{"id":10101,"date":"2014-03-16T21:36:38","date_gmt":"2014-03-16T19:36:38","guid":{"rendered":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/e-todos-todos-se-van-2\/"},"modified":"2014-03-17T13:32:17","modified_gmt":"2014-03-17T11:32:17","slug":"e-todos-todos-se-van","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/e-todos-todos-se-van\/","title":{"rendered":"E todos, todos se van"},"content":{"rendered":"<h5><em>Stefano<\/em>, de M\u00aa Teresa Andruetto \u00a0<span style=\"font-size: 0.75em;\">(Galaxia, 2010 \/ Ediciones SM, 2010)<\/span><\/h5>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>Unhas palabras sobre a autora<\/strong><\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Portada-edici\u00f3n-galega.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-10093\" title=\"Portada-edici\u00f3n-galega\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Portada-edici\u00f3n-galega.jpg\" alt=\"\" width=\"161\" height=\"226\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Portada-edici\u00f3n-galega.jpg 161w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/Portada-edici\u00f3n-galega-110x154.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 161px) 100vw, 161px\" \/><\/a>Lin esta novela ao pouco de aparecer publicada en Espa\u00f1a (a edici\u00f3n orixinal arxentina \u00e9 de 1997). Primeiro co\u00f1ec\u00edn a versi\u00f3n galega <a title=\"Ficha de Stefano en Galaxia\" href=\"http:\/\/www.editorialgalaxia.com\/catalogo\/libro.php?id_libro=0015210068\" target=\"_blank\">editada por Galaxia<\/a>, traducida por <a title=\"\u00c1nxela Graci\u00e1n na BVG\" href=\"http:\/\/bvg.udc.es\/ficha_autor.jsp?id=%C1nxRodr%ED1&amp;alias=%C1nxela+Graci%E1n\" target=\"_blank\">\u00c1nxela Graci\u00e1n<\/a>. E pouco despois souben da<a title=\"Ficha de Stefano en SM\" href=\"http:\/\/catalogo.grupo-sm.com\/ver.aspx?catalogo=24&amp;rama=001056&amp;p=2&amp;libro=ES131983\" target=\"_blank\"> edici\u00f3n en castel\u00e1n de SM<\/a>, que lin fascinado, como xa me ocorrera coa versi\u00f3n galega.<\/p>\n<p>O meu primeiro co\u00f1ecemento da escritora arxentina <a title=\"Web de MTA\" href=\"http:\/\/www.teresaandruetto.com.ar\/\" target=\"_blank\">Mar\u00eda Teresa Andruetto<\/a>, malia saber que ti\u00f1a unha ampla obra narrativa e po\u00e9tica, s\u00f3 moi parcialmente publicada en Espa\u00f1a, foi a trav\u00e9s dos seus traballos <a title=\"Leer y escribir para comprender 1\" href=\"http:\/\/portal.educ.ar\/noticias\/entrevistas\/maria-teresa-andruetto-leer-y.php\" target=\"_blank\">sobre a promoci\u00f3n da lectura e da escritura<\/a> entre a infancia e a mocidade, especialmente <a title=\"Ler e escribir para comprender 2\" href=\"http:\/\/portal.educ.ar\/noticias\/entrevistas\/maria-teresa-andruetto-leer-y-1.php\" target=\"_blank\">no \u00e1mbito escolar<\/a>. Con ela, ocorreume o mesmo que co ingl\u00e9s <a title=\"Sobre Aidam Chambers\" href=\"http:\/\/www.imaginaria.com.ar\/07\/6\/chambers.htm\" target=\"_blank\">Aidam Chambers<\/a>: lendo os seus escritos ti\u00f1a, e te\u00f1o, a sensaci\u00f3n de que <a title=\"MTA teor\u00eda en Anaya\" href=\"http:\/\/www.anayainfantilyjuvenil.com\/core.php?opcion=ficha&amp;codigo_comercial=1539014\" target=\"_blank\">as ideas e as pr\u00e1cticas<\/a> que defendo sobre a promoci\u00f3n da lectura aparecen reflectidas de forma maxistral nos seus textos. Supo\u00f1o que ter\u00edan unha sensaci\u00f3n semellante todas aquelas persoas \u00e1s que me sinto unido (en Galicia, en Espa\u00f1a, en Latinoam\u00e9rica) \u00a0neste obxectivo fundamental que \u00e9 a revoluci\u00f3n da lectura como v\u00eda para unha sociedade democr\u00e1tica.