{"id":10242,"date":"2014-04-12T12:58:42","date_gmt":"2014-04-12T10:58:42","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/53-anos-da-viaxe-de-iuri-gagarin-2\/"},"modified":"2014-04-12T12:59:04","modified_gmt":"2014-04-12T10:59:04","slug":"53-anos-da-viaxe-de-iuri-gagarin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/53-anos-da-viaxe-de-iuri-gagarin\/","title":{"rendered":"53 anos da viaxe de Iuri Gagarin"},"content":{"rendered":"<h5 style=\"text-align: center;\"><span style=\"color: #000080;\">12 de abril de 2014: cincuenta e tres anos dun d\u00eda memorable<\/span><\/h5>\n<p>Dentro de d\u00faas ou tres semanas aparecer\u00e1 publicada a novela que me tivo ocupado desde hai m\u00e1is dun ano: <em>A viaxe de Gagarin<\/em> (Xerais, 2014). Dentro do intenso, e apaixonante, proceso de documentaci\u00f3n ao que me obrigou este libro, unha parte <a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/selo-gagarin2.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-10238\" title=\"selo gagarin2\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/selo-gagarin2.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"154\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/selo-gagarin2.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/selo-gagarin2-110x56.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>importante estivo centrada na figura do cosmonauta Iuri Gagarin e na s\u00faa hist\u00f3rica viaxe, que inauguraba a era espacial. Tanto, que Gagarin (que non \u00e9 un personaxe do libro, a\u00ednda que figura como pano de fondo ao longo de toda a historia) acabou sendo unha persoa moi pr\u00f3xima durante varios meses. E tam\u00e9n as s\u00faas palabras ao contemplar a Terra desde o espazo: <span style=\"color: #000080;\"><em>Habitantes do mundo: salvagardemos esta beleza, non a destruamos.\u00a0<\/em><span style=\"color: #000000;\">Unha mensaxe que segue tendo unha total vixencia.<\/span><\/span><\/p>\n<p>Hoxe, cando escribo estas li\u00f1as, \u00e9 o 12 de abril de 2014. Celebramos o cincuenta e tres aniversario do primeiro voo espacial tripulado. Esta pasada noite foi <a title=\"Noticia da Noite de Yuri, en Rusia Today\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=iNPnpmwvqtQ\" target=\"_blank\">A Noite de Iuri<\/a>, que cient\u00edficos e afeccionados \u00e1 astron\u00e1utica celebran cada once de abril desde hai xa varios anos. E o meu xeito de unirme \u00e1 celebraci\u00f3n \u00e9 dedicarlle unha entrada no blog, a\u00ednda sabendo que salto de novo as normas que me autoimpuxen. Mais \u00e9 que hai datas que o merecen!<\/p>\n<p><strong>Unha data para a historia<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/xornal-gagarin-1.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-full wp-image-10234\" title=\"xornal gagarin 1\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/xornal-gagarin-1.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"168\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/xornal-gagarin-1.jpg 300w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/xornal-gagarin-1-110x61.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Foi o 12 de abril de 1961. Ese d\u00eda, desde o cosm\u00f3dromo de Baikonur, situado no que na actualidade \u00e9 Kazaxist\u00e1n, a nave <em>Vostok 1<\/em> iniciaba o que ser\u00eda o primeiro voo espacial tripulado. No seu interior \u00eda <a title=\"Breve biograf\u00eda de Gagarin\" href=\"http:\/\/www.biografiasyvidas.com\/biografia\/g\/gagarin.htm\" target=\"_blank\">Iuri Gagarin<\/a>, a primeira persoa en sa\u00edr ao espazo exterior e realizar unha \u00f3rbita completa ao redor da Terra. Na terminolox\u00eda sovi\u00e9tica, o primeiro cosmonauta.<\/p>\n<p>O <a title=\"Sobre o proxecto Vostok\" href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Programa_Vostok\" target=\"_blank\">proxecto Vostok<\/a>, o seguinte despois do Sp\u00fatnik, ti\u00f1a como obxectivo po\u00f1er en \u00f3rbita naves tripuladas. A primeira foi a de Gagarin; a sexta e \u00faltima, a de Valentina Tereshkova.<\/p>\n<p>Iuri Gagarin naceu en 1934, nunha familia que formaba parte dunha granxa colectiva. Foi un dos m\u00e1is de tres mil aspirantes para participar no programa espacial da URSS, dos que foron seleccionados dezaoito. Finalmente, foron el e German Titov (que logo tripular\u00eda a <em>Vostok 2<\/em>) os elixidos para o primeiro voo.<\/p>\n<p>Gagarin finou nun accidente a\u00e9reo en marzo de 1968, cando pilotaba un avi\u00f3n MIG. Daquela s\u00f3 ti\u00f1a 34 anos. Non se souberon as causas reais que provocaron o accidente ata o ano 2013, cando o goberno ruso deu a co\u00f1ecer <a title=\"Causas reais do accidente de Gagarin\" href=\"http:\/\/www.20minutos.es\/noticia\/1846988\/0\/verdadera-causa-muerte\/yuri-gagarin\/error-humano\/\" target=\"_blank\">o que realmente sucedera<\/a>.