A praia da esperanza





portada A praia da esperanza
Ficha Técnica
Editorial: Edicións Xerais
Primeira edición: 2003
ISBN: 84-9782-068-1
Páxinas: 103
Colección: Merlín
Ilustracións: Novoa Teresa


Traducións
Sinopse

Relato inspirado na dramática catástrofe do petroleiro Prestige que arrasou as costas galegas en 2003. A  dura realidade daqueles días toma corpo a través dunha historia realista na que se introduce un elemento fantástico: o último día das vacacións, Raquel, a nena protagonista, atopa na praia unha serea, Sunia, que acepta pasar o inverno coa nena na cidade a cambio de contarlle un conto cada noite.

A noticia do afundimento do barco e da marea negra fai que a familia regrese ao lugar onde vivía a serea. O que atopan é o cheiro pestilente do chapapote, as aves mortas e a desolación pola gran catástrofe ecolóxica. Sunia, desesperada por non ter noticias dos seus, bótase ao mar; ao amencer, a nena atopa o seu corpo sen vida. Días despois, Raquel unirase a unha gran cadea humana de xente nova  que se reúne naquela praia para defender simbolicamente a costa atacada pola marea negra.





Traducións





María Navarro. Faro de Vigo (8-1-2004)

Tomando como referencia un acontecemento de grande impacto medioambiental e económico, A praia da esperanza, entre a realidade e a fantasía, amosa a percepción que unha nena pode ter das cousas que a rodean.