<\/p>\n<p>A obra literaria de <a title=\"Outras novelas de MTA\" href=\"http:\/\/espiraldesaraswati.blogspot.com.es\/2010\/11\/aproximacion-de-dos-novelas-de-maria.html\" target=\"_blank\">Mar\u00eda Teresa Andruetto<\/a> acadou un ampl\u00edsimo reco\u00f1ecemento internacional. No ano 2009 obtivo o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil e no ano 2012, o Premio Andersen que o IBBY concede cada dous anos. Cando lle foi entregado, <a title=\"Discurso de MTA no Andersen\" href=\"http:\/\/www.lavoz.com.ar\/files\/Discurso_de_Maria_Teresa_Andruetto.pdf\" target=\"_blank\">pronunciou un discurso<\/a> que paga moito a pena ler. Quen desexe <a title=\"Entrevista con MTA en Club Kirico\" href=\"http:\/\/www.clubkirico.com\/gtk_archivos\/entrevista_andruetto.pdf\" target=\"_blank\">saber m\u00e1is sobre ela<\/a>, encontrar\u00e1 <a title=\"MTA na web Hero\u00ednas\" href=\"http:\/\/heroinas.blogspot.com.es\/2014\/02\/maria-teresa-andruetto.html\" target=\"_blank\">ampla informaci\u00f3n<\/a> na Rede (agradecemento especial \u00e1 imprescindible revista <a title=\"MTA en Imaginaria\" href=\"http:\/\/www.imaginaria.com.ar\/2008\/11\/maria-teresa-andruetto-en-imaginaria\/\" target=\"_blank\">Imaginaria<\/a>). Tam\u00e9n na s\u00faa propia voz, como podemos ver neste v\u00eddeo:<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/YHn3T2E3wrE\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong>A emigraci\u00f3n incesante<\/strong><\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/portada-sm-2.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright size-full wp-image-10095\" title=\"portada-sm-2\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/portada-sm-2.jpg\" alt=\"\" width=\"150\" height=\"239\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/portada-sm-2.jpg 150w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/portada-sm-2-110x175.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 150px) 100vw, 150px\" \/><\/a>Mais do que nos toca falar hoxe \u00e9 do seu <a title=\"Unha recensi\u00f3n en Imaginaria\" href=\"http:\/\/www.imaginaria.com.ar\/16\/1\/stefano.htm\" target=\"_blank\"><em>Stefano<\/em><\/a>. Non contarei case nada do argumento, que desenvolve un tema esencial tam\u00e9n na historia de Galicia: a emigraci\u00f3n aos pa\u00edses americanos nas primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX.<\/p>\n<p>Chega con narrar a situaci\u00f3n inicial: nunha aldea do sur de Italia viven Stefano, un\u00a0 adolescente, e Agnesa, a s\u00faa nai vi\u00fava. Instalados na pobreza m\u00e1is extrema, en Stefano agroma a idea de emigrar a Am\u00e9rica, seguindo os pasos de tantos mozos que abandonaron Italia, e Galicia, nas primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo pasado. Ao facer dezaseis anos, Stefano, xunto con outros mozos da bisbarra, embarca rumbo a Bos Aires.<\/p>\n<p>Canta vida pode conter unha novela que non chega nin as cen p\u00e1xinas! Ao lermos <em>Stefano<\/em>, \u00e9 inevitable lembrar a met\u00e1fora do iceberg, que adoita atribu\u00edrse a Hemingway. En esencia, dino que toda boa novela \u00e9 como un iceberg. O que lemos son s\u00f3 as 2\/5 partes visibles, mais por baixo da superficie oc\u00faltanse as 3\/5 partes restantes, a gran masa de xeo que sost\u00e9n todo o conxunto.<\/p>\n<p>Esta idea adquire <a title=\"An\u00e1lise de Lidia Blanco\" href=\"www.teresaandruetto.com.ar\/descargas\/Stefano-Lidia-Blanco.doc\" target=\"_blank\">sentido pleno na novela de Mar\u00eda Teresa Andruetto<\/a>. Por debaixo dun texto que combina fragmentos de aparencia documental con outros de intenso lirismo, discorre un poderoso r\u00edo subterr\u00e1neo que alimenta os m\u00faltiples cami\u00f1os que a novela nos ofrece.<\/p>\n<p>Est\u00e1, por riba doutros, o drama da emigraci\u00f3n. A pobreza, a inxusta estrutura social, o atraso&#8230; As causas que forzaron a emigrar a Arxentina a un gran n\u00famero de persoas do sur de Italia, de Grecia,\u00a0 de Galicia e Asturias, as\u00ed como a xudeus dos pa\u00edses da Europa do este. As persoas que forman as ra\u00edces da Arxentina actual, onde os apelidos da poboaci\u00f3n reflicten e lembran as terras de orixe.