<\/p>\n<p>\u00c9 moita a documentaci\u00f3n que podemos atopar sobre a vida de Gagarin. Dela, selecciono aqu\u00ed este documental feito pola Canle Historia:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/TXBc_cA61pI\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p><strong>A viaxe de Gagarin<\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda que visto desde hoxe semelle moi sinxelo, o voo de Gagarin foi un fito non s\u00f3 na carreira espacial, sen\u00f3n na historia da humanidade. Significou un gran \u00e9xito para a URSS e tivo unha <a title=\"Un breve v\u00eddeo sobre Gagarin\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=umY92y25DrA\" target=\"_blank\">enorme repercusi\u00f3n mundial<\/a>. Daquela non se sab\u00eda nada dos efectos que a sa\u00edda ao espazo pod\u00eda ter nun ser humano. Consciente da s\u00faa transcendencia, Gagarin pronunciou unha breve mensaxe antes de se introducir na nave:<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px;\"><span style=\"color: #000080;\"><em>Queridos amigos, co\u00f1ecidos e desco\u00f1ecidos, os meus queridos compatriotas e toda a humanidade, nos pr\u00f3ximos e breves minutos posiblemente unha nave espacial me leve ao distante espazo exterior do universo.<br \/>\nQue podo dicir nestes \u00faltimos minutos antes de partir? Toda a mi\u00f1a vida aparece diante de min neste \u00fanico e fermoso momento. Todo o que fixen e viv\u00edn foi para isto.<\/em><\/span><\/p>\n<p>Velaqu\u00ed dous valiosos v\u00eddeos sobre o voo e a s\u00faa repercusi\u00f3n. O primeiro deles est\u00e1 feito en Moscova, no ano 1971, cando a\u00ednda exist\u00eda a URSS. O segundo, est\u00e1 feito na actualidade pola canle de TV Rusia Today.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/9VfYOwC9uFc\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/6ReaXUgC87U\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p>Hai dous anos, f\u00edxose en Rusia unha pel\u00edcula sobre a vida do cosmonauta, <em>Gagarin, o primeiro no espazo<\/em>. A ela corresponde esta secuencia onde se reproduce o lanzamento do foguete e os primeiros minutos do voo:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/FZvAWYWiT4I\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p><strong>O legado de Gagarin<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/time-gagarin.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-10235\" title=\"time gagarin\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/time-gagarin.jpg\" alt=\"\" width=\"196\" height=\"258\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/time-gagarin.jpg 196w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/04\/time-gagarin-110x144.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 196px) 100vw, 196px\" \/><\/a>O 12 de abril do ano 2011 celebrouse en todo o mundo &#8220;<a title=\"A noite de Iuri\" href=\"http:\/\/lacienciaesbella.blogspot.com.es\/2011\/04\/yuris-night-la-noche-de-yuri.html\" target=\"_blank\">A noite de Iuri<\/a>&#8220;, para conmemorar <a title=\"Reportaxe en TVE sobre o 50 aniversario\" href=\"http:\/\/www.rtve.es\/noticias\/20110411\/sido-del-espiritu-yuri-gagarin-50-anos-despues\/423817.shtml\" target=\"_blank\">os cincuenta anos da s\u00faa hist\u00f3rica viaxe<\/a>. Esta celebraci\u00f3n, que xa comezara uns anos antes, contin\u00faa a producirse cada ano. Ademais, a noticia que desvelaba as causas reais do accidente que causou a s\u00faa morte, contribu\u00edu a reavivar o interese pola vida de Gagarin.<\/p>\n<p>Na Rede existe <a title=\"Noticia sobre a Yurisfera\" href=\"http:\/\/www.rtve.es\/noticias\/20110411\/viaje-blogosfera-yuri-gagarin\/423708.shtml\" target=\"_blank\">un conxunto de blogs e webs <\/a>que lle renden homenaxe, a Iuriesfera. Quero destacar un blog interesant\u00edsimo, <a title=\"La pizarra de Yuri\" href=\"http:\/\/www.lapizarradeyuri.com\/\" target=\"_blank\">La pizarra de Yuri<\/a>, con exhaustivas entradas de car\u00e1cter cient\u00edfico. Paga moito a pena ler <a title=\"A aterraxe de Gagarin\" href=\"http:\/\/www.lapizarradeyuri.com\/2010\/09\/16\/gagarin\/\" target=\"_blank\">a entrada onde narra a aterraxe de Gagarin<\/a>. nun lugar case deshabitado, a mil cincocentros quil\u00f3metros do cosm\u00f3dromo de Baikonur.<\/p>\n<p>Existe unha interesant\u00edsima conta de Twitter, Yuri Gagarin (@yuriesfera) onde se recollen informaci\u00f3ns de todo tipo, tanto hist\u00f3ricas como actuais) sobre o cosmonauta sovi\u00e9tico e a aventura espacial.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>12 de abril de 2014: cincuenta e tres anos dun d\u00eda memorable Dentro de d\u00faas ou tres semanas aparecer\u00e1 publicada a novela que me tivo ocupado desde hai m\u00e1is dun ano: A viaxe de Gagarin (Xerais, 2014). Dentro do intenso, e apaixonante, proceso de documentaci\u00f3n ao que me obrigou este libro, unha parte importante estivo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10231,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-10242","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10242","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10242"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10242\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10231"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10242"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10242"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10242"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}