematara a 2\u00aa Guerra Mundial. Daquela leuse como unha alegor\u00eda sobre a ocupaci\u00f3n de Francia polos alem\u00e1ns. Ou tam\u00e9n sobre a expansi\u00f3n nazi por Europa antes e durante a guerra mundial. E si, ambas son lecturas con sentido, sobre todo no tempo en que apareceu a novela.<\/p>\n<p>Non obstante, lida desde hoxe, \u00e9 doado <a title=\"El desolado porvenir, por Caballero Bonald\" href=\"http:\/\/www.solidaridad.net\/noticia\/2758\/la-peste-albert-camus\" target=\"_blank\">entendela como unha par\u00e1bola<\/a> que pode iluminar moitos m\u00e1is feitos. Pois, por desgraza, son moitas as pestes que chegan a n\u00f3s.<\/p>\n<p>As m\u00e1is evidentes son algunhas das novas enfermidades\u00a0 que se estenden na sociedade e que provocan reacci\u00f3ns moi semellantes as que describe Camus. Lembremos <a title=\"Sobre SIDA. P\u00e1xina da OMS\" href=\"http:\/\/www.who.int\/features\/qa\/71\/es\/\" target=\"_blank\">a relevancia da SIDA<\/a>, e os comportamentos ante ela naquelas primeiros anos en que non se sab\u00eda que era nin como se contaxiaba. Algo parecido est\u00e1 a ocorrer co \u00e9bola, a\u00ednda que sexa m\u00e1is limitado.<\/p>\n<p>Pero tam\u00e9n se pode asociar a outros feitos relevantes, pandemias que hoxe se estenden polo mundo e po\u00f1en en perigo o conxunto da humanidade. Coma tal, o capitalismo sen freos que provoca cada vez unha desigualdade maior, as\u00ed como o esgotamento dos recursos naturais. Ou o cambio clim\u00e1tico, do cal xa sufrimos na actualidade as primeiras consecuencias, e que ameaza con estenderse cada d\u00eda m\u00e1is.<\/p>\n<h6>\u00a0<strong style=\"font-size: 13px;\">Dous breves fragmentos<\/strong><\/h6>\n<p>Con todo, <em>A peste<\/em> \u00e9 unha novela que transmite unha inmensa esperanza nas persoas. Velaqu\u00ed dos anacos da parte final:<\/p>\n<p style=\"padding-left: 60px;\"><span style=\"color: #000080;\">No medio dos berros que redobraban a s\u00faa forza e a s\u00faa duraci\u00f3n, a medida que os ramos multicolores se elevaban no ceo, o doutor Rieux decidiu redactar a narraci\u00f3n que aqu\u00ed remata, por non ser dos que calan, para <a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Portada-La-Peste-2.jpg\"><span style=\"color: #000080;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-medium wp-image-10558\" title=\"Portada La Peste 2\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Portada-La-Peste-2-178x300.jpg\" alt=\"\" width=\"178\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Portada-La-Peste-2-178x300.jpg 178w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Portada-La-Peste-2.jpg 238w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/11\/Portada-La-Peste-2-110x184.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 178px) 100vw, 178px\" \/><\/span><\/a>testemu\u00f1ar en favor dos apestados, para deixar polo menos unha lembranza da inxustiza e da violencia que se lles fixera e para dicir simplemente algo que se aprende no medio das pragas: que hai nas persoas m\u00e1is cousas dignas de admiraci\u00f3n que de desprezo.<\/span><\/p>\n<p style=\"padding-left: 60px;\">(&#8230;)<\/p>\n<p style=\"padding-left: 60px;\"><span style=\"color: #000080;\">Escoitando os berros de alegr\u00eda que sub\u00edan da cidade, Rieux ti\u00f1a presente que esta alegr\u00eda est\u00e1 sempre ameazada. Pois el sab\u00eda que esa multitude feliz ignoraba o que se pode ler nos libros, que o bacilo da peste non morre nin desaparece xamais, que pode permanecer durante d\u00e9cadas durmido nos mobles, na roupa, que agarda pacientemente nas alcobas, nas bodegas, nas maletas, nos panos de man e nos papeis, e que pode chegar un d\u00eda en que a peste, para desgraza e ensinanza dos homes, esperte as s\u00faas ratas e as mande a morrer nunha cidade feliz.<\/span><\/p>\n<h6><strong>Outros dous v\u00eddeos e unha cita<\/strong>:<\/h6>\n<p>En 1992, o director arxentino Luis Puenzo fixo <a title=\"Ficha do filme La peste (The plague)\" href=\"http:\/\/www.filmaffinity.com\/es\/film648316.html\" target=\"_blank\">unha pel\u00edcula<\/a> a partir da <a title=\"An\u00e1lise da pel\u00edcula, por David Ontoso\" href=\"http:\/\/campus.usal.es\/~revistamedicinacine\/Volumen_2_1\/n1\/esp_1_pdf\/peste.pdf\" target=\"_blank\">novela de Albert Camus<\/a>, con William Hurt no papel do doutor Rieux. Velaqu\u00ed o trailer:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/xc7TCwSBkf8\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p><span style=\"font-size: 13px;\">Nestoutro v\u00eddeo temos a oportunidade de ver e escoitar a Albert Cam\u00fas, nunha entrevista que lle fixeron a prop\u00f3sito da estrea da s\u00faa obra teatral<\/span><em style=\"font-size: 13px;\"> Os pose\u00eddos <\/em><span style=\"font-size: 13px;\">en 1959:<\/span><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/bSG1NnY6HoU\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p>Como remate, un anaqui\u00f1o de <em>O home rebelde<\/em>, un dos ensaios m\u00e1is co\u00f1ecidos de Camus:<\/p>\n<p style=\"padding-left: 60px;\"><span style=\"color: #000080;\">Que \u00e9 un home rebelde? Un home que di non. Pero negar non \u00e9 renunciar: \u00a0tam\u00e9n \u00e9 un home que di si desde o seu primeiro movemento. Un escravo, que recibiu ordes durante toda a s\u00faa vida, xulga de s\u00fapeto inaceptable unha nova orde. Cal \u00e9 o contido dese \u00abnon\u00bb? Significa, por exemplo, \u00abas cousas duraron xa demasiado\u00bb, \u00abhai un l\u00edmite que non pasaredes\u00bb. En suma, ese \u00abnon\u00bb afirma a existencia dunha fronteira.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(A fotograf\u00eda de Albert Camus \u00e9 de Henri Cartier-Bresson, en 1947) A peste (La chute, 1947), de Albert Camus Nesta entrada, imos comezar polo que deber\u00eda ser o final. Tr\u00e1tase dun v\u00eddeo onde se recolle o discurso que Albert Camus pronunciou en Estocolmo o 10 de decembro de 1957, cando recibiu o Premio Nobel de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10564,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-10573","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10573","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10573"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10573\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10564"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10573"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10573"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10573"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}