<\/p>\n<p>(V\u00eddeo sobre a emigraci\u00f3n a Arxentina. \u00c9 a primeira parte de tres. As outras d\u00faas, <a title=\"Emigraci\u00f3n a Arxentina parte 2\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=hA2fpuh0MdQ\" target=\"_blank\">aqu\u00ed<\/a> e <a title=\"Emigraci\u00f3n a Arxentina parte 3\" href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=OoerVKIyWgE\" target=\"_blank\">aqu\u00ed<\/a>)<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/9ccb_k4aPNk\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p>Disto, e da dura loita pola supervivencia no pa\u00eds de adopci\u00f3n, \u00e9 do que nos fala a novela de M\u00aa Teresa Andruetto. A autora faino do xeito en aparencia m\u00e1is sinxelo: narrando <a title=\"Recensi\u00f3n en La biblioteca de Cristina\" href=\"http:\/\/labibliotecadecristina.blogspot.com.es\/2010\/07\/stefano-de-maria-teresa-andruetto.html\" target=\"_blank\">a historia dunha vida<\/a>, que se erixe en paradigma de moitas outras. Un tema da maior vixencia nesta Europa que ergue <a title=\"Entrada no blog sobre Valados\" href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/contra-a-violencia-e-a-inxustiza\/\" target=\"_blank\">valados mort\u00edferos<\/a> para conter o imparable: a fuxida da pobreza e a ansia dunha vida mellor por parte da poboaci\u00f3n de tantos pa\u00edses de \u00c1frica.<\/p>\n<p><span style=\"color: #000080;\"><strong><em>Stefano<\/em><\/strong><strong>: unha alfaia<\/strong><\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/emigracion-italiana.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-10097\" title=\"emigracion-italiana\" src=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/emigracion-italiana.jpg\" alt=\"\" width=\"287\" height=\"176\" srcset=\"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/emigracion-italiana.jpg 287w, https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/wp-content\/uploads\/2014\/03\/emigracion-italiana-110x67.jpg 110w\" sizes=\"auto, (max-width: 287px) 100vw, 287px\" \/><\/a>Stefano, o mozo protagonista, experimenta a dor da marcha, a amargura do desarraigamento, a dura adaptaci\u00f3n a un novo pa\u00eds, a unha nova vida. A m\u00fasica, as canci\u00f3ns da terra que deixou e o idioma familiar ser\u00e1n alg\u00fans dos seus puntos de apoio na traves\u00eda vital. Co\u00f1eceremos o seu itinerario sentimental, as s\u00faas relaci\u00f3ns con Lina e Tersa, ambas insatisfactorias, e o permanente remorso de saber que deixou soa \u00e1 nai e que nunca volver\u00e1 vela. E, por riba, a inquietude e o desacougo, a procura obsesiva dunha estabilidade emocional que s\u00f3 chegar\u00e1 cando o azar o decida.<\/p>\n<p>Se a trama \u00e9 rica en temas e matices, non o \u00e9 menos a estrutura narrativa que a autora constr\u00fae para cont\u00e1rnola. A novela pres\u00e9ntasenos coma un <em>puzzle<\/em>, unha sucesi\u00f3n de breves fragmentos nos que se alternan d\u00faas voces narradoras (unha en terceira persoa, omnisciente; outra en primeira persoa, a de Stefano). Fragmentos que ao primeiro non sabemos ben como situar, porque a estrutura temporal non \u00e9 lineal; mais, aos poucos, imos \u00a0adivi\u00f1ando \u00a0os perf\u00eds do conxunto. As derradeiras pezas constit\u00faen un final perfecto para esta novela inesquecible. Amargura e lirismo, paix\u00f3n e tenrura, desarraigamento e amizade, soidade e amor: un xogo de contrastes que enriquece un texto onde non sobra nin a m\u00e1is pequena palabra. Que gozo, podelo ler!<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/b5ShgEf_Zd0\" frameborder=\"0\" width=\"100%\" height=\"315\"><\/iframe><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Stefano, de M\u00aa Teresa Andruetto \u00a0(Galaxia, 2010 \/ Ediciones SM, 2010) Unhas palabras sobre a autora Lin esta novela ao pouco de aparecer publicada en Espa\u00f1a (a edici\u00f3n orixinal arxentina \u00e9 de 1997). Primeiro co\u00f1ec\u00edn a versi\u00f3n galega editada por Galaxia, traducida por \u00c1nxela Graci\u00e1n. E pouco despois souben da edici\u00f3n en castel\u00e1n de SM, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10082,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-10101","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-en"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10101","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10101"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10101\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10082"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10101"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10101"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agustinfernandezpaz.gal\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10101